Fronte Popular (Francia)

A Fronte Popular de Francia (en francés, Front Populaire) foi unha coalición de partidos políticos de esquerda que gobernou entre 1936 e 1938. Estaba formado polo Partido Comunista Francés, a Sección Francesa da Internacional Obreira (SFIO, socialistas) e o Partido Radical, aos que se sumaron movementos formados en gran medida por intelectuais como a Liga dos Dereitos do Home, o Movemento contra a Guerra e o Fascismo e o Comité de Vixilancia dos Intelectuais Antifascistas.

Fronte Popular
Tipopartido político
Data de fundación1935
Data de disolución1938
SedeParís
PaísFrancia
editar datos en Wikidata ]

O xefe do goberno da Fronte Popular foi Léon Blum, líder da SFIO. O seu goberno foi o primeiro en ter mulleres (3 en total) mentres elas aínda non tiñan o dereito a votar.

Baixo este goberno foron asinados os acordos de Matignon que recoñeceron o dereito sindical e aumentaron os soldos nunha media de 12%. Pouco despois, unha lei instaurou as primeiras vacacións pagadas de 15 días mentres outra estableceu a 40 horas a duración da semana de traballo legal (antes era de 48 horas semanais).