Gargamala, Mondariz

parroquia civil do concello de Mondariz

Santa María de Gargamala é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 337 habitantes (180 mulleres e 157 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 530 habitantes.

Gargamala
Foxo do lobo de Gargamala.
ConcelloMondariz[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°15′35″N 8°26′36″O / 42.2597985791, -8.44336574789Coordenadas: 42°15′35″N 8°26′36″O / 42.2597985791, -8.44336574789
Poboación337 hab. (2013)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

En Gargamala hai diversos petróglifos, recoñecidos como Ben de Interese Cultural, mais dous deles, os de Escornabois e Campo Redondo, foron danados en outubro de 2018 polo lume forestal[2]. Hai dous poboados fortificados: O Castro Chouso e o Coto da Cidade ou Coto do Cerquido, así como un foxo de lobo e muíños[3]

A igrexa parroquial, situada no lugar do Barro, é barroca, construída en 1752.[4] No testeiro da capela maior, de forma ameada, ten un escudo coas armas dos Condes de Salvaterra. No interior ten pinturas murais.

Na parroquia hai unha escultura en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, que na súa obra Longa noite de pedra incluíu o "Romance incompleto", que comeza cos versos "Fuco Pérez sin segundo, / veciño de Gargamala". A escultura, instalada en agosto de 2017, foi feita polo alumnado da Escola de Cantaría da Deputación de Pontevedra[5].

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Gargamala editar

Lugares da parroquia de Gargamala no concello de Mondariz (Pontevedra)

O Barro | Boente | Mourelle | A Rúa | O Soutiño | Vedrelos

Parroquias de Mondariz editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Mondariz

Frades (San Martiño) | Gargamala (Santa María) | Lougares (San Fiz) | Meirol (Santo André) | Mondariz (Santa Baia) | Mouriscados (San Cibrán) | Queimadelos (Santa María) | Riofrío (San Miguel) | Sabaxáns (San Mamede) | Toutón (San Mateo) | Vilar (San Mamede) | Vilasobroso (San Martiño)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. Mónica Torres (28 de decembro de 2018). "El fuego de Gargamala también dañó dos de sus joyas de arte rupestre". La Voz de Galicia. 
  3. Eladio Torres (5 de setembro de 2013). [www.xoanarcodavella.com/2013/09/muinos-de-gargamala-mondariz.html "Muíños de Gargamala. Mondariz"] |url= incorrecto (Axuda). Arco da Vella. 
  4. "Igrexa parroquial de Santa María de Gargamala". Turismo de Galicia. 
  5. "O poema "Romance incompleto" posto en pedra na parroquia de Gargamala". Fundación Celso Emilio Ferreiro. 16 de agosto de 2007. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar