Frodo Bulseiro (Frodo Baggins no orixinal), é un dos personaxes principais da novela O Señor dos Aneis de John Ronald Reuel Tolkien. Chamado "o portador do anel", este hobbit foi o encargado de levar o Anel Único ata o Orodruin (chamado en lingua común Monte do Destino) para destruílo. Posteriormente, deixou a Terra Media nun navío que o levou, xunto a Gandalf o branco, ás Terras Imperecedoiras.

Frodo Bulseiro
Personaxe de O Señor dos Aneis

Frodo.
Creador(es) J. R. R. Tolkien
Información
Nome orixinal Frodo Baggins
Raza Hobbit
Sexo Masculino
Nacemento 22 de setembro de 2968 T. I.
Falecemento Viaxou a Aman
Título Portador do Anel
Familiares Prímula Brandigamo (mai)
Drogo Bulseiro (pai)
Bilbo Bulseiro (tío)
Residencia Vila Bulsa, Hobbiton (A Comarca)
Aman
Perfil en IMDb

Traxectoria editar

O hobbit Frodo Bulseiro, fillo de Drogo Bulseiro e Prímula Brandigamo, naceu o 22 de setembro do ano 2968 da TI. Pasou a súa infancia en Brandilar, vivindo coa familia de súa nai.

Os pais de Frodo morreron cando este tiña 12 anos, nun accidente mentres navegaban nun bote. As causas do accidente son incertas: todo parece indicar que Drogo acabara de cear, e o seu peso fixo afundir a embarcación, se ben algúns pensan que o hobbit empurrou á esposa á auga, e esta agarrouno con ela.

No ano 2989 TI, Frodo é adoptado polo seu tío Bilbo Bulseiro, e marcha a vivir con el a Vila Bulsa. Moi pronto Bilbo realiza os trámites necesarios para converter a Frodo no seu herdeiro, o que causa malestar nos Sacovila-Bulseiro, que agardaban ser os donos de Vila Bulsa cando Bilbo morrese.

O 22 de setembro do ano 3001, Frodo cumpre a maioría de idade (que entre os hobbits é de 33 anos), e pasa á posesión oficial da herdanza de Bilbo. Ese mesmo día, Bilbo cumpre 111 anos e abandona a comarca e viaxa a Valfendido a pasar os seus días alí. Entre a herdanza que Bilbo deixou a Frodo atópase o Anel Único. Gandalf dálle unha leve explicación sobre o poder deste obxecto, e pídelle a Frodo que evite ó máximo o seu uso.

A partir do 3004 TI, Gandalf comeza a facerlle visitas periódicas a Frodo para ter o Anel vixiado. En 3008 TI, Gandalf realiza a súa última visita a Frodo. Para entón, Gandalf xa ten a certeza de que o anel de Frodo é o Anel Único, e advírtelle sobre o perigo que corre ó ter ese anel. Así, acórdase que Frodo viaxará a Valfendido, e levará o Anel ata alí.

O 23 de setembro de 3018, Frodo abandona Vila Bulsa xunto con Merri, Pipin e Sam, internándose no Bosque Vello. Alí, o grupo de hobbits coñece a Tom Bombadil, quen lles brinda a súa axuda para saír da fraga.

O 29 de setembro chegan a Prebe. Na pousada onde pernoctan esa noite, O Poni Rampante, agardábaos Aragorn, quen nese momento preséntase como Alancadas. Gandalf deixáralles unha nota co pousadeiro onde lles informaba que Aragorn os acompañaría ata Valfendido, e o grupo abandona Prebe ó día seguinte.

En Valfendido ten lugar o Consello de Elrond, coa participación de representantes de tódalas razas. A solicitude súa, encoméndaselle a misión de levar o Anel Único ó Monte do Destino e guindalo alí para que sexa destruído. Para axudalo nesta tarefa, establécese A Irmandade do Anel, de 9 membros.

Os membros da Irmandade do Anel son: Gandalf o Gris, Aragorn herdeiro de Elendil, Boromir do reino de Gondor, Legolas fillo de Thranduil, Gimli fillo de Glóin, Merri, Pipin, Sam Gamllí e Frodo Bulseiro como Portador do Anel.

Segundo a novela, Frodo non morreu, senón que se lle concedeu como graza especial, por ser Portador do Anel, poder ir ás Terras Imperecedoiras. Deste modo, abandonou a Terra Media para sempre, no mesmo barco en que o fan Elrond, Galadriel, Bilbo e Gandalf, con destino a Tol Eressëa.

Notas editar

  1. Na triloxía cinematográfica O Señor dos Aneis de Peter Jackson (2001, 2002, 2003), Frodo está interpretado por Elijah Wood.