General Dynamics-Grumman F-111B

O General Dynamics-Grumman F-111B foi un avión desenvolvido como un interceptor de longo alcance embarcado, como continuación do F-4 Phantom II. Foi deseñado nos anos 60 por General Dynamics xunto con Grumman para a Mariña dos Estados Unidos como parte do proxecto Tactical Fighter Experimental (TFX), e coa Forza Aérea para producir un caza comúnr para varios tipos de misións. O F-111B incorporaba innovacións como unhas ás de xeometría variable, motores turboventilador con poscombustión e un sistema de armas de longo alcance formado polo rádar AWG-9 e os mísiles AIM-54 Phoenix.

General Dynamics-Grumman F-111B
Tipointerceptor
FabricanteGeneral Dynamics e Grumman
Primeiro voo18 de maio de 1965
Unidades construídas7

Deseñado en paralelo ao F-111 "Aardvark", que foi adoptado pola Forza Aérea como avión de ataque, o F-111B tivo problemas no seu desenvolvemento e pasou por cambios nos requirimentos da Mariña que finalmente pedía un avión maniobrable para o combate aéreo. O F-111B non chegou a entrar en produción e os seus prototipos foron usados para realizar probas antes de ser retirados. O modelo que ocuparía o seu lugar sería o máis pequeno e lixeiro Grumman F-14 Tomcat, co que compartía varios elementos, como os motores, o sistema de armas e a configuración das ás.