George Constantine

George Constantine
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Anos en activo 1959
Escudería(s) Cooper
Grandes Premios disputados 1
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio dos Estados Unidos de 1959
Derradeiro GP Gran Premio dos Estados Unidos de 1959

George J. Constantine (22 de febreiro de 1918 - 7 de xaneiro de 1968) foi un piloto de carreiras dos Estados Unidos. Competiu a nivel nacional en 108 carreiras entre 1953 e 1962, gañando 17 veces. Constantine foi o piloto de coches deportivos do ano dos Estados Unidos en 1960. Gañou a carreira do Trofeo Nassau de 1959 e o gran premio de 1956 en Watkins Glen, Nova York (nun Jaguar tipo D). Estableceu récords en Lime Rock, Connecticut (1:05.81), e Marlboro, Maryland, en 1958, e foi un dos competidores mellor valorados na carreira internacional de Daytona, Florida, en 1959.[1] O señor Constantine era coñecido como o "Rei do Lime Rock" e "O grego voador". O seu coche máis famoso con máis vitorias foi o raro e fabuloso Aston Martin DBR2/1 (propiedade de Elisha Walker, Jr.), e o seu mecánico era Rex Woodgate.[2]

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Tempada Equipo Chasis Motor 1. 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1959 Mike Taylor Cooper T45 Coventry Climax MON 500 NED FRA GBR ALE POR ITA USA
Ret
NC 0

Notas editar

Referencias
  1. New York Times Obituary, 9 de xaneiro de 1968, page 43
  2. Racing Sports Cars

Véxase tamén editar