Fundación José Saramago

A Fundación José Saramago é unha institución cultural privada con sede na Casa dos Bicos, na cidade de Lisboa, aínda que tamén conta cunha delegación en Azinhaga, vila natal do escritor José Saramago. Constituída polo propio escritor en xuño de 2007, ten como obxectivos a defensa e difusión da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a promoción da cultura en Portugal e no mundo, e a defensa do medio ambiente[1].

Fundación José Saramago
Tipofundación
Data de fundación2007
Fundador(es)José Saramago
SedeLisboa
EnLisboa
PaísPortugal
Na rede
http://www.josesaramago.org/
editar datos en Wikidata ]

A Casa dos Bicos, sede da institución, ofrece unha exposición permanente adicada á vida e obra de José Saramago, titulada A semente e os frutos, así como outras actividades culturais como presentacións de libros, representacións de obras de teatro, concertos, conferencias e coloquios.

En Tías, Lanzarote, pódese visitar A Casa José Saramago, residencia do escritor e Pilar del Río ata 2010.

Notas editar

  1. "Estatutos de la Fundaçión José Saramago" (PDF). 29 de xuño de 2007. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar