Fuso neuromuscular

Os fusos neuromusculares son receptores sensoriais situados no interior do ventre muscular que detectan cambios na lonxitude do músculo.[1]

Fuso neuromuscular de mamífero mostrando a posición típica do músculo (esquerda), as conexións neuronais na medula espiñal (centro) e un esquema expandido (dereita). Versión animada.

Transmiten a información sobre a lonxitude do músculo ao sistema nervioso central a través de neuronas sensoriais, e esta información pode ser procesada no cerebro para determinar a posición das partes do corpo.

A resposta dos fusos neuromusculares na lonxitude tamén ten unha función importante na regulación da contracción dos músculos, activando as neuronas eferentes ou motoneuronas a través del reflexo de estiramento para resistir a forza do músculo.

Notas editar

  1. Arthur C. Guyton & John E. Hall (2011): Tratado de fisiología médica. Barcelona: Elsevier España, S. L. ISBN 978-84-8086-819-8.

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.