Galiasgar Kamal

escritor ruso

Galiasgar Galiakbar ulı Kamaletdinov (tártaro: Галиәсгар Галиәкбәр улы Камалетдинов) ou simplemente Galiasgar Kamal (tártaro: Галиәсгар Камал), nado en Kazán o 6 de xaneiro de 1879 e finado na mesma cidade o 8 de xuño de 1933, foi un xornalista, escritor e dramaturgo tártaro.

Galiasgar Kamal
Nacemento6 de xaneiro de 1879
LugarKazán
Falecemento16 de xuño de 1933
LugarKazán
NacionalidadeImperio Ruso e Unión Soviética
FillosÄnäs Kamal
Profesióndramaturgo, escritor, prosista, xornalista e tradutor
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado no seo dunha familia de curtidores[1]. Estudou nas madrasas Gosmania e Moxammadia entre 1889 e 1897. Asemade aprendeu a lingua rusa durante tres anos nunha escola municipal.

A primeira peza de Kamal foi Bәhetsez eget de 1898 que se publicou en 1900. En 1901 publicou o periódico Тәраккый e foi un dos organizadores da editorial Мәгариф. Participou activamente no grupo de teatro Säyyär, organizado en 1906, como un actor e un dramaturgo.[2] A Revolución Rusa de 1905 marcouno fondamente, e inspirado nos seus eventos escribiu Berenche Teatr (1908) e Bаnкrот (1911). Esa época foi a de máxima creatividade e a máis recoñecida do autor [3]. E dende os xornais Азат e Азат Xалык publicou artigos promovendo as ideas marxistas, editou tamén a revista satírica Яшен (1908-09), e traballou no xornal Йолдыз (1907-17). Despois da revolución de outubro escribiu poemas satíricos e colaborou nos xornais Эш e Кызыл байрак.

Como tradutor verteu ao tártaro Ревизор de Nikolai Gogol, Гроза de Alexandr Ostrovsky e На дне de Maxim Gorki.

Referencias editar

  1. Светлана Колосова (2017) Энциклопедический словарь псевдонимов . Litres
  2. ""Galiaskar Kamal (1879-1933)" The City of Kazan". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2012. Consultado o 13 de agosto de 2017. 
  3. Ф.Ганиева, Р. Яруллина, А. Саттарова; кереш сүз авт. Ф. Ганиева (2007) Татар драматурглары : биобиблиогр. белешмәлек Казан : Татар. кит