Georges Vézina

xogador de hóckey sobre xeo canadense

Joseph Georges Gonzague Vézina, nado o 21 de xaneiro de 1887 en Chicoutimi, Quebec (Canadá) e finado o 27 de marzo de 1926 ibídem, foi un xogador profesional de hóckey sobre xeo que xogou de porteiro sete tempadas na National Hockey Association (NHA) e nove na National Hockey League (NHL), todas cos Montreal Canadiens. Logo de asinar cos Canadiens en 1910, Vézina xogou en 327 partidos de liga regular consecutivos e outros 39 nos play-offs, antes de saír antes de tempo durante un partido en 1925 a causa dunha enfermidade. Vézina foi diagnosticado con tuberculose, e morreu o 27 de marzo de 1926.

Infotaula de personaGeorges Vézina

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1887 Editar o valor em Wikidata
Saguenay, Canadá (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de marzo de 1926 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Chicoutimi, Canadá (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
Altura168 cm Editar o valor em Wikidata
Peso185 lb Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1910 Editar o valor em Wikidata - 1925 Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaCanadá Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
LigaNational Hockey League Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoPorteiro Editar o valor em Wikidata
Mano para tirarleft-handed shot (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1910-1925 Canadiens de Montréal Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1426318 WikiTree: Vezina-348 Find a Grave: 10307663 Editar o valor em Wikidata

O único porteiro en xogar para os Canadiens entre 1910 e 1925, Vézina axudou ao equipo a gañar a Stanley Cup en 1916 e 1924, chegando ás finais da Stanley Cup noutras tres ocasións. Alcumado "Chicoutimi Cucumber" pola súa compostura tranquila na portería, Vézina conseguiu o menor número de goles en contra na liga en sete ocasións durante a súa carreira: catro veces na NHA e tres na NHL. En 1918, Vézina converteuse no primeiro porteiro da NHL en rexistrar un shutout[a] e conseguir unha asistencia de gol. Ao principio da tempada 1926-27, os Canadiens doaron o Vezina Trophy á NHL como premio ao porteiro que conseguira menos goles en contra durante a tempada. Dende 1981, o premio ten sido entregado ao porteiro máis destacado determinado polo voto dos directores xerais da NHL. Na localidade natal de Vézina, Chicoutimi, o seu pavillón deportivo recibe o nome de Centre Georges-Vézina no seu honor. Cando abriu o Hockey Hall of Fame en 1945, Vézina foi unha das nove personalidades introducidas.

Vida persoal editar

Georges, o máis novo de oito irmáns, naceu o 21 de xaneiro de 1887 en Chicoutimi (Quebec), fillo de Jacques Vézina, un panadeiro local e inmigrante de St. Nicolas de La Rochelle (Francia), e a súa muller Clara.[1] O xove Georges asistiu á escola no Petit Séminaire de Chicoutimi ata os catorce anos, cando deixou a escola para axudar na panadería do seu pai.[2] Xogaba ao hóckey dende moi novo, participando en partidos informais na rúa con outros rapaces da súa idade.[3] Vézina participou nestes partidos en zapatos, e non empregou patíns ata os 16 anos, cando entrou no equipo local de Chicoutimi.[4] Como Chicoutimi estaba nunha zona remota do Quebec, a máis de 200 quilómetros da cidade de Quebec, o equipo non participaba en ningunha liga organizada. Máis ben, o club, coñecido como os Saguenéens ("xente de Saguenay", a rexión na que se encontra Chicoutimi), percorría a provincia, xogando partidos de exhibición fronte unha gran variedade de clubs.[3]

