Gentoo Linux é unha distribución de GNU/Linux orientada a usuarios con certa experiencia neste sistema operativo.

Gentoo Linux
DesenvolvedorGentoo Project
Familia de S.O.GNU/Linux
Modelo de desenvolvementoSoftware Libre
NúcleoLinux
Tipo de núcleoMonolítico
LicenzaGPL
Última versión estable2007.0 7 de maio de 2007
Estado actualEn desenvolvemento
Sitio webwww.gentoo.org
Escritorio Gnome funcionando sobre Gentoo Linux

O nome Gentoo provén do nome en inglés do pingüín papúa. Nótese que a mascota de Linux é un pingüín.

Características editar

Portage editar

A pedra angular de Gentoo é Portage, un sistema de distribución de software baseado en Ports de BSD. Portage consiste nunha árbore local, que contén as descricións dos paquetes de software, así como os scripts necesarios para instalalos.

Binarios editar

Unha vantaxe de Gentoo é que as versións de software actualízanse de forma continua, a diferenza doutras distribucións onde os paquetes pasan meses en comprobación. Iso permite ter un sistema coas últimas versións de todo o software. Pola contra, aínda que é algo pouco habitual, ás veces o uso de versións do software insuficientemente comprobadas dá como resultado bugs que poden supor un risco para servidores de produción.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar