Froilán II

Rei de Galiza
(Redirección desde «Froila II»)

Froilán II[1] (en castelán e asturiano Fruela, tamén chamado Froila) foi señor de Asturias entre 910 e 924, e rei de toda Galiza[2][3] desde 924 ata 925[4].

Infotaula de personaFroilán II

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento874 Editar o valor em Wikidata
Oviedo Editar o valor em Wikidata
Morteagosto de 925 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
provincia de León Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Lepra Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCatedral de León Editar o valor em Wikidata
Monarca do Reino de León
924 – 925
← Ordoño II de Galicia e LeónAfonso Froilaz →
Monarca do Reino de Asturias
910 – 924
← Afonso III de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Asturias Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei de Asturias
Rei de León Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor em Wikidata
CónxuxeUrraca de Tolède (en) Traducir (917–925)
Nunilona Ximena (910–917) Editar o valor em Wikidata
FillosAfonso Froilaz
 () Nunilona Ximena Editar o valor em Wikidata
PaisAfonso III de Oviedo Editar o valor em Wikidata  e Ximena Garcés Editar o valor em Wikidata
IrmánsOrdoño II de Galicia e León e García I de León Editar o valor em Wikidata

WikiTree: León-121

Traxectoria editar

Gobernou Asturias tras a morte de seu pai, Afonso III, e en 924, ao morrer seu irmán Ordoño II (co cal, ademais de co seu outro irmán García, conspirara para lle arrebatar o trono a seu pai), foi posto no trono na cidade de León pola nobreza e o clero, que viron nel lexitimidade suficiente, ao señor fillo de Afonso III, e irmán do finado Ordoño II.

Casou antes de 911 con súa curmá a raíña Nomilia Ximenes (tamén coñecida como Nunilo Jimena) filla do rei de Navarra Sancho Garcés e da súa muller a raíña Toda Aznárez de Aragón. Após a súa morte, o seu fillo e herdeiro Afonso Froilaz foi desposado do trono por Afonso IV, o fillo do seu irmán Ordoño II.

Tivo catro fillos:

  1. Afonso Froilaz, con Dª. Nomilia.
  2. Ordoño Froilaz, con Dª. Urraca.
  3. Ramiro Froilaz, con Dª. Urraca.
  4. Aznar Fuela, fillo bastardo.

Ascendencia editar

Notas editar

  1. López Carreira, A. (2003). Os reis de Galicia. A Nosa Terra. p. 86-87. ISBN 9788496203273. 
  2. López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. p. 228. este ano faleceu o tirano Froila, principe dos galegos (citando a Ibn Haián e al-Razí) 
  3. Carriedo Tejedo, Manuel (2019). "Gallaecia y Galicia (1)" (PDF). Rudesindus (en castelán) (12). el tirano Fruela,señor de Galicia (citando a al-Nasir) 
  4. Outros historiadores prefiren diferenciar entre reino de Galiza e o de León, en troques de usar o termo "rei de toda Galiza".

Véxase tamén editar

  Os reis e as raíñas da Galiza.
  Froila II, Afonso Froilaz, Sancho I e Afonso IV. Uns reis en tempos de inestabilidade.
(Nós Diario, 26.09.2022)

Outros artigos editar

Reino de Galiza

Segue a:
Ordoño II
Froilán II
Precede a:
Afonso Froilaz