Game Boy Color

consola de videoxogos portátil de Nintendo

A Game Boy Color (ゲームボーイカラー Gēmu Bōi Karā?), frecuentemente abreviada como GBC, é unha consola de videoxogos portátil de Nintendo, sucesora da Game Boy. Foi lanzada o día 21 de outubro de 1998 no Xapón,[1]19 de novembro de 1998 en América do Norte, o 23 de novembro de 1998 en Europa, e o 27 de novembro de 1998 no Reino Unido. Presenta unha carcasa de diferentes cores, e é lixeiramente máis ancha e alta ca a Game Boy Pocket. Así como a Game Boy orixinal, posúe un procesador de 8 bits.[2] Combinados, a Game Boy e a Game Boy Color venderon 118,69 millóns de unidades en todo o mundo. A Game Boy Color foi substituída pola Game Boy Advance.

Logotipo da Game Boy Color.
Game Boy Color coa carcasa transparente.

Historia editar

A Game Boy Color foi unha resposta á presión das desenvolvedoras de xogos por un sistema de xogo novo e máis sofisticado, xa que elas sentían que a Game Boy, mesmo na súa última versión, a Game Boy Pocket, non era abondo. O produto resultante era reversamente compatíbel, sendo o primeiro portátil quen de facer isto, expandindo a gran biblioteca de xogos e instalándose na base do seu predecesor. Isto converteuno nun elemento chave na liña Game Boy, pois permitía que cada lanzamento na súa familia tivese á disposición unha biblioteca significantemente maior da que tiñan os seus competidores dende o comezo.

Cartuchos editar

Os xogos creados especificamente para a Game Boy Color eran mantidos en cartuchos de memoria limpa. Non son compatíbeis coa Nintendo DS. Os xogos proxectados para a Game Boy Color, aínda que tamén incluían compatibilidade reversa co antigo Game Boy, posúen un deseño semellante ós cartuchos cinza para Game Boy, mais son de memoria negra para a identificación. Os lanzamentos europeo e norteamericano de Pokémon Yellow e Pokémon Gold e Silver presentan cartuchos de memoria diferenciada, aínda que sexan tecnicamente idénticos ós cartuchos negros.

Vendas editar

O 31 de marzo de 2005 a Game Boy e a Game Boy Color venderon 32,47 millóns de unidades no Xapón, 44,06 millóns nos Estados Unidos e 42,16 millóns no resto do mundo. En total, o 31 de marzo de 2005 as vendas mundiais de ambas as consolas chegaban aos 118,7 millóns de unidades,[3] aínda que a venda de xogos para o sistema viuse afectada pola pirataría, xa que era difícil identificar un cartucho orixinal dun pirata.

Especificacións técnicas editar

Tipo Datos Imaxe
GPU Controlado pola CPU  
CPU: Sharp LR35902 (híbrido personalizado entre baseado en Zilog-Z80 e Intel 8080) 4.19/8.38 MHz

(velocidade efectiva 1,0485 mhz, modo Game Boy orixinal)

Memoria RAM: 32 KB RAM; 16 KB VRAM
Son: Estéreo PSG de 4 canles:
  • 2 canles de onda cadrada,
  • 1 canle de ruído,
  • 1 canle de memoria de onda ("hakei memory").
  • Altofalante mono,
  • Jack de audio estéreo
Pantalla: Pantalla dotmatrix Sharp en cor:
  • Pantalla de cristal líquido (LCD) en cor de transistor de película fina (TFT) reflectante de 2,3 polgadas
  • 44 por 40 mm (1,7 por 1,6 polgadas)
  • Sprites máximos: 40 en total, 10 por liña, 4 cores por sprite (un dos cales é transparente)
  • Tamaño de obxecto: 8×8 ou 8×16
  • Sprites en pantalla: 512 (360~399 visíbeis, o resto extráense da pantalla como un búfer de desprazamento)
  • Taxa de refresco (fps): 59.727500569606 Hz
 
Resolución: 160 (ancho) × 144 (alto) píxeles (relación de aspecto 10:9; mesma relación de aspecto e resolución que a Game Boy clásica)
input: Dpad de 4 direccións ( ← → ↑ ↓)

Catro botóns de acción (A, B, Iniciar, Seleccionar)

Potenciómetro de volume

Interruptor de alimentación

E/S serie ("cable de enlace"): 512 kbit/s con até 4 conexións en serie

E/S de infravermellos: menos de 2 m de distancia a 45°

E/S de cartucho

Dimensións
  • 133 mm de altura⬍
  • 75 mm de ancho ⬌
  • 27 mm de fondo.🠽
Alimentación: 2 pilas AA, duración 10 horas

Adaptador de corrente: 3 V DC 0,6 W (2,35 mm × 0,75 mm)
Indicador led vermello

Peso 138 g (4.9 oz)
Cores: 32.768, máximo 56 en pantalla
 
Paletas seleccionábeis utilizadas para xogos de Game Boy en Game Boy Color. Calquera cor tachada estará presente na RAM da paleta.
ROM: 8 MB   
Cartucho RAM: 128 KB

Recepción editar

A recepción da Game Boy Color foi positiva e os críticos eloxiaron a adición de cor e a claridade mellorada da pantalla. Publicacións afiliadas como Total Game Boy eloxiaron á portátil pola súa "imaxe brillante e colorida que se pode ver con luz directa", características de compatibilidade con versións anteriores que preservan o "vasto catálogo de xogos orixinais de Game Boy" e rendemento técnico mellorado.[4] Computer and Video Games eloxiou á Game Boy Color por facer que a biblioteca de xogos de Game Boy "se vexa mellor que nunca: todo é nítido, brillante e en cor".[5] Escribindo para GameSpot, Chris Johnston afirmou que a pantalla era "clara coma o cristal" e ceibe de desenfoque de movemento, afirmando que Tetris DX era a "aplicación principal" dos títulos de lanzamento na plataforma.[6] Entre as críticas máis suaves incluíronse as de Arcade, quen admitiu que as cores eran "moi impresionantes" mais "non tan rechamantes como cabería esperar [...] son principalmente verdes algas, marróns oxidados, amarelos tímidos e similares". Concluíron que "nada en [Game Boy Color] é moi radical", mais tamén dixeron que o dispositivo era "Game Boy como sempre debería ter sido".[7]

Notas editar

  1. Nintendo.co.JP - Game Boy Color
  2. "GBC Hardware Info". The Internet. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 17 de setembro de 2007. 
  3. "Historical Data: Consolidated Sales Transition by Region" (PDF). Nintendo. 27 de abril de 2016. Consultado o 20 de abril de 2024. 
  4. "Introducing The Game Boy Color". Total Game Boy (1). 1998. 
  5. "Portable Colour Gaming Is Here!". Computer and Video Games (205). Decembro de 1998. 
  6. Johnston, Chris (1998). "Hands On: Game Boy Color". GameSpot. Arquivado dende o orixinal o 2019-06-07. Consultado o 2022-11-13. 
  7. "The Color Purple". Arcade (1): 60–61. Decembro de 1998. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar