Full Metal Jacket

película de Stanley Kubrick

Full Metal Jacket é a penúltima película de Stanley Kubrick baseada na novela The Short-Timers de Gustav Hasford, contén a súa visión moi persoal do conflito de Vietnam. A película foi aclamada pola crítica e o público, a pesar da súa notable dose de violencia.

Full Metal Jacket
Ficha técnica
Título orixinalFull Metal Jacket
DirectorStanley Kubrick
ProdutorStanley Kubrick
Jan Harlan
GuiónStanley Kubrick
Michael Herr
Gustav Hasford
Novela:
Gustav Hasford
IntérpretesMatthew Modine
Adam Baldwin
Vincent D'Onofrio
R. Lee Ermey
MúsicaVivian Kubrick
FotografíaDouglas Milsome
MontaxeMartin Hunter
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
Estrea26 de xuño de 1987
Duración116 min.
OrixeEstados Unidos
Reino Unido
Orzamento$17 000 000 (estimado)
Na rede
IMDB: tt0093058 Filmaffinity: 462892 Allocine: 2749 Rottentomatoes: m/full_metal_jacket Mojo: fullmetaljacket Allmovie: v18878 TCM: 75816 Metacritic: movie/full-metal-jacket TV.com: movies/full-metal-jacket Netlix: 528677Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

A cinta está claramente dividida en dúas partes: a primeira no campo de adestramento dun pelotón do Corpo de Marines dos Estados Unidos que se preparan para a guerra; a segunda é xa propiamente o campo de batalla en Vietnam. No primeiro segmento de película, Kubrick céntrase en tres personaxes: o sarxento Hartman (interpretado, cunha extensa e ofensiva linguaxe, polo militar real R. Le Ermey) e os soldados Pyle (Vincent D'Onofrio) e Joker (Matthew Modine), o primeiro un cadete gordo e torpe. Na segunda parte, os soldados, feitos "máquinas para matar", atópanse xa na guerra, sendo Joker un correspondente de guerra.

Comentarios editar

Con referencias ás películas de John Wayne, á cultura pop norteamericana da década de 1960 e ata ó club de Mickey Mouse, Kubrick converteu Full Metal Jacket nunha película de culto. Estreada só uns meses logo da tamén épica de Vietnam, Platoon de Oliver Stone, a película céntrase máis nos personaxes e nas súas relacións. A cámara segue incesantemente o sarxento en toda a primeira metade da cinta, dando un toque de realismo á posta en escena. A cámara en man tamén segue os soldados na segunda parte, mentres se enfrontan a un desapiadado francotirador.

Orixe do título editar

O título orixinal Full Metal Jacket fai referencia ó tipo de munición habitual nas armas persoais de guerra, como rifles de asalto, pistolas, e metralladoras. É a típica bala redondeada usada en armas curtas, como 9 mm ou cal. 38; ou ben puntiaguda como o calibre 7.62×51mm OTAN, munición do M-14 e o M-16 usados polo Exército dos Estados Unidos en Vietnam, co que na sociedade dos Estados Unidos, tan habituada ó uso de armas e familiarizados con estas, o título é unha "chiscadela" que xa dá pistas do contido da película.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar