Georges Depeyrot

numismático e historiador francés


Georges Depeyrot, nado o 25 de maio de 1953, é un historiador e numismático francés, director de investigación do Centro Nacional de Investigación Científica de París.[1][2][3]

Infotaula de personaGeorges Depeyrot

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de maio de 1953
Francia Editar o valor em Wikidata
Director de investigación do CNRS
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancesa
EducaciónUniversidade de Tolosa
Coñecido por- Publicación de achados monetarios.
- Estudos de economía monetaria da Antigüidade.
Actividade
Campo de traballoNumismática e historiografía
Ocupaciónhistoriador , numismático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Toulouse (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios
(2002): Diploma de honra. Academia Nacional de Ciencias da República de Armenia.

Traxectoria editar

Carreira académica e investigadora editar

Logo de cursar o ensino secundario no Liceo Gambetta en Cahors e xa cos seus primeiros traballos publicados (1968), estudou Historia na Universidade de Tolosa (Toulouse II Jean-Jaurès), onde se graduou en 1974 e acadou o grao de doutor o 27 de xuño de 1977, coa defensa dunha tese titulada Recherches sur les émissions de «nummi» de Londres, Trèves, Lyon et Arles de 294 à 346, étude quantitative, baixo a dirección de Michel Labrousse. Nesa mesma universidade exerceu como profesor de Numismática Antiga a partir do ano 1982.[1][4]

Traballou no Centro Ernest babelon de Orleáns entre 1982 e 1985, cando pasou a integrarse no equipo de Economía Medieval, en Lille (Économie médiévale, l'espace européen). De 1989 a 2010 traballou no Centro de Investigación Histórica da Escola de Altos Estudos en Ciencias Sociais de París, e nese último ano ingresou no laboratorio de Arqueoloxía e Filoloxía de Oriente e de Occidente, da Escola Normal Superior de París, onde exerceu tamén como profesor adxunto.[1][5]

A partir de 2010, estivo traballando no Foro Académico Internacional (IAFOR) e foi nomeado director da iniciativa IAFOR Silk Road, así como membro do Consello Asesor Académico Internacional e da Escola de Política Pública Internacional, en Osaka.[6][7][8]

Desde 2012, Depeyrot ocupa o cargo de director de investigación do Centro Nacional de Investigación Científica (CNRS) de Francia.[1]

En 2015 ingresou como investigador no Instituto Louis Bachelier, inicialmente nun proxecto para estudar descubertas monetarias, aínda que finalmente a temática diversificouse axiña.[1]

Dedicouse primeiro á publicación das moedas aparecidas en escavacións e tesouros descubertos en Francia (principalmente do Imperio Romano), e máis tarde foi reclamado para estudar descubertas en España e en Marrocos.[9][10]

Paralelamente, seguiu a desenvolver corpus de emisións monetarias, analizando as moedas como testemuños das relacións económicas e sociais, o que o levou a ampliar constantemente a súa área de traballo, ata abranguer Europa Occidental e logo a Oriental, ata os Urais, en paralelo aos corpus de moedas galas, merovinxias e carolinxias, principalmente no marco da Colección Moneta, da que el é o responsable científico.[11]

No ámbito da colaboración internacional, Depeyrot participou en programas con Armenia, con Romanía (2004-2006); con Polonia, Romanía, Moldavia e Eslovenia (2007-2010); e con Romanía e Xeorxia (2009-2010).[12][13][14] Participou tamén nun programa ANR DAMIN sobre "A depreciación monetaria e as relacións internacionais", composto pola Unión Europea, Xapón e os EEUU.[1][15]

Recoñecementos académicos editar

Georges Depeyrot é membro correspondente da Sociedade Americana de Numismática, onde actouo como provesor visitante en 1990, e membro honorario da Sociedade Numismática Romanesa e do Instituto de Arqueoloxía Vasile Parvan, de Bucarest. En 2002 recibiu un diploma de honra do Instituto de Historia da Academia Nacional de Ciencias da República de Armenia.[16]

Responsabilidades institucionais editar

Na década de 1990 ocupou diversos órganos na Administración francesa relacionados coa investigación: membro do Consello Superior de Investigación e Tecnoloxía (1991-1993), do grupo de preparación do XI Plan de Investigación, Tecnoloxía e Competitividade (1992-1993) e da Comisión Consultiva de Bolsas de Investigación (1993-1999).[17][18][19]

Formou parte do consello de administración do Centro Nacional de Investigación Científica (CNRS), organismo no que participou ademais en diversas instancias, tanto administrativas como científicas.[20][21]

No terreo sindical, entre 1983 e 1991 foi membro da dirección nacional do Sindicato Nacional dos Investigadores Científicos (SNCS). De 1991 a 1995 foi membro do consello e da dirección federal nacional da Federación de Educación Nacional, posto desde o que terminou redactou a redacción do Estatuto do Funcionariado.

Labor editorial editar

En 1995 comezou a dirección da Colección Moneta, que el mesmo creou para facilitar a publicación de achados numismáticos, de obras de economía monetaria e de historia. Estes libros (máis de 200) están publicados en diversos idiomas e abranguen moi diferentes países de todos os continentes.[1][11]

Entre 1994 e 2000 dirixiu a sección numismática (Collections numismatiques) da editorial Errance-Actes Sud.[1][22]

Depeyrot foi, ademais, membro de varios comités editoriais e consellos científicos, entre eles os do Centre national de recherche sur les jetons et les méreaux du Moyen Âge, e de revistas como Histoire & Mesure (desde 1986), Annotazioni Numismatiche (1991-2006), Acta Archaeologica Carpathica (desde 2009), Studii si Cercetari de Numismatica (desde 2010), Notae Numismaticae-Zapiski Numizmatyczne (desde 2011) ou OMNI (desde 2012).[23][24][25][26]

Principais publicacións editar

Os catálogos da Biblioteca Nacional de Francia e do Système universitaire de documentation (SUDOC) recollen case 200 referencias de monografías ou capítulos de obras da autoría de Depeyrot.[27][28] Tamén resulta útil a consulta da base de datos de bibliografía numismática Digital Library Numis.[29]

A súa bibliografía máis completa está na Academia, onde se inclúen traballos publicados fóra de Francia ou traducidos, así como artigos científicos (case 500).[2]

A todos estes traballos cómpre engadir os publicados pola súa iniciativa ou baixo a súa dirección na Collection Moneta.[11]

Escolma de monografías editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "George Depeyrot". En Numismatic Who's Who. Coins Weekly.
  2. 2,0 2,1 "Georges Depeyrot". En Academia.
  3. "Georges Depeyrot". En Babelio.
  4. Ficha da tese de doutoramento en SUDOC.
  5. "Depeyrot Georges. Directeur de recherche, CNRS". AOrOc - Archéologie & Philologie d’Orient et d’Occident.
  6. "Georges Depeyrot named Director of the IAFOR Silk Road Initiative". En Iafor.org.
  7. "International Academic Advisory Board > Arts & Humanities: Professor Georges Depeyrot". En Iafor.org.
  8. "The People Behind the IAFOR Reseach Centre. Senior Fellows. Professor Georges Depeyrot ". OSIPP - IAFOR Research Centre, Osaka University.
  9. "Bost, J-P.; Depeyroy, G. et al. (1987). Belo IV: Les Monnaies. Casa de Velázquez. Madrid. ISBN 9788440407658
  10. Depeyrot, G. (1999). Zilil I. Étude du numéraire. Publications de l'École Française de Rome. ISBN 2-7283-0566-8
  11. 11,0 11,1 11,2 Sitio web da Colección Moneta. www.moneta.be.
  12. Depeyrot, G.; Kéram K.; Mouradian, C. (2000). "Groupe de recherches d'histoire arménienne "monmnaies, résaux, politique"". En Les Cahiers du Centre de recherches historiques. No 24. 20 de abril.
  13. "Georges Depeyrot". Association Culturelle Arménienne de Marne-la-Vallée.
  14. "Colaborarea franco-română în istoria monetară. Georges Depeyrot".
  15. "La Dépréciation de l'Argent Monétaire et les relations Internationales Arquivado 01 de abril de 2019 en Wayback Machine.". Agence nationale de la recherche: "Coordinateur du project; Monsieur Georges Depeyrot".
  16. "Visiting Scholars in Residence Arquivado 01 de abril de 2019 en Wayback Machine.". American Numismatic Society.
  17. Journal officiel de la République française. 19 de novembro de 1991.
  18. Journal officiel de la République française. 21 de outubro de 1992.
  19. Journal officiel de la République française. 27 de marzo de 1993.
  20. Journal officiel de la République française. 26 de novembro de 1992.
  21. Journal officiel de la République française. 8 de marzo de 1996.
  22. "Georges Depeyrot Arquivado 01 de abril de 2019 en Wayback Machine.". En Actes Sud.
  23. "Comité scientifique de soutien au Centre". Centre national de recherche sur les jetons et les méreaux du Moyen Âge.
  24. "Colegiu de redacţie Arquivado 11 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". Studii si Cercetari de Numismatica.
  25. "Scientific Commitee". Notae Numismaticae-Zapiski Numizmatyczne.
  26. "Comité científico". Revista numismática OMNI.
  27. Publicacións de Depeyrot. Catálogo da BNF.
  28. Publicacións de Depeyrot. Procura en SUDOC.
  29. "Depeyrot, Georges 1953- Arquivado 28 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar