Gato (ferramenta)

máquina que serve para erguer obxectos moi pesados ou aplicar grandes forzas liñais

O gato[1] é unha máquina empregada para a elevación de cargas pesadas mediante o accionamento manual dunha manivela ou unha panca, ou ben mediante un sistema de accionamento asistido por un motor eléctrico ou por un compresor de aire.

Gato utilizado en Nascar.

Diferéncianse dous tipos, segundo o seu principio de funcionamento:

  • Gatos mecánicos: normalmente válense dun sistema multiplicador baseado nunha peza roscada e nun eixo.
  • Gatos hidráulicos: baseados no principio de Pascal, aproveitan o efecto da repartición uniforme da presión a través dun fluído entre dous émbolos de distinta sección.

As formas máis comúns son as de gato de coche, e a de gato de chan ou de taller, que elevan os vehículos de maneira que se poida realizar o seu mantemento, aínda que tamén existen outros tipos de gatos especiais que teñen múltiples aplicacións na construción ou a industria.

Estes dispositivos clasifícanse xeralmente pola súa capacidade máxima de elevación (por exemplo 1,5 toneladas ou 3 toneladas), e para algunhas aplicacións tamén é importante fixar a máxima distancia á que poden desprazar a carga.

Notas editar