Vézina casou con Marie-Adélaïde-Stella Morin o 3 de xuño de 1908, en Chicoutimi.[2] Despois da morte de Vézina, informouse de que fora o pai de 22 fillos. Este rumor iniciouse cando o director dos Canadiens, Leo Dandurand, lles dixo aos xornalistas que Vézina "non fala inglés e ten vinte e dous fillos, incluídos tres grupos de trixemelgos, e todos eles naceron no intervalo de nove anos". En realidade, a familia Vézina só tiña dous fillos e Georges chapurreaba inglés.[5] En 1912 tiveron o seu primeiro fillo, un neno chamado Jean-Jules. Un segundo fillo naceu a noite que os Montreal Canadiens gañaron a súa primeira Stanley Cup en 1916. Para honrar o evento, Georges chamou ao neno Marcel Stanley.[6] Cando non estaba a xogar ao hóckey, Vézina traballaba nunha fábrica de curtidos en Chicoutimi, vivindo unha vida tranquila.[7]

Carreira profesional editar

NHA editar

 
Vézina como membro do Chicoutimi Hockey Club.

O 17 de febreiro de 1910, o Chicoutimi Hockey Club xogou un partido de exhibición fronte aos Montreal Canadiens.[4] Malia xogar fronte a un equipo inferior, os Canadiens non foron capaces de marcar un gol, perdendo o partido. Isto levou a Joseph Cattarinich, porteiro dos Canadiens, a convencer o seu equipo para ofrecerlle unha proba a Georges Vézina, que era o porteiro de Chicoutimi.[8] Vézina inicialmente rexeitou a oferta, permanecendo en Chicoutimi ata que os Canadiens regresaron en decembro dese mesmo ano. Desta vez convenceron a Georges, amais do seu irmán Pierre, para ir a Montreal. Os dous irmáns Vézina chegaron o 22 de decembro de 1910.[3] Mentres que Pierre non conseguiu entrar a formar parte do equipo, Georges impresionou os Canadiens, especialmente polo seu uso do stick para parar os disparos.[9] Vézina asinou un contrato de 800 C$ por tempada,[2][4] e debutou profesionalmente o 31 de decembro de 1910, fronte aos Ottawa Senators.[3] El xogou os 16 partidos dos Canadiens na tempada 1910–11, finalizando cun rexistro de oito vitorias e outras tantas derrotas, mais conseguindo o menor número de goles en contra na liga.

 
Georges Vézina con Canadiens ao principio da súa carreira.

Na tempada seguinte Vézina liderou de novo a liga en goles en contra, así como gañar oito partidos, xunto con 10 derrotas.[7] Vézina conseguiu o primeiro shutout da súa carreira na tempada 1912-13, na vitoria dos Canadiens sobre Ottawa por 6 goles a 0 o 18 de xaneiro de 1913, para unha das súas nove vitorias nesa tempada.[10] Os Canadiens finalizaron na primeira posición da NHA por primeira vez na súa historia na tempada 1913-14, nun empate cos Toronto Blueshirts. Unha vez máis, Vézina liderou a liga co menor número de goles encaixados, mentres conseguiu 13 vitorias e sete derrotas. Baixo as normas da NHA, o equipo clasificado na primeira posición xogaría as finais da Stanley Cup, mais a causa do empate na cabeza da táboa, os Canadiens tiveron que xogar unha serie a dous partidos que se decidiría por diferenza de goles fronte a Toronto. Vézina conseguiu un shutout no primeiro partido fronte aos Blueshirts, unha vitoria por 2-0 de Montreal, mais encaixou seis goles no segundo partido, permitíndolles aos Blueshirts competir pola Stanley Cup, que finalmente gañaron.

Despois de perder 14 partidos e finalizar na derradeira posición na NHA na tempada 1914-15, Vézina e os Canadiens gañaron 16 partidos na tempada 1915-16, finalizando na primeira posición da liga. Como líderes da liga, os Canadiens tiveron o dereito de xogar as Finais da Stanley Cup de 1916, onde se enfrontarían aos Portland Rosebuds, campións da rival Pacific Coast Hockey Association. Os Canadiens derrotaron aos Rosebuds por tres partidos a dous nas series ao mellor de cinco encontros, gañando a Stanley Cup por primeira vez na súa historia.[11] O segundo fillo de Vézina naceu na noite do quinto partido, feito que xunto cos $238 de prima entregada a cada membro dos Canadiens polo campionato, o levaron a considerar estas series como o auxe da súa carreira.[12] Na tempada seguinte Vézina liderou de novo a NHA co mellor rexistro de goles en contra, a cuarta vez en sete anos que o conseguía, axudando os Canadiens a conseguir xogar de novo as finais da Stanley Cup, onde perderon fronte aos Seattle Metropolitans.

NHL editar

A NHA deulle paso á National Hockey League (NHL) en novembro de 1917, con Vézina e os Canadiens uníndose á nova liga. O 18 de febreiro de 1918, converteuse no primeiro porteiro na historia da NHL en rexistrar un shutout ao non encaixar ningún gol na vitoria fronte aos Toronto Arenas por 9-0.[13] O 28 de decembro de 1918, converteuse no primeiro porteiro en repartir unha asistencia, nun gol de Newsy Lalonde, que acababa de recibir o disco (en inglés, puck) logo dunha parada de Vézina.[14] Rematou a tempada con 12 vitorias, co menor número de goles en contra.[15] Vézina tamén estableceu un récord, que foi compartido con Clint Benedict dos Ottawa Senators, co menor número de shutouts necesarios para liderar a liga, con tan só un.[16]

Na tempada 1918-19, Vézina conseguiu 10 vitorias e axudou os Canadiens a derrotar os Ottawa Senators nos play-offs para conseguir o dereito a xogar pola Stanley Cup fronte aos campións da PCHA, os Seattle Metropolitans. Celebrada en Seattle, os dous equipos estaban empatados na serie ao mellor de cinco partidos cando foi cancelada por mor da epidemia de gripe española, a primeira vez que a Stanley Cup non foi entregada.[17] Nos 10 partidos dos play-offs anteriores á cancelación, Vézina conseguiu seis vitorias, perdendo tres partidos e empatando un, cun shutout. Vézina conseguiu case os mesmos rexistros as tres tempadas seguintes, con 13 vitorias, 11 derrotas e unha media de goles en contra por riba dos catro nas tempadas 1919–20 e 1920–21. Gañou 12 partidos na tempada seguinte, na que de novo non foron capaces de clasificarse para a Stanley Cup.[18]

 
Georges Vézina c. 1919–21. Liderou os Canadiens no camiño aos seus dous primeiros campionatos da Stanley Cup.

Despois de gañar 13 partidos na tempada 1922-23, Vézina liderou os Canadiens cara aos play-offs da NHL, onde perderon a serie a dous partidos por diferenza de goles fronte aos Senators, que finalmente se alzarían coa Stanley Cup. A tempada seguinte viu o regreso de Vézina ao liderado da liga en menor número de goles encaixados. A súa media de 1,97 goles por partido supuxo a primeira vez que un porteiro conseguiu unha media inferior aos dous goles por partido.[19] Con outra tempada de 13 vitorias, os Canadiens alcanzaron os play-offs da NHL, onde se encontraron de novo cos Ottawa Senators. Desta volta os Canadiens gañaron a serie, posteriormente derrotaron os Vancouver Maroons da PCHA antes de alcanzar as finais da Stanley Cup por primeira vez en cinco anos. Xogando contra os Calgary Tigers da Western Canada Hockey League, Vézina e os Canadiens gañaron a serie ao mellor de tres partidos por dous partidos a cero, con Vézina conseguindo un shutout no segundo partido.[20] O campionato foi o primeiro dos Canadiens como membros da NHL e o segundo título da súa historia. Despois dunha tempada de 17 vitorias en 1924-25, na que Vézina conseguiu unha media de goles en contra de 1,81 para liderar de novo a liga, os Canadiens chegaron ás finais da Stanley Cup. Os Canadiens só se clasificaron despois de que os Hamilton Tigers, os campións da liga regular, foron suspendidos por renunciar a xogar os play-offs se non se lles pagaba máis.[21] Enfrontándose aos Victoria Cougars, os Canadiens perderon a serie por tres partidos a un.

De regreso a Montreal ao campo de adestramento para a tempada 1925-26, Vézina estaba notablemente enfermo, aínda que non dixo nada ao respecto. No momento do primeiro partido dos Canadiens o 28 de novembro fronte aos Pittsburgh Pirates, perdera 35 libras (15,9 quilos) no lapso de seis semanas,[22] e tiña 102 graos Fahrenheit (38,9º centígrados) de febre. De todos os xeitos, saltou ao xeo e completou a primeira parte sen encaixar ningún gol. Vézina comezou a vomitar sangue no descanso antes de regresar para o inicio do segundo período.[23] A continuación caeu na área da súa portería, e deixou o partido, sendo substituído polo antigo porteiro do equipo olímpico estadounidense, Alphonse Lacroix.[4]

Ó día seguinte ao partido, Vézina foi diagnosticado con tuberculose e aconselláronlle regresar á casa.[24] Fixo unha última viaxe ao vestiario dos Canadiens o 3 de decembro para dar o seu último adeus aos seus compañeiros de equipo. Dandurand describiría máis tarde a Vézina sentado na súa esquina do vestiario con "bágoas caendo polas súas meixelas. Estaba mirando as súas vellas gardas e patíns que Eddie Dufour [o adestrador dos Canadiens] dispuxera na esquina de Georges. Despois, pediu un pequeno favor, a camiseta que levara nas últimas series mundiais".[4] Vézina regresou á súa cidade natal de Chicoutimi coa súa muller Marie, onde morreu nas primeiras horas do 27 de marzo de 1926, no Hôtel-Dieu hospital á idade de 39 anos. Aínda que tan só xogou un período completo cos Canadiens esa tempada, o club pagoulle o seu salario de 6.000$ ao completo, un testemuño do importante que Vézina fora para o equipo.[24]

Legado editar

Vézina era un rapaz pálido, pequeno e de aspecto fráxil, mais moi bo co seu stick. Podía parar máis tiros con el dos que paraba coa súa luva. Permanecía de pé na súa portería e case nunca perdía os seus pés; simplemente xogou todos os seus disparos de pé. Sempre levaba unha gorra, un pequeno sombreiro de punto coas cores de Montreal na viseira, azul, branco e vermello. Tamén o lembro como o home máis frío que nunca vin, absolutamente imperturbable.

Frank Boucher, xogador e adestrador dos New York Rangers, falando sobre Georges Vézina[4]

Un dos porteiros dominadores na NHA e nos inicios da NHL, Vézina liderou os Canadiens a cinco finais da Stanley Cup, nas que gañaron dous títulos.[25] Ao longo da súa carreira, Vézina conseguiu o mellor rexistro de media de goles en contra na liga, e tivo a segunda mellor media noutras cinco ocasións.[26] Dende que se uniu aos Canadiens en 1910, ata que se viu forzado a retirarse en 1925, Vézina nunca perdeu de xogar un partido nin foi substituído, xogando 328 partidos de liga regular consecutivos, así como 39 nos play-offs.[7][27] Aínda que xogou a maior parte da súa carreira nunha época na que os porteiros non podían mover os seus pés para facer unha parada (a regra cambiou en 1918),[28] Vézina é visto como un dos mellores porteiros da historia do hóckey sobre xeo;[29] o Montreal Standard referiuse a el como "o mellor porteiro das últimas dúas décadas" no seu obituario.[30]

Moi admirado en Montreal, Vézina foi frecuentemente visto como o mellor xogador no xeo dos Canadiens, e foi respectado polos seus compañeiros, que o consideraban o líder espiritual do equipo.[8] Coñecido como "le Concombre de Chicoutimi" (o "Cogombro de Chicoutimi") pola súa actitude fría no xeo, foi tamén coñecido como "l'Habitant silencieux" (o "Habitant silencioso", Habitant era un alcume para os Canadiens), unha referencia ao seu carácter reservado.[31] Adoitaba sentar só nunha esquina do vestiario do equipo, fumando na súa pipa e lendo o xornal.[32] Cando se anunciou a noticia da morte de Vézina, os xornais de todo Quebec renderon tributo ao porteiro con artigos sobre a súa vida e carreira. Centenares de misas católicas tiveron lugar en honor ao devoto Vézina, e máis de 1.500 persoas encheron a catedral de Chicoutimi no seu funeral.[26]

O Hockey Hall of Fame foi creado en 1945 e entre as nove primeiras personalidades introducidas estaba Vézina.[18] En 1998 Vézina ocupou o posto 75 na lista de The Hockey News dos 100 Mellores Xogadores de Hóckey.[23] Cando a NHL anunciou os cen maiores xogadores co gallo do centenario da liga en 2017, Vézina foi incluído na lista.[33]

Vezina Trophy editar

 
O Vezina Trophy no Hockey Hall of Fame en Toronto.
Artigo principal: Vezina Trophy.

Un legado duradeiro de Vézina foi o trofeo que leva o seu nome. Ao principio da tempada 1926-27, Leo Dandurand, Leo Letourneau e Joseph Cattarinich, propietarios dos Montreal Canadiens, doaron o Vezina Trophy á NHL en honor a Vézina.[7] Ía ser entregado ao porteiro do equipo que conseguira o menor número de goles durante a liga regular. O primeiro en recibir o trofeo foi o sucesor de Vézina na portería dos Canadiens, George Hainsworth. El gañou o trofeo tamén as dúas seguintes tempadas. En 1981, a NHL mudou o formato de concesión do trofeo, outorgándollo no seu lugar ao porteiro considerado o mellor da liga segundo votación dos directores xerais da NHL,[34] e esa mesma tempada creouse o William M. Jennings Trophy, que premia ao porteiro que xogara canto menos 25 partidos e tivera encaixado o menor número de goles en contra durante a liga regular.[35]

Ao longo da historia do trofeo varios porteiros conseguiron o galardón en varias ocasións. A continuación móstranse os tres porteiros que máis veces gañaron o trofeo:[36]

Centre Georges-Vézina editar

 
Exterior do Centre Georges-Vézina.
Artigo principal: Centre Georges-Vézina.

En honor do primeiro atleta profesional de Chicoutimi, a cidade renomeou o seu pavillón de hóckey sobre xeo como Centre Georges-Vézina en 1965.[37]

Estatísticas editar

Liga regular e play-offs editar

    Liga regular   Play-offs
Tempada Equipo Liga PX V D E Min GC SO GAA[b] PX V D E Min GC SO GAA
1909–10 Chicoutimi Saguenéens MCHL
1910–11 Montreal Canadiens NHA 16 8 8 0 980 62 0 3.80
1911–12 Montreal Canadiens NHA 18 8 10 0 1109 66 0 3.57
1912–13 Montreal Canadiens NHA 20 9 11 0 1217 81 1 3.99
1913–14 Montreal Canadiens NHA 20 13 7 0 1222 64 1 3.14 2 1 1 0 120 6 1 3.00
1914–15 Montreal Canadiens NHA 20 6 14 0 1257 81 0 3.86
1915–16 Montreal Canadiens NHA 24 16 7 1 1482 76 0 3.08 5 3 2 0 300 13 0 2.60
1916–17 Montreal Canadiens NHA 20 10 10 0 1217 80 0 3.94 6 2 4 0 360 29 0 4.83
1917–18 Montreal Canadiens NHL 21 12 9 0 1282 84 1 3.93 2 1 1 0 120 10 0 5.00
1918–19 Montreal Canadiens NHL 18 10 8 0 1117 78 1 4.19 10 6 3 1 636 37 1 3.49
1919–20 Montreal Canadiens NHL 24 13 11 0 1456 113 0 4.66
1920–21 Montreal Canadiens NHL 24 13 11 0 1441 99 1 4.12
1921–22 Montreal Canadiens NHL 24 12 11 1 1469 94 0 3.84
1922–23 Montreal Canadiens NHL 24 13 9 2 1488 61 2 2.46 2 1 1 0 120 3 0 1.50
1923–24 Montreal Canadiens NHL 24 13 11 0 1459 48 3 1.97 6 6 0 0 360 6 2 1.00
1924–25 Montreal Canadiens NHL 30 17 11 2 1860 56 5 1.81 6 3 3 0 360 18 1 3.00
1925–26 Montreal Canadiens NHL 1 0 0 0 20 0 0 0.00
Totais na NHA 138 70 67 1 8484 510 2 3.61 13 6 7 0 780 48 1 3.69
Totais na NHL 190 103 81 5 11592 633 13 3.28 26 17 8 1 1596 74 4 2.78
  • As estatísticas da NHA son de Trail of the Stanley Cup.[38]
  • As estatísticas da NHL son de NHL.com.[39]

Notas editar

  1. En hóckey sobre xeo un shutout consiste en que o porteiro dun equipo consiga non encaixar ningún gol ao final do partido.
  2. Goals against average, en galego, "media de goles en contra".
Referencias
  1. (Falla 2008, p. 141)
  2. 2,0 2,1 2,2 Vigneault, Michel (2000). "Georges Vézina Page" (en inglés). Dictionary of Canadian Biography Online. Consultado o 6 de outubro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 (Jenish 2008, pp. 34–35)
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Shea, Kevin (7 de novembro de 2008). "One on One with Georges Vezina". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2015. Consultado o 27 de outubro de 2015. 
  5. Jenish 2008, pp. 67–68
  6. (Jenish 2008, p. 42)
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 "Georges Vézina Page". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. 2008. Consultado o 6 de outubro de 2015. 
  8. 8,0 8,1 (Weir, Chapman & Weir 1999, p. 128)
  9. (Leonetti & Beliveau 2004, p. 37)
  10. Montreal Canadiens (2009). "1912–13 Season" (en inglés). Canadiens.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2009. Consultado o 7 de outubro de 2015. 
  11. (Podnieks 2004, p. 48)
  12. Shea, Kevin (2008). "Georges Vézina, Pinnacle". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2010. Consultado o 8 de outubro de 2015. 
  13. McGourty, John (26 de novembro de 2008). "Emerging from the shadows to greatness" (en inglés). NHL.com. Consultado o 7 de outubro de 2015. 
  14. (Allen, Duff & Bower 2002, p. 187)
  15. (Hughes et al. 2003, p. 32)
  16. (Weekes & Banks 2004, p. 91)
  17. (Hughes et al. 2003, p. 34)
  18. 18,0 18,1 (Descoñecidos 2002, p. 550)
  19. (National Hockey League 2008, p. 187)
  20. (Hughes et al. 2003, p. 57)
  21. (Hughes et al. 2003, p. 60)
  22. (Descoñecidos 2002, p. 125)
  23. 23,0 23,1 (Dryden 1997, p. 141)
  24. 24,0 24,1 Jenish 2008, p. 68
  25. (Romain & Duplacey 1994, p. 12)
  26. 26,0 26,1 (Jenish 2008, p. 70)
  27. (Hughes et al. 2003, p. 64)
  28. (National Hockey League 2008, p. 10)
  29. (Descoñecidos 2002, p. 1968)
  30. (Falla 2008, pp. 131–32)
  31. (Jenish 2008, p. 40)
  32. (Jenish 2008, p. 67)
  33. Hackel, Stu (01-01-2017). "Georges Vezina: 100 Greatest NHL Players". NHL.com. Consultado o 19-01-2017. 
  34. (National Hockey League 2008, p. 205)
  35. "William M. Jennings Trophy". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 13 de decembro de 2017. 
  36. "Vezina Trophy Winners". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 13 de decembro de 2017. 
  37. RDS (1 de xaneiro de 1991). "Georges Vézina, hockey" (en francés). RDS.ca. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2009. Consultado o 9 de outubro de 2015. 
  38. (Coleman 1966, pp. 210–315)
  39. National Hockey League (2008). "Georges Vézina's NHL Profile" (en inglés). NHL.com. Consultado o 6 de outubro de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar