Galina Butyreva (en komi: Галина Васильевна Бутырева), nada en Ertom o 12 de setembro de 1944 é unha política, xornalista e escritora komi.

Infotaula de personaGalina Butyreva
Biografía
Nacemento12 de setembro de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
República Socialista Soviética Autônoma de Komi, Unión Soviética (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Rusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónSyktyvkar State University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , prosista , tradutora , poeta , xornalista , filóloga Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Naceu nunha aldea da República Socialista Soviética dos Komis e estudou maxisterio no Instituto Pedagóxico dos Komi (1966). Logo de graduarse deu clases ata 1968 e posteriormente traballou como redactora de televisión (1968-1986)[1] ata a súa entrada na política como viceministra de Cultura da RSS dos Komis (1986-1991), directora do Centro Cultural Fino-Úgrico da República dos Komis (1992-1993), presidenta do Comité Estatal da República dos Komis para as Nacionalidades (1993-1994), ministra das Nacionalidades da República dos Komis (1994-1995), vicepresidenta para Asuntos Sociais da R. dos Komis(1995-1999). Dende 1997 é editora xefe da revista "Art". En 1996 recibiu a medalla de San Daniel pola súa promoción da restauración da fe ortodoxa e da diocese dos Komis[2].

Actividade literaria editar

Escribiu coleccións de poesía en komi e ruso, nos seus poemas utiliza o verso libre, reflectindo os seus sentimentos sobre a vida, a terra komi, a paz.

Libros editar

En komi editar

  • Пас туй, 1989
  • Бог с тобой, 1994 (bilingüe ruso-komi).
  • Сёкатö, эзысьö,. донаö…, 1999
  • Бурö-визьö, 2005
  • Лов шы, 2008
  • Ва визь, 2010

En ruso editar

  • Сад друзей 1997
  • К портрету моей родины,, 2002
  • Да будет имя Твоё, 2003.
  • Ритмы реки, 2004

Notas editar

  1. ""Бутырева Галина Васильевна" na web da NBR (Biblioteca Nacional da República de Komi)". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2017. Consultado o 11 de agosto de 2017. 
  2. "Бутырева Галина Васильевна" na web de Гижысь Котыр (Unión de Escritores da República dos Komis)