Gala Éluard Dalí

modelo e artista tártara

Elena Ivanovna Diakonova (en ruso: Елена Ивановна Дьяконова), coñecida como Gala Éluard Dalí, nada en Kazán (Imperio Ruso) o 7 de setembro de 1894[1] e finada en Portlligat (Xirona) o 10 de xuño de 1982, foi musa de varios artistas, en especial de Salvador Dalí, con quen casou en 1932 polo civil e de novo en 1958 polo rito católico.

Infotaula de personaGala Éluard Dalí

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Елена Дмитриевна Дьяконова Editar o valor em Wikidata
7 de setembro de 1894 Editar o valor em Wikidata
Kazán, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xuño de 1982 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Portlligat, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCastle of Púbol (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCastle of Púbol (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeImperio Ruso Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo , artista Editar o valor em Wikidata
MovementoSurrealismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa, lingua catalá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSalvador Dalí (1958–1982)
Paul Éluard (1917–1929) Editar o valor em Wikidata
ParellaMax Ernst (1922–1924) Editar o valor em Wikidata
FillosCécile Éluard
 () Paul Éluard Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Дьяконова-1 Find a Grave: 16783050 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Gala naceu nunha familia de intelectuais de Kazán (Rusia) e viviu durante un breve período de tempo en Pokrovskoye.

Paul Éluard editar

En 1912 foi enviada a un sanatorio de Clavadel, preto de Davos para que a tratasen de tuberculose. Mentres estaba en Suíza coñeceu a Paul Éluard e namorouse del cando ambos tiñan dezasete anos. En 1916, durante a primeira guerra mundial viaxou de Rusia a París para reunirse con el e casaron o ano seguinte. En 1918 naceu a súa filla Cécile, mais Gala detestaba a maternidade e ignoraba a súa filla.[2]

Con Éluard, Gala involucrouse no movemento surrealista. Foi unha inspiración para moitos artistas, incluíndo Éluard, Louis Aragon, Max Ernst e André Breton, o ideólogo do surrealismo que máis tarde a desprezou.[3] Ela, Éluard e Ernst pasaron tres anos nun ménage à trois,[4] entre 1924 e 1927. A principios de agosto de 1929, o matrimonio viaxou, xunto a uns amigos, a Cadaqués (Xirona) e visitaron un pintor mozo surrealista en España, o emerxente Salvador Dalí. A pesar de que el era dez anos máis novo ca ela, namoráronse e iniciaron unha polémica relación. Con todo, mesmo trala ruptura do seu matrimonio, Éluard e Gala continuaron achegados.[5]

Salvador Dalí editar

Tras vivir xuntos dende 1929, Dalí e Gala casaron nunha cerimonia civil en 1934 en París. Nesa época descubríronlle miomas uterino, polo que foi sometida a unha histerectomía en 1936. Volveron casar nunha cerimonia católica en 1958 no Santuario dos Anxos en Sant Martí Vell (Xirona). Necesitaron unha dispensa especial do papa xa que Gala estivera casada previamente e era cristiá pero non católica, senón ortodoxa.

Foi a musa de Dalí, inspirándoo directamente e aparecendo en moitas das súas obras,[6] e o artista adoitaba dicir que ela foi «a única que o salvou da tolemia e dunha morte temperá». Máis aló da súa atribuída xenialidade, Dalí era un home problemático, inseguro e desorganizado e foi Gala quen actuou como a súa axente e intermediaria entre o xenio e o mundo real. Ao dedicarse a devanditos mesteres, a muller feriu moitas sensibilidades e foi acusada de materialista. Tivo tamén numerosas relacións extramatrimoniais, ás que Dalí nunca se opuxo, talvez porque estaba fascinado polo candaulismo, unha parafilia similar ao voyeurismo. Foi unha mecenas para novos artistas e nos seus últimos anos facía agasallos caros a quen se asociaba con ela, como o cantante de rock Jeff Fenholt ao que regalou, supostamente, pinturas de Dalí e unha casa dun millón de dólares en Long Island.[2]

Gañou para si mesma a posición máis elevada no panteón de Dalí. Foi con frecuencia o obxecto do traballo pictórico de Dalí: na súa obra, Gala adoptou distintos roles, como o de virxe cristiá na pintura Virxe de Port Lligat (1950) ou figura mitolóxica na Leda atómica (1949). As numerosas pinturas que fixo Dalí dela mostran o profundo amor que lle profesaba. Algunhas destas son exemplos sobresalientes da representación de modelos femininos de mediana idade na pintura occidental.

Morte editar

Faleceu en Portlligat en 1982 e foi trasladada ao castelo de Púbol (Baix Empordà), que Dalí comprara para ela, coa intención de ser embalsamada e enterrada nunha das dúas criptas que preparou durante as obras de restauración.[3] Ámbalas dúas criptas foron deliberadamente construídas unha xunto á outra. Alí trasladouse o pintor para pasar os seus últimos anos de vida e non separarse da súa musa, desexando ocupar a cripta baleira á beira de Gala, algo que finalmente non ocorreu.

Notas editar

  1. Corrección da data de nacemento de Gala, que se recolle no seu diploma de graduación do Instituto Femenino M.G. Briujonenko de Moscova en 1915. Nel, engádese tamén que naceu o 26 de agosto de 1894 (Calendario xuliano) que corresponde ao 7 de setembro no calendario gregoriano. A súa relixión foi a ortodoxa e era filla dun alto cargo da administración rusa. (Fonte: Artículo de Gala Dali: Los secretos de una musa por J.J. Navarro Arisa, "El País Semanal", Madrid, España, 14 de agosto de 1994.)
  2. 2,0 2,1 Prose, Francine (2003). The Lives of the Muses: Nine Women and the Artists They Inspired (en inglés). HarperCollins Perennial. pp. 187–226. ISBN 0-06-019672-6. 
  3. 3,0 3,1 "Biografía de Gala. Gala (Kazán, Rusia, 1894 - Portlligat, Girona, 1982)dataacceso= 21 de decembro de 2013". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2014. Consultado o 09 de setembro de 2018. 
  4. "Ghost Ships", McNab, Yale Univ Press; tamén no artigo de The New York Times do 3 de abril de 2005, por Annette Grant con ocasión da retrospectiva de Ernst no Metropolitan Museum.
  5. Eluard, P. (1984). Lettres a Gala. Gallimard. p. 182. 
  6. Picardie, Justine (20 de maio de 2007). "Salvador's siren". The Daily Telegraph. Consultado o 16 de setembro de 2009. [Ligazón morta permanente]

Véxaste tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar