Galicia Industrial y Comercial

Galicia Industrial y Comercial foi unha revista editada na Coruña entre 1926 e 1936.

Galicia Industrial y Comercial
PaísEspaña
Lugar de publicaciónA Coruña
Na rede
Galiciana: 6501
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulada Revista mensual ilustrada, apareceu en abril de 1926. Fundada por Ernesto de Cádiz Vargas, constaba de 36 páxinas e tiraba 1.000 exemplares. Foron os seus directores Ramón Cueto Noval, Leopoldo Hernández Robredo e Joaquín Martín Martínez. Comprometida coa modernización de Galicia e centrada no eido económico, abarcou temas de industria, navegación, comercio, agricultura, finanzas, actualidades, artes e ciencias. Das ilustracións foron autores Torrado, Sobrino, Castelao, Cebreiro e Camilo Díaz. A partir de 1931 incluíu de traballos literarios de Ramón Otero Pedrayo, Manuel Abelenda Zapata, Carlos Martínez-Barbeito e Roberto Blanco Torres. Desapareceu en xuño de 1936, o seu último director, Joaquín Martín, foi fusilado.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar