Mehmet Sulaymān Fuzūlī, coñecido como Fuzûlî (en persa: فضولی; en árabe: محمد بن سليمان; en turco: Mehmet bin Süleyman, nado en Karbala arredor de 1494 e finado na mesma cidade en 1556, foi un poeta, considerado como un dos máis grandes contribuidores á tradición do Dîvân na literatura turca.[1] Fuzûlî escribía estes poemas en tres linguas diferentes: azarí, persa e árabe. Aínda que estas obras fosen escritas en azarí, tamén se incorporaron ás tradicións literarias chagatai e otomá.

Infotaula de personaFuzûlî

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(az) Məhəmməd Füzuli
(az) Məhəmməd Süleyman oğlu
(azb) مَحمد سلیمان اوغلو Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1483 Editar o valor em Wikidata
Bagdad (Aq Qoyunlu) Editar o valor em Wikidata
Morte1556 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Karbala (Imperio Otomán) Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePeste Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAq Qoyunlu
Império Safávida (pt) Traducir
Imperio Otomán Editar o valor em Wikidata
RelixiónXiísmo e Sunnismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioفضولي Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua azerí, árabe, lingua persa e lingua turca Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosFazlî (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 4c43ae06-03c2-4add-830b-88a241d123d7 Editar o valor em Wikidata

Fuzûlî era xií e de educación refinada; iniciouse na poesía co matnawî Beng-ü-Bâde ("O haxix e o viño"), dedicado ao Shah Ismâ'îl cando ocupou Bagdad en 1508. Cando Solimán o Magnífico conquistou Iraq en 1534 compuxo poesías na súa honra, que lle valeron a protección do novo goberno otomán. Ademais da súa produción en turco, é autor dunha excelente colección de poemas en árabe (Matla 'al-i'tiqâd) e de numerosas obras en persa menos importantes.[2]

Obra seleccionada editar

Obras en azarí
 
Manuscrito de Hadiqat al-Su`ada ("Xardín dos benditos"), 1602-3 C.E. Museo de Brooklyn
  • Dîvân ("Poemas compilados")
  • Beng ü Bâde (بنگ و باده; "Haxix e viño")
  • Hadîkat üs-Süedâ (حديقت السعداء; "Xardín de placeres")
  • Dâstân-ı Leylî vü Mecnûn (داستان ليلى و مجنون; "A épica de Layla e Majnun")
  • Risâle-i Muammeyât (رسال ﻤﻌﻤيات; "Tratado das adiviñas")
  • Şikâyetnâme (شکايت نامه; "Queixa")
Obras en persa
  • Dîvân ("Poemas compilados")
  • Anîs ol-qalb (انیس القلب; "Amigo do corazón")
  • Haft Jâm (هفت جام; "Sete cálices")
  • Rend va Zâhed (رند و زاهد; "Hedonista e asceta")
  • Resâle-e Muammeyât (رسال ﻤﻌﻤيات; "Tratado das adiviñas")
  • Sehhat o Ma'ruz (صحت و معروض; "Saúde e enfermidade")
Obras en árabe
  • Dīwān ("Poemas compilados")
  • Maṭla‘ ul-I‘tiqādi (مطلع الاﻋﺘﻘﺎد; "O nacemento da fe")

Honras editar

En 1959, unha localidade e o raion asociado en Acerbaixán foron renomeados co seu nome.[3]

En 1996 o Banco Nacional de Acerbaixán emitiou moedas conmemorativas de 100 (ouro) e 50 (prata) manats dedicadas ao quinto centenario da vida e as actividades de Fuzûlî.[4]

Notas editar

  1. "Fuzuli, Mehmed bin Süleyman" en Encyclopædia Britannica
  2. Gran Enciclopèdia Catalana: Mehmet Sulaymān Fuzūlī
  3. "Физули (город в Азербайджанской ССР)". cultinfo.ru (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2007. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  4. Central Bank of Azerbaijan Arquivado 14 de marzo de 2010 en Wayback Machine.. Commemorative coins. Coins produced within 1992-2010 Arquivado 19 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.: Gold and silver coins dedicated to memory of Mahammad Fuzuli. – Consultado o 25 de febreiro de 2010.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar