George Bancroft (historiador)
George Bancroft, nado en Worcester, Massachusetts, en 1800 e finado en Washington en 1891, foi un historiador e político norteamericano.
- Este é o artigo sobre George Bancroft, historiador e político norteamericano, se procura outra persoa co mesmo nome vexa George Bancroft.
Traxectoria editar
Fillo dunha familia que se remontaba á época dos primeiros europeos en América, educouse nas mellores institucións educativas dos Estados Unidos e Alemaña. Foi Secretario de mariña (1845-1846) e fundou a Escola Naval de Annapolis. Foi tamén embaixador en Londres (1846-1849) e en Berlín (1867-1874), Bancroft asinou con Prusia e outros estados alemáns os coñecidos como tratados Bancroft, considerados o primeiro recoñecemento do dereito de expatriación.
Como historiador escribiu History of the United States (1837).
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |