Gedo Senki

filme de 2006 dirixido por Gorō Miyazaki

Gedo Senki (ゲド戦記?) é un filme xaponés de 2006 dirixido por Gorō Miyazaki, animado por Studio Ghibli para Nippon Television Network, Dentsu, Hakuhodo DY Media Partners, Buena Vista Home Entertainment, Mitsubishi e Toho, sendo distribuído para este último. O filme baséase nunha combinación de argumento e personxes dos primeiros catro libros da serie Earthsea de Ursula K. Le Guin (A Wizard of Earthsea, The Tombs of Atuan, The Farthest Shore e Tehanu), así como no manga The Journey of Shuna de Hayao Miyazaki. O título do filme provén dunha colección de historias curtas, Tales from Earthsea, feita en 2001. O argumento foi "completamente diferente" segundo a autora Ursula K. Le Guin, que lle dixo a Gorō Miyazaki, "Non é o meu libro. É o teu filme. É un bo filme", aínda que máis tarde expresou a súa desilusión co resultado final.[2] Unha adptación en banda deseñada foi publicada no Xapón.[3]

Gedo Senki
Ficha técnica
Título orixinalゲド戦記
DirectorGorō Miyazaki
ProdutorToshio Suzuki
Tomohiko Ishii
GuiónGorō Miyazaki
Keiko Niwa
Baseado enEarthsea de Ursula K. Le Guin
IntérpretesBunta Sugawara
Junichi Okada
Aoi Teshima
Yūko Tanaka
MúsicaTamiya Terashima
MontaxeTakeshi Seyama
EstudioStudio Ghibli
DistribuidoraToho
Estrea29 de xullo de 2006
Duración115 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Orzamento$22 000 000
Recadación$68 673 565[1]
Na rede
http://www.ghibli.jp/ged
IMDB: tt0495596 Filmaffinity: 449251 Allocine: 109502 Rottentomatoes: m/gedo-senki-tales-from-earthsea Mojo: talesfromearthsea Allmovie: v357710 TCM: 650171 Metacritic: movie/tales-from-earthsea Netlix: 70142821Editar o valor em Wikidata

Produción editar

Este filme de Studio Ghibli é a primeira adaptación anime de calquera parte da serie Earthsea. No pasado, moitos directores, incluíndo Hayao Miyazaki,[4] tentaron adaptar o ciclo Earthsea ó cinema, pero non foron aprobados pola propia autora.[5] Cando Le Guin escoitou por primeira vez o interese de Miyazaki en adaptar a súa obra, non coñecía os seus filmes e asociaba a animación coa obra de Disney; sendo así, rexeitou a súa solicitude.[2]

En 2003, despois de gañar o Oscar ó mellor filme de animación por A viaxe de Chihiro, Hayao Miyazaki recibiu a aprobación de Le Guin mais Miyazaki estaba ocupado dirixindo Hauru no Ugoku Shiro. Studio Ghibli deixou que Toshio Suzuki decidise que fose o fillo de Hayao, Gorō Miyazaki, quen dirixise o filme, sendo o seu primeiro traballo como director. Hayao non se sentiu satisfeito coa decisión, xa que cría que Gorō carecía da experiencia necesaria. Ó parecer non falaron entre eles durante a produción do filme. Porén, Hayao recoñeceu máis tarde o traballo do seu fillo no seu primeiro adianto.[6] Algúns estudosos coidan que unha parte importante da trama foi adaptada da obra do seu pai, a novela gráfica Shuna no Tabi, con moitas referencias directas. Le Guin, que se convertera nunha adepta do traballo de Hayao Miyazaki logo do seu primeiro encontro e desexaba que fose el quen dirixise o filme, tamén quedou decepcionada pola escolla de Gorō como director, mais Studio Ghibli díxolle que Hayao supervisaría a produción.[2]

Música editar

A banda sonora de Gedo Senki foi composta e dirixida por Tamiya Terashima e foi estreada por Tokuma Japan Communications e Studio Ghibli Records como un híbrido multicanal SACD-CD o 12 de xullo de 2006. Carlos Núñez foi un colaborador clave na banda sonora, contribuíndo coa súa ocarina, tin whistle e gaita galega en 11 das 21 pistas. A cantante Aoi Teshima canta en dúas das cancións. Un álbum máis, "Melodies from Gedo Senki", foi estreado o 17 de xaneiro de 2007, incluíndo novo material da banda sonora e temas inéditos de Núñez.[7][8]

Notas editar

  1. "Box Office Mojo". Consultado o 2 de setembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Ursula K. Le Guin. UrsulaKLeguin.com, ed. "Gedo Senki, a First Response". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 15 de agosto de 2006. 
  3. Team Ghiblink (7 de agosto de 2014). "Tales from Earthsea (books)". Nausicaa.net. Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  4. "Article about the anime by Shuffle Alliance, a Taiwan anime club". Consultado o 18 de xuño de 2006. 
  5. Sankei Sports (14 de decembro de 2005). "ジブリ新作は「ゲド戦記」!宮崎駿氏の長男・吾朗氏が初監督 (The Next Film from Ghibli is "Ged's War Chronicles": Son of Hayao Miyazaki, Gorō to Direct for the First Time)" (en xaponés). goo Anime. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2007. Consultado o 8 de outubro de 2006. 
  6. See Nausicaa.net Goro Miyazaki's Blog.
  7. Ghibliworld, MEMORIES FROM GEDO SENKI WITH CARLOS NUNEZ Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., 19 de decembro de 2006
  8. (en xaponés) Studio Ghibli, カルロス・ヌニェスのニューアルバムの発売決定! Arquivado 30 de decembro de 2016 en Wayback Machine., 11 de decembro de 2006

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar