Frixia (do grego antigo :Φρυγία) foi unha antiga rexión da Asia Menor que ocupaba a maior parte da península de Anatolia, no territorio que actualmente corresponde a Turquía. Estaba rodeado polas fontes do río Sakarya e situada entre as provincias modernas de Afyonkarahisar, Eskişehir e Ancara. Asentáronse no que fora o centro dos dominios hititas xa que estes foron derrotados no século XI a.C. e a poboación reducida á rexión de Capadocia e os montes Tauros mentres tanto pobos procedentes do oeste asolaban o resto da Asia Menor. Estes frixios poderían ser os devanceiros dos xeorxianos. De momento os frixios estableceron un reino na Asia Menor Central que subsistiu ata que foi destruído polos escitas e os seus restos acabaron en mans dos persas en 546 a.C.

Modelo:Xeografía políticaFrixia
Imaxe

Localización
Mapa
 40°N 30°L / 40, 30Coordenadas: 40°N 30°L / 40, 30

Historia editar

Frixia foi conquistada logo da chegada dos Indoeuropeos occidentais, que viñeron a Europa sobre o 1200 a.C., e que deixaron a súa propia marca cultural como expertos artesáns. Era unha rexión rica, de numerosas cidades como Cibira ou Apamea, que estaba situada nas rutas comerciais de Lidia e Caria, que ían cara ao leste. Frixia posuía un gran potencial en agricultura, grazas a que a auga das choivas -que eran moi intensas nas montañas- descendía á cidade. Este potencial permitiu que Frixia desenvolvese un gran reino ao comezo da época arcaica grega. Os seus límites foron un campo de batalla para os persas e os lidios; os romanos e os galos; os árabes e os romanos; os cruzados e os turcos selxúcidas; os otománs e os mongois e para os bizantinos e os turcos. Os monumentos e ruínas abundan en Sakarya.

Como invasores de Tracia, os frixios desempeñaron un papel decisivo na destrución do reino hitita e da caída de Troia. O reino frixio do século VIII e VII a.C. mantivo cerca os seus contactos cos arios no leste e os gregos no oeste. A súa historia é só narrada brevemente por Heródoto, contando o suicidio do pasado rei Midas en Górdion cando caeu ante os cimerios no 696 a.C. Co establecemento dos galos en Frixia do leste, o culto de Cibeles, a deusa nai, estendeuse entre os habitantes da cidade.

Cultura editar

A deusa-nai adorada en Fríxia foi Cibeles. Na súa típica forma fríxia, ela usa un longo vestido con cinto, uns polos ou touca cilíndrica alta e un veo cubrindo o corpo enteiro. A versión máis recente de Cíbeles foi establecida por un discípulo de Fidias, o escultor Agorácrito, e tornouse na imaxe máis largamente adoptada polos seguidores da expansión de Cíbeles, ambas no mundo exeo e en Roma. Móstrase humanizada a pesar de estar entronizada, a súa man descansa sobre un león que a acompaña e a outra suxeitando un timbal.

Ela foi a Gran Nai, Cíbeles, como os grego e romanos a coñecian, que foi orixinalmente adorada nas montañas da Frixia, onde ela era coñecida como Nai da Montaña. Con todo, o seu centro orixinal de adoración era ao norte da Cólquida, que era a casa de Medea, considerada polos gregos como a nai epónima dos medos. Os seus templos eran sempre en montañas ou cavernas e os seus gardiáns eran leóns (ou leopardos) e as súas sacerdotisas tiñan unha afinidade ligada coa natureza.[1]

Os fríxios tamén veneraban o deus Sabazios. Aínda que os grego asociasen Sabazios a Zeus, representacións del, mesmo en épocas romanas, móstrano como un deus cabaleiro. Os seus conflitos coa indíxena deusa-nai, cuxa criatura era o touro lunar, pode ser suposta polo modo que o cabalo de Sabazios pon unha pata na cabeza dun touro, nun relevo romano no museo de Boston.

Fríxia é mencionada tamén no libro Feitos dos Apóstolos na Biblia como un dos lugares visitados por Paulo de Tarso e Silas na segunda viaxe misioneira de Paulo (Actos 16:6).

É tamén mencionada como o lugar de nacemento do fabulista Esopo na pseudobiografia "Vida de Esopo". Fríxia desenvolveu unha avanzada cultura na Idade de Bronce. As antigas tradicións de música grega, derivadas da Fríxia e transmitidas a través das colonias gregas na Anatólia, incluíndo o modo fríxio, foron consideradas o modo pronto para o combate na antiga música grega.

Influencia na música editar

A palabra Frixia relaciónase co modo grego frixio (neste caso "modo" non ten un significado certeiro) e logo utilízase para denominar o modo musical gregoriano Frixio.

A escala que Tolomeo [2] denomina como frixia, corresponde interválicamente ao modo gregoriano homónimo. Unha forma gráfica de ver ao modo frixio é (como en todos os modos gregorianos) a partir da escala natural (sen alteracións). Neste caso é empezando polo Mi. Os dous semitóns deste xeito gregoriano están entre a Tónica e a segunda, e entre a Quinta ou Dominante e a Sexta ou Relativa Menor, dando lugar a unha escala menor. Ten un timbre árabe, e máis tarde utilizouse en España como escala flamenca.

Notas editar

  1. "Goddess.org" (en inglês). 
  2. Tolemaida, Tebaida, c. 85 - Cánope, c. 165; outros autores din c. 100 - c.170

Véxase tamén editar

Outros artigos editar