Fuji Speedway é o actual circuíto de Fórmula 1 do Xapón, que se atopa en Shizuoka, ao pé do Monte Fuji. Comprouno Toyota Motor Corporation no ano 2000. Desde o ano 2007 alberga novamente o Gran Premio de Fórmula 1, realizándose a finais de setembro, baixo o nome de "2007 FIA Formula One World Championship Fuji Television Japanese Grand Prix".

Fuji Speedway
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras
Localización Oyama, Distrito Suntō, Prefectura de Shizuoka, Xapón
Lonxitude 4,563 km.
Curvas 16
Volta rápida (2008) 1:18.426
Piloto récord Felipe Massa
Escudería récord Ferrari
Coordenadas Coordenadas: 35°22′18″N 138°55′36″L / 35.371666666667, 138.92666666667
Vista do Circuíto
Tribuna do Fuji Speedway

A pista foi deseñada para ser unha pista de carreiras enorme, de 33,3 km cunha largada de 10 km pero non houbo suficiente orzamento para completar o proxecto, e só foi deseñada unha oitava parte. O circuíto abriu as súas portas en decembro de 1965, e demostrouse que era unha pista perigosa, xa que nela déronse moitos casos de accidentes. Por mor disto, construíron unha nova parte do circuíto, e finalmente quedou coa lonxitude de 4,359 Km, e mellorou significativamente o seu estado. A primeira carreira de Fórmula 1 que se disputou nesta pista foi ao final da tempada de 1976. Naquela carreira púidose ver unha dramática loita entre James Hunt e Niki Lauda cunhas condicións climáticas pésimas. Ao final, Mario Andretti gañou a carreira, Lauda tivo que retirarse debido ao mal tempo e Hunt logrou conseguir os puntos suficientes para adxudicarse matematicamente o título de campión do mundo.

Con todo, non se festexou do mesmo xeito a segunda carreira, que tivo lugar en 1977. Naquela sinistra carreira, Gilles Villeneuve estivo involucrado nunha tráxica colisión que matou a dúas persoas que estaban preto da pista. Logo desta carreira, o circuíto xa non volveu presenciar ningunha carreira de F1. Dez anos máis tarde, a organización da F1 volveu permitir ao Xapón ser o anfitrión dun Gran Premio, pero esta vez o circuíto pasou a ser Suzuka.

Fuji Speedway continuou albergando campionatos e carreiras de coches deportivos, e moitas veces utilizouse para carreiras nacionais. A velocidade continuou sendo moi elevada, e por iso tivéronse que engadir dúas chicanes ao circuíto, unha xusto logo da primeira curva, e outra antes de entrar ao larguísimo e rapidísimo tramo final. Con todo, estes cambios non puideron evitar que o circuíto seguise tendo unha das rectas máis longas de todo o mundo, con 1,3 Km de lonxitude.

Esta recta úsase ás veces para as carreiras de arrancóns. En 1989 e en 1993 producíronse eventos importantes deste tipo. As carreiras locais son tamén moi correntes. O circuíto continua usándose para carreiras nacionais xaponesas. En 1991 o circuíto deixou de ter utilidade, ata outono do 2000, ano no que Toyota decidiu comprar a pista.

En 2003, o circuíto pechouse para poder realizar unha reestruturación da pista, seguindo o deseño de Hermann Tilke. Logo disto, a pista volveuse a abrir o 10 de abril de 2005. Toyota realizou a proposta de utilizar o circuíto remodelado de Fuji para o Gran Premio do Xapón na tempada de 2007, e desta forma substituír así o de Suzuka.

O circuíto é moi coñecido polos amantes do Pole Position dado que foi o primeiro circuíto que apareceu nun videoxogo.

Curvas editar

  1. 第一コーナー / First Corner 27R / Primeira Curva 27R
  2. 75R
  3. コカ・コーラコーナー / Coca Cola Corner 80R / Curva Coca Cola 80R
  4. 100R
  5. ヘアピンコーナー / Hairpin Corner 30R / Curva Hairpin 30R
  6. 120R
  7. 300R
  8. ダンロップコーナー / Dunlop Corner 15R / Curva Dunlop 15R
  9. 30R
  10. 45R
  11. ネッツコーナー / Netz Corner 25R / Curva Netz 25R
  12. パナソニックコーナー / Panasonic Corner 12R / Curva Panasonic 12R

Aparicións en videoxogos editar

  • En Gran Turismo 4, pódese transitar tanto polo trazado antigo sen chicane (1974-85), como polo actual con chicane (1986-92) e no máis novo de 2005 nas súas dúas versións, con chicanes e sen chicanes.
  • No TOCA Race Driver pódese circular polo trazado na súa versión máis nova de 1993-2004.
  • No Tourist Trophy tamén se pode percorrer o circuíto.

Todos os gañadores de Fórmula 1,no circuíto de Fuji editar

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1976   Mario Andretti Lotus-Ford 1:43:58,860 h 4´359 km 73 183´615 km/h 24. outubro   Xapón
1977   James Hunt McLaren-Ford 1:31:51,680 h 4´359 km 73 207´840 km/h 23. outubro
2007   Lewis Hamilton McLaren-Mercedes 2:00:34,579 h 4´563 km 67 152´130 km/h 30. setembro
2008   Fernando Alonso Renault 1:30:21,842 h 4´563 km 67 202´790 km/h 12. outubro

Ligazóns externas editar