George Wilhelm Richmann

físico alemán

George Wilhelm Richmann, nado en Pernau (hoxe Pärnu, Estonia) o 11 de xullo de 1711 e finado en San Petersburgo, Rusia, o 26 de xuño de 1753, foi un físico alemán que traballou en Rusia.

George Wilhelm Richmann
Nacemento11 de xullo de 1711 e 22 de xullo de 1711
Lugar de nacementoPärnu
Falecemento26 de xullo de 1753 e 6 de agosto de 1753
Lugar de falecementoSan Petersburgo
CausaRelampo
NacionalidadeImperio Ruso
Alma máterGustav Adolf Grammar School, Universidade de Halle-Wittenberg e Universidade de Jena
Ocupaciónfísico e inventor
editar datos en Wikidata ]
Gravado que representa o intre en que Richmann e o seu axudante se electrocutan en plena realización do experimento.

Traxectoria editar

Realizou os seus estudos primario e secundario en Reval (hoxe Tallinn, capital de Estonia). Sendo aínda novo, logra presentar un ensaio sobre Física na Academia das Ciencias de San Petersburgo. Logra así entrar no seu departamento de física, conseguindo un posto de profesor no 1740 e publicando 19 artigos sobre termometría e calorimetría, intercambio de calor e evaporación de líquidos, aire de características elásticas, electricidade, magnetismo e cartografía. No 1744 consegue o posto de xefe do departamento.

Faleceu en 1753 cando realizaba un experimento semellante ao levado a cabo dous anos antes por Benjamin Franklin e que puxo de manifesto a relación existente entre as treboadas e a electricidade. Un raio en forma de bola chocou coa súa cabeza mentres intentaba cuantificar a resposta dunha barra recuberta por un material illante a unha treboada eléctrica.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar