Gabriel Rufián

político español

Gabriel Rufián Romero, nado en Barcelona[1] o 8 de febreiro de 1982, é un activista social e político catalán vinculado con movementos sociais de esquerdas e independentistas. Presentouse nas eleccións xerais españolas de 2015, 2016, abril de 2019 e novembro de 2019 como cabeza de lista de ERC e foi elixido membro do Congreso dos Deputados español.

Gabriel Rufián
Nome completoJuan Gabriel Rufián Romero
Nacemento8 de febreiro de 1982
Lugar de nacementoSanta Coloma de Gramenet
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Pompeu Fabra
Ocupaciónpolítico e graduado social
Na rede
https://gabrielrufian.wordpress.com
IMDB: nm7268333 Facebook: gabriel.rufianromero Twitter: gabrielrufian Instagram: gabrielrufian LinkedIn: gabrielrufian Dialnet: 3809897 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Fillo e neto de andaluces de Xaén e Granada, que se coñeceron nun acto de Bandera Roja. Aínda que naceu en Barcelona, criouse e medrou no barrio do Fondo de Santa Coloma de Gramenet.[1] Fixo a educación secundaria en Badalona e estudou Relacións Laborais na Universidade Pompeu Fabra[2] e fixo un máster en Xestión de persoal na mesma universidade.[3]

Antes de se dedicar á política, traballou durante dez anos nunha empresa de traballo temporal (ETT) chamada Organización Activa, que se fusionou co Grupo Cosmos, dedicado á subcontratación en Chile, a Arxentina, Romanía e a India. A empresa suspendeu os pagos en outubro de 2014. Rufián continuou traballando para Maipú Works SL (empresa subcontratadora de persoal industrial, regulada pola Lei 32/2006), creada con antigos compañeiros da compañía anterior, onde traballou ata xuño de 2015.[4]

Carreira política editar

A finais de 2013, presentouse para colaborar con Súmate, unha plataforma independentista que agrupa a castelanfalantes onde se converteu nunha figura importante e tivo que enfrontar varias polémicas.[4]

En 2015, ingresou na Assemblea Nacional Catalana (ANC), e en maio pasou a formar parte do seu Secretariado Nacional. O 11 de setembro de 2015 foi un dos protagonistas da Via Lliure cap a la República Catalana como voceiro en castelán da ANC no escenario central do acto da Diada na Meridiana de Barcelona.[5] Durante a campaña electoral para as eleccións catalás do 27 de setembro participou en actos de campaña de Junts pel Sí realizando chamamentos para a participación dos castelanfalantes[6] e mais no acto final da campaña de JxS.[7]

O 30 de outubro anunciou que deixaba a dirección da ANC para presentarse ás eleccións encabezando a lista de Esquerra Republicana de Cataluña ás eleccións ao Congreso dos Deputados do 20 de decembro de 2015.[8][9] En maio de 2016 foi nomeado de novo cabeza de lista de Esquerra para as eleccións xerais do 26 de xuño, formando de nuevo tándem con Joan Tardà.

É colaborador habitual en debates e tertulias de actualidade política en diversos medios de comunicación, entre outros en 2324 de Televisió de Catalunya, El Matí de Catalunya Ràdio, El Punt Avui TV, 13TV,[10] e publica regularmente artigos de opinión en El Matí digital,[11] El Singular,[12] Nació Digital,[13] El Punt Avui,[14] ou El Món.

Polémicas editar

O 21 de novembro de 2018, sendo o portavoz do grupo parlamentario de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), tras ser advertido tres veces á orde, foi expulsado da cámara do Congreso pola presidenta, Ana Pastor Julián, ao chamar repetidamente ao ministro de Asuntos Exteriores, Josep Borrell, "gamberro" e "indigno".[15]

En maio de 2021, despois da negación á aprobación dunha lei para persoas transxénero no Congreso dos Deputados, declarou referíndose aos que tiñan prexuízos relixiosos, especialmente católicos: “Ti cres nas serpes que falan, nas pombas que quedan embarazadas e que se nos comportamos mal, chove de lume e queimaranos. E veñen dar leccións de normalidade e adoutrinamento".[16]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 «PERFIL Gabriel Rufián, independentisme en castellà i orgull de barri, Nació Digital
  2. Gendrau, Pere (7 de novembro de 2015). "PERFIL Gabriel Rufián, independentisme en castellà i orgull de barri". naciodigital.cat (en catalán). Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  3. Barrena, Xavi (2 de decembro de 2015). "Gabriel Rufián, de la aluminosis al Congreso". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Pérez Colomé, Jordi (23 de xullo de 2016). "El fin del enigma de Gabriel Rufián". elpais.com (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  5. «Intervención de Gabriel Rufián na Via Lliure»(en castelán),11 de setembro de 2015.
  6. «Acte amb JxSi sobre el castellà, Ara(en catalàn)
  7. «Intervenció de Gabriel Rufián a l'acte final campanya Junts pel Si, El Mon Arquivado 28 de outubro de 2015 en Wayback Machine.
  8. Redacción (7 de novembro de 2015). "ERC elige al independiente Gabriel Rufián para encabezar su lista para el 20D". efe.com (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  9. «Gabriel Rufián encapçalarà candidatura ERC a les eleccions 20D, Nació Digital»
  10. «Intervencións de Gabriel Rufián en 13TV»
  11. «Articles de Gabriel Rufián Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine
  12. «Articles d'opinió Arquivado 12 de maio de 2015 en Wayback Machine
  13. «De dignitat, d'independència i de Catalunya»
  14. «Articles de Gabriel Rufián al Punt Avui»
  15. Talegón, Beatriz (21 de novembro de 2018). "Expulsión de Rufián: Lo que realmente ha sucedido en el hemiciclo". diario16.com (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  16. Redacción (18 de maio de 2021). "Rufián usa el debate de la 'ley trans' para hacer burla de las creencias de los católicos". elindependiente.com (en castelán). Consultado o 12 de xuño de2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar