Gaio (xurista)

xurista romano do século II

Gaio (en latín, Gaius), nado en 120? e finado en 178?, foi un xurista romano de mediados do século II, que viviu baixo o mandato do emperador Hadriano. É o autor das Institutiones.

Infotaula de personaGaio

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Gaius Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. década de 120 Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Mortec. 180 Editar o valor em Wikidata (50/60 anos)
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXurisprudencia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxurista , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
Período de actividade130 Editar o valor em Wikidata - 180 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Gaio é uns dos xuristas máis enigmáticos, xa que se carece de informacións sobre a súa vida. Por exemplo, descoñécese o seu nome completo, pois Gaius era só o seu primeiro nome (praenomen). Mesmo, moitos estudosos dubidan en que verdadeiramente sexa un home, e chegouse a suscitar a case improbábel tese de que fose muller. Supúxose que naceu cara ao ano 120 nalgunha provincia de oriente e probabelmente viviu nalgunha localidade provincial do imperio romano. Dentro dos seus contemporáneos non hai noticias sobre a súa vida e obra, mesmo durante o século XX tratouse de identificalo con Casio Lonxino.

Fundamentalmente foi un profesor de Dereito e todas as obras que redactou tiñan finalidade docente. A maioría delas foron escritas durante o goberno do emperador Antonino Pío e, ao principio, do emperador Marco Aurelio. Con certeza morreu despois do ano 178, como o demostra un comentario seu ao SC. Orfitiano dese ano.

Obras editar

As súas principais obras foron as Institutiones en 4 libros[1] (unha das primeiras exposicións sistemáticas romanas do dereito ao modo grego) e os comentarios ad edictum praetoris urbani ou ad edictum urbicum (sobre o edictor do pretor) en 10 a 15 libros e ad edictum provinciale (sic) en 32 libros (sobre o edicto do pretor, co habitual apéndice sobre o edicto edilicio).

As Institutiones conserváronse case integramente, grazas a un códice (palimpsesto) do século V da Biblioteca de Verona, descuberto por Niebuhr en 1816, baixo o texto dunha obra de Xerome de Estridón (mediante reactivos especiais).

O procedemento formulario (agere per formulas), que ocupa gran parte do libro IV, era practicamente descoñecido ata este achado, pois no Digesto non aparecen referencias directas, ao ser estas eliminadas, pois na época da compilación aplicábase outro sistema (a cognitio extraordinem). En Oxirrinco (Exipto) atopouse un papiro que contiña unha páxina do libro IV e, posteriormente, no mesmo país achouse un pergamiño do século IV ou V que reproduce dez importantes páxinas deste texto, xa que conteñen as pasaxes ilexíbeis do manuscrito de Verona.

Importancia editar

A súa excepcional reputación entre os especialistas do dereito romano, e o dereito en xeral, débese ao devandito descubrimento en 1816 dun manuscrito que contiña as Institutiones, que o xurista realizara para o ensino e que amosa cunha nitidez sen precedentes o marco do dereito romano clásico. Esta é a única obra do período clásico que coñecemos directamente, sen a intermediación (e os engadidos) dos xuristas xustinianeos.

A partir da análise dos seus textos, sostívose que Gaio non estaba moi ao tanto da evolución doutrinal da época, especialmente, ao declararse sabiniano na época dos Antonios (onde a rivalidade das escolas sabineana e proculeiana practicamente desaparecera), o que reafirmaría o seu carácter provincial. É máis, para algúns autores non era propiamente un xurista, senón máis ben un simple autor de manuais de dereito. A esta opinión súmase o feito que careceu do ius respondendi (autorización que se lle daba aos xuristas para dar opinións en nome do emperador) e a inexistencia de antecedentes sobre que sexa consultor.

De todas as maneiras o seu interese polo dereito romano antigo era evidente, e por esta razón o seu traballo é o máis valioso para os historiadores das institucións romanas temperás.

As súas Institutiones acadaron unha gran difusión durante o Dominado (e por iso é practicamente a única obra de dereito romano que chegou case completa, separadamente do Corpus Iuris Civilis), sendo utilizada ata a época de Xustiniano, como un texto para os estudantes de dereito (sendo obxecto de varias edicións e ata reelaboracións e resumos). De feito, as Institutiones de Xustiniano baseáronse principalmente na obra de Gaio.

Ademais, foi incluído, xunto a Ulpiano, Paulo, Modestino e Papiniano, na lei de citas de 426, que regulaba a recitatio das obras dos xuristas ante os tribunais (ou sexa, que xuristas podían ser invocados e os criterios para a decisión do xuíz ante opinións diversas destes).

Notas editar

  1. Berger, Adolph (1953). Encyclopedic Dictionary of Roman Law. (en inglés). The American Philosophical Society. p. 504. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Paricio, Javier (1999). Los juristas y el poder político en la antigua Roma. Granada: Editorial Comares, S.L. ISBN 84-8151-865-4. 

Outros artigos editar