Gaspard Monge

matemático francés, pai da xeometría descritiva

Gaspard Monge, conde de Péluse [gaspaʁ mɔ̃ʒ], nado en Beaune o 9 de maio de 1746[2] e finado en París o 28 de xullo de 1818 foi un matemático francés, pai da xeometría descritiva.[3][4]

Infotaula de personaGaspard Monge
Biografía
Nacemento9 de maio de 1746 Editar o valor em Wikidata
Beaune, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte19 de maio de 1746
París, Francia
Lugar de sepulturaPanteón de París, 7 (1989–)
Cemiterio do Père-Lachaise, 18 (1818–1989) 48°51′37″N 2°23′37″L / 48.860212, 2.393603
Gaspard Monge's mausoleum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Peer of France (en) Traducir
2 de xuño de 1815 –
Presidente Senado Conservador (pt) Traducir
1806 – 1807
← François de NeufchâteauBernard-Germain de Lacépède →
104º Presidente Academia francesa das ciencias
1802 – 1802
← René Just HaüyJean-Antoine Chaptal (pt) Traducir →
Member of the Sénat conservateur (en) Traducir
1799 – 1814
Institut d'Égypte (pt) Traducir
23 de agosto de 1798 –
Director Escola Politécnica (pt) Traducir
1798 – 1800
← Louis Bernard Guyton de Morveau (pt) TraducirLouis Bernard Guyton de Morveau (pt) Traducir →
Member of the Council of Five Hundred (en) Traducir
1798 – 1799
Director Escola Politécnica (pt) Traducir
1797 – 1798
← Michel Vandebergue (pt) TraducirLouis Bernard Guyton de Morveau (pt) Traducir →
French Navy minister (en) Traducir
10 de agosto de 1792 – 10 de abril de 1793 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia28 de xullo de 1818 (72 anos)
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Politécnica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porXeometría descritiva
Actividade
Campo de traballoMatemáticas
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
OcupaciónChargé de mission (pt) Traducir (1798–1799), Chargé de mission (pt) Traducir (1796–1797), mestre (1763–), químico , enxeñeiro , físico , profesor universitario , político , matemático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEscola Politécnica (pt) Traducir (–1816)
Institut d'Égypte (pt) Traducir (1798–)
École royale du génie de Mézières (en) Traducir (1765–1783)
Universidade de París Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoRevolución Francesa, Campaigns of 1796 in the French Revolutionary Wars (en) Traducir e Campaña francesa en Exipto e Siria Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoJean-Baptiste Biot[1]
Sylvestre François Lacroix
Jean-Victor Poncelet[1]
Arquivos en
Outro
TítuloConde (1808–) Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMarie-Catherine Monge (pt) Traducir (1777–) Editar o valor em Wikidata
IrmánsLouis Monge (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Grande Oficial da Lexión de Honra
Sinatura

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Monge-44 Find a Grave: 7522 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Gaspard Monge

Monge naceu en Beaune,[2] fillo de Jacques Monge, un vendedor ambulante que posteriormente se converteu en presidente do Colexio de Avogados da irmandade de mercerías de Beaune, e de Jeanne Rousseaux. Estudou nas escolas de Beaune e Lión e na escola militar de Mézières. Aos 16 anos foi nomeado profesor de física en Lión, cargo que exerceu até 1765. Tres anos máis tarde foi profesor de matemáticas e en 1771 profesor de física en Mézières. Entrou na Academia Real de Ciencias en 1780 e publicou oito anos máis tarde o seu Traité de statistique.

Sendo xa un dos máis importantes científicos do seu país, a Revolución Francesa, que apoiou decididamente desde o seu inicio en 1789, cambiou por completo o curso da súa vida. Membro primeiro da Sociedade Patriótica, integrouse despois cos xacobinos, onde coñeceu a Robespierre e a Saint-Just entre outros revolucionarios notorios. Foi elixido vicepresidente na véspera do 9 de termidor (27 de xullo de 1794).

En 1792 foi nomeado con outras cinco persoas (Danton entre elas) membro do Executivo Provisional do Consello. Nomeado Ministro de Mariña (de agosto de 1792 até abril de 1793) pola Convención, pedíuselle reorganizar os arsenais e potenciar as fábricas de canóns. Contribuíu a fundar a École Polytechnique en 1794, na que deu clases de xeometría descritiva durante máis de dez anos, e en 1795 entrou no instituto de Francia. Mentres buscaba obras de arte durante a campaña de Italia coñeceu a Napoleón, quen lle encargou xunto con Claude Louis Berthollet que levase ao Directorio a ratificación do Tratado de Campo Formio.

O 6 de febreiro de 1798 saíu de París cara a Roma, coa orde de entrevistarse co Papa Pío VI en nome da República Francesa, cominándolle a renunciar á súa autoridade temporal, conservando unicamente a súa autoridade espiritual. Sabendo que a proposta era irrealizable, ordenou ao pontífice abandonar Roma en dous días: Pío VI saíu da cidade durante a noite do 19 ao 20 de febreiro de 1798. Despois dos abusos do xeneral André Masséna e do seu despedimento o 2 de marzo dese ano, Monge nomeou os cargos da nova República Romana fóra das finanzas.

Monge foi convidado a participar na expedición a Exipto, pero alegou que xa tiña unha idade moi avanzada para participar nesta empresa. Con todo, Napoleón logrou persuadilo e cambiou de opinión. Converteuse nun dos confidentes do xeneral en Exipto, sendo nomeado primeiro presidente do Instituto de Exipto. Ademais, preparou un traballo sobre os espellismos durante a súa estadía en oriente.

Regresou a Francia con Napoleón o 23 de agosto de 1799, ano en que publicou a súa famosa obra Geometrie descriptive. Foi nomeado membro do Senado, director da Escola Politécnica (1802) e conde de Pelusio. A caída de Napoleón fixo que o excluísen do Instituto e da escola Politécnica.

Dende 1777 estivo casado con Marie-Catherine Huart (1747-1846), coa que tivo tres fillas. Morreu en París o 28 de xullo de 1818 e foi enterrado no cemiterio do Père-Lachaise. En 1989, as súas cinzas foron trasladadas ao Panteón de París.

A xeometría descritiva editar

Monge é considerado o creador da xeometría descritiva, sistema que permite representar superficies tridimensionais de obxectos sobre unha superficie bidimensional. Existen diferentes sistemas de representación que serven a este fin, como a perspectiva cónica, o sistema de planos acoutados etc. pero quizais o máis importante é o sistema diédrico, tamén coñecido como sistema Monge, que foi desenvolvido por Monge na súa primeira publicación no ano 1799.

Obra editar

  • Traité élémentaire de statique. París 8. A., 1848
  • Géométrie descriptive. París 7. A., 1847
  • Application de l'analyse à la géométrie. París 5. A., 1850
  • Application de l'algèbre à la géométrie. 1805

Recoñecementos editar

  • Grand-croix de l'ordre de la Réunion.
  • Grande Oficial da Lexión de Honra.[5]
  • Cabaleiro da Orde da Coroa de Ferro.[6]
  • A súa localidade natal, Beaune, dedicoulle unha estatua en 1849.
  • É un dos 72 científicos cuxo nome figura inscrito na Torre Eiffel.
  • O cráter lunar Monge recibiu o seu nome en 1935.
  • Desde o 4 de novembro de 1992, a Mariña Francesa opera o buque MRIS FS Monge, nomeado así na súa honra.
  • O asteroide 28766 Monge, descuberto por Paul G. Comba en 2000 tamén leva o seu nome.

Galería editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar