Gösta Mittag-Leffler

matemático sueco

Magnus Gustav (Gösta) Mittag-Leffler, nado o 16 de marzo de 1846 en Estocolmo e finado o 7 de xullo de 1927[1][2] en Djursholm (Estocolmo), foi un matemático sueco.

Infotaula de personaGösta Mittag-Leffler

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(sv) Magnus Gustaf (Gösta) Mittag-Leffler Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Magnus Gustaf Mittag-Leffler Editar o valor em Wikidata
16 de marzo de 1846 Editar o valor em Wikidata
Estocolmo, Suecia Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xullo de 1927 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Djursholm, Suecia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaDjursholms Begravningsplats (en) Traducir, 02 EKEN 90 (1927–) 59°24′26″N 18°02′11″L / 59.407124, 18.036502 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Uppsala Editar o valor em Wikidata
Tese académicaOm skiljandet af rötterna till en synektisk funktion af en variabel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1872 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseGöran Dillner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Estocolmo Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosIvar Bendixson (pt) Traducir e Lars Edvard Phragmén (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoErik Ivar Fredholm (pt) Traducir, Axel Johannes Malmquist (en) Traducir, Helge von Koch (pt) Traducir, Emil Stenberg (en) Traducir e Hjalmar Mellin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSigne Mittag Leffler (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisOlof Leffler (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Gustava Wilhelmina Mittag (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAnne Charlotte Leffler (en) Traducir, Frits Läffler (en) Traducir e Artur Leffler (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesGaetano Del Pezzo (pt) Traducir (sobriño)
Pasquale del Pezzo (pt) Traducir (cuñado) Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Mittag-Leffler-1

Traxectoria editar

Mittag-Leffler naceu en Estocolmo. Era fillo dun director de escola e tamén deputada da cámara baixa sueca[3], John Olof Leffler, e de Gustava Wilhelmina Mittag, cuxo apelido engadiría ao apelido paterno. A súa irmá foi a escritora Anne Charlotte Leffler. Matriculouse na Universidade de Uppsala en 1865, e conseguiu o doutoramento en 1872 por un traballo sobre a teoría da función analítica[4] polo que comezou ese mesmo ano a docencia nesa mesma universidade. Tamén foi director da Stockholm Nation entre 1872 e 1873.

En 1873, con 27 anos, mudouse a París para seguir os cursos de Charles Hermite cuxa reputación como matemático era moi recoñecida, quen lle aconsellou que fora a Berlín aos cursos de Weierstrass. Con este último levou a cabo importantes traballos sobre a análise complexa e series de funcións. Continuou o traballo de Joseph Liouville, un teorema de descomposición de funcións meromorfas que leva o nome deste. Despois chegou estableceu o seu propio teorema sobre a representación de funcións uniformes mediante series polinómicas.

Posteriormente, conseguiu a cátedra de matemáticas na universidade Alexandre de Helsingfors, hoxe universidade de Helsinqui, que desempeñou entre 1877 e 1881. Marchou á universidade de Estocolmo, onde creou a cátedra de matemáticas en 1878 e conde foi reitor en dúas ocasións.[3]

 
Imaxe dun exemplar de 1886 da revista Acta Mathematica.

En 1882, creou a revista Acta Mathematica da que sería redactor xefe durante preto de 45 anos. Nela, contou co patrocinio do rei Óscar II de Suecia e tamén empregou parte da fortuna da súa esposa Signe Linfords, filla dunha rica familia finlandesa. Será a fonte de publicación de moitos dos grandes matemáticos da época, como o Cantor ou Sofía Kowalewska. Foi grazas a Mittag-Leffler e Weierstrass que Kowalewska puido ser coñecida e, en particular, obter unha cátedra de matemáticas -en 1883- na universidade de Estocolmo[2][5]. En xaneiro de 1889, participou como xurado no concurso de matemáticas internacional, organizado polo rei Óscar II.

Foi membro da Real Academia das Ciencias de Suecia dende 1883, da Sociedade Finlandesa das Ciencias e as Letras dende 1878, da Real Sociedade Sueca das Ciencias en Uppsala, da Real Sociedade Xeográfica Sueca en Lund dende 1906 e de aproximadamente 30 sociedades estranxeiras entre as que destacan a Royal Society de Londres (1896) e a Academia Francesa das Ciencias de París. Recibiu doutoramento honoris causa de varias universidades como a Universidade de Oxford, Boloña ou Cambridge entre outras[3].

Reuniu unha importante biblioteca de textos matemáticas na súa casa en Djursholm, nas aforas Estocolmo. Tanto a casa como a biblioteca foron doadas, en 1916, por Mittag-Leffler e a súa muller á Academia Sueca de Ciencias[1] para crear unha fundación para promover as matemáticas nos países escandinavos. Posteriormente, renomeouse como Instituto Matemático Mittag-Leffler.[2]

Durante moito tempo especulouse que Mittag-Leffler foi o causante da inexistencia do premio Nobel de matemáticas ao ter unha aventura amorosa coa muller de Alfred Nobel ou cunha italiana pola que competían os dous.[6] Hoxe en día, rexéitase esa a idea entre outras cousas polo feito de que Nobel non casou nunca[7] e atribúese quizais ao feito de que Nobel non consideraba que a ciencia teórica puidese mellorar o mundo como era a súa intención.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. "Biografía de Gösta_Mittag-Leffler". MacTutor History of Mathematics archive. Consultado o 30-07-2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Magnus Gösta Mittag-Leffler". Encyclopedia Brittanica. Consultado o 30-07-2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Mittag-Leffler, Magnus Gustaf (Gösta)". Encyclopedia.com. Consultado o 30-07-2017. 
  4. "Historia do Instituto Mittag-Leffler". Instituto Mittag-Leffler. Consultado o 30-07-2017. 
  5. "Gösta Mittag-Leffler, el hombre que no tenía miedo al genio femenino". Principia. Consultado o 30-07-2017. 
  6. Isaza, José Fernando (2-12-2009). "Medalla Fields". El espectador. Arquivado dende o orixinal o 31-07-2017. Consultado o 30-07-2017. 
  7. "El matemático feminista". XLSemanal. Consultado o 30-07-2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar