Gómez Manrique foi un eclesiástico castelán pertencente á poderosa familia palentina dos Manriques de Lara, bispo de Palencia,[1] bispo de Tui[Cómpre referencia] (1348-1351), arcebispo de Santiago de Compostela (1351-1362) e arcebispo de Toledo (1362-1375).[2]

Infotaula de personaGómez Manrique
Biografía
Morte19 de decembro de 1375 Editar o valor em Wikidata
Toledo Editar o valor em Wikidata
Arcebispo de Toledo
2 de maio de 1362 –
← Vasco Fernandes de Toledo (pt) TraducirPedro Tenorio →
Arcebispo de Santiago de Compostela
8 de xuño de 1351 –
← Gonzalo Aguilar Hinojosa (en) TraducirÁlvaro de Isorna →
Bispo de Tui
18 de agosto de 1348 –
← Garcia Prego (en) TraducirJuan de Castro (en) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiPedro Manrique de Lara, 4º senhor de Amusco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Pedro Ruiz Manrique de Lara (1270-1323), IV Señor de Amusco, e de Teresa Rodríguez de Sotomayor (nada c. 1310). Os seus irmáns foron Garci Fernández Manrique de Lara (c. 1305-1362), V Señor de Amusco e Pedro Manrique.

A súa nai casou en segundas nupcias con Garcilaso I de la Vega (1280-1328), chanceler do rei Afonso XI de Castela. Deste segundo matrimonio nacería a súa medioirmá Elvira Lasso de la Vega (nada c. 1325).

En 1367, no decurso da guerra polo trono de Castela entre Pedro I e Henrique II, despois da batalla de Nájera, foxe de Burgos para dirixirse ao Reino de Aragón na compañía do arcebispo de Zaragoza e da muller e fillos de Henrique II.[3]

Arcebispo de Toledo editar

En 1369, ao pouco da morte de Pedro I e tras un duro cerco, o arcebispo Gómez Manrique e os nobres de Toledo entregaron a cidade a Henrique II (a cambio de que se restitúan todas as posesións que antano foron dela, como Puebla de Alcocer). Un decreto real confiscou os bens dos xudeus de Toledo e auméntalles os tributos.

O 23 de xuño de 1369 Gómez Manrique conseguiu que o rei Henrique II doe a cidade de Talavera de la Reina con todas as súas aldeas ao arcebispado de Toledo, a cambio da vila de Alcázar.[4]

Predecesor:
García
Bispo de Tui[Cómpre referencia]
1348 - 1351
Sucesor:
Xoán de Castro
Predecesor:
Gonzalo de Aguilar
Arcebispo de Santiago de Compostela
13511362
Sucesor:
Sueiro Gómez de Toledo
Predecesor:
Vasco Fernández de Toledo
Arcebispo de Toledo
13621375
Sucesor:
Pedro Tenorio

Notas editar

  1. "Documentos arcebispais no Tombo H da catedral de Santiago: Gómez Manrique e Lopo de Mendoza". Estudios Gallegos. Consultado o 13 de xullo do 2016. 
  2. "Los arzobispos de Toledo". Archidiócesis de Toledo. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2016. Consultado o 13 de xullo de 2016. 
  3. "Colección de las crónicas y memorias de los reyes de Castilla". Consultado o 13 de xullo de 2016. 
  4. Historia de Talavera de la Reina. Consultado o 24/3/2013 (en castelán).