Friedrich Wilhelm Argelander

astrónomo alemán

Friedrich Wilhelm August Argelander, nado o 22 de marzo de 1799 en Memel (Klaipeda), fillo de pai alemán e nai finlandesa, e finado o 17 de febreiro de 1875, foi un astrónomo prusiano.

Infotaula de personaFriedrich Wilhelm Argelander

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Friedrich Wilhelm August Argelander Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1799 Editar o valor em Wikidata
Klaipeda Editar o valor em Wikidata
Morte17 de febreiro de 1875 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Bonn Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAlter Friedhof Bonn (pt) Traducir 50°44′07″N 7°05′29″L / 50.7353863, 7.091502 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Königsberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseFriedrich Bessel Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía, xeodesia, Fotometría, spherical astronomy (en) Traducir e astronomical observation (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Bonn Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónomo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn
Koenigsberg Observatory (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresFriedrich Bessel Editar o valor em Wikidata
AlumnosWilhelm Julius Förster (pt) Traducir e Adalbert Krüger (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoWilhelm Julius Förster (pt) Traducir, Fredrik Woldstedt (pt) Traducir, Adalbert Krüger (pt) Traducir e Eduard Heis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Premios

WikiTree: Argelander-6 Find a Grave: 13262292 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1817 Argelander