Gómez García

trobador castelán do século XIII

Gómez García ou Gómez García de Toledo foi un clérigo e trobador castelán do século XIII.[1]

Infotaula de personaGómez García
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Toledo e pertence á familia dos Sotomayor. Sábese que tivo, polo menos, dous irmáns (Alfonso García e María García).[2] Ocupou os cargos de privado do infante Sancho, abade de Valladolid e notario do reino de León. Tomou parte a favor de Sancho IV nas súas disputas co seu pai Afonso X en 1282 até o falecemento do monarca, momento no que se coroa definitivamente a Sancho IV, alcanzando o seu maior poder político até ser considerado como o auténtico privado do rei por estudosos como Mercedes Gaibrois.[1] Gómez García tamén foi proposto para ser bispo de Mondoñedo en 1286, época na que parece que xa non gozaba de tanta confianza por parte do rei. Falece o 29 de xullo dese mesmo ano.[3]

Obra editar

Consérvanse dúas cantigas de amor recollidas tanto no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa como no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana.[4]

Notas editar