Furafollas pequeno

O furafollas pequeno (Sorex minutus) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Soricidae amplamente distribuída por Europa, estando presente dende Irlanda e a Península Ibérica ata Rusia. A súa pelaxe é de cor marrón escura no lombo, que pasa gradualmente a marrón claro na zona ventral. A lonxitude de testa e corpo é duns seis centímetros, sendo a cola dunhas tres cuartas partes desa lonxitude. O peso non excede os seis gramos. Ten as puntas dos dentes de cor vermella.

Furafollas pequeno
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Soricomorpha
Familia: Soricidae
Subfamilia: Soricinae
Tribo: Soricini
Xénero: Sorex
Subxénero: Sorex (Sorex)
Especie: S. minutus
Nome binomial
Sorex minutus
Linnaeus, 1766
Distribución Sorex minutus
Distribución Sorex minutus

Distribución Sorex minutus

(Vexa o mapa de distribución en Galicia abaixo do modelo)

Hábitat e distribución editar

Habita en zonas de vexetación eurosiberiana, principalmente carballeiras, faiais, e as matogueiras de substitución destes, aínda que tamén se localiza en carrasqueiras, penedías e matogueiras de alta montaña. Está ausente en zonas con precipitacións por baixo dos 700 mm. Altitudinalmente atópase entre os 400 e os 2.000 metros.

Situación editar

Non parece atoparse ameazada, pero convén ter en conta o reducido da súa área de distribución e o illamento xeográfico dalgunhas poboacións.

Notas editar

  1. Insectivore Specialist Group (1996). Sorex minutus. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 2006-5-12.Database entry includes a brief justification of why this species is of least concern

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Delibes de Castro, Miguel; Juan Carlos Velasco Marcos, Miguel Lizana Avia, Jacinto Román Sancho, Jesús Fernández Gutiérrez, Carlos Sánchez Alonso (2005). Guía de los peces, anfibios, reptiles y mamíferos de Castilla y León. Náyade editorial. ISBN 84-933730-1-X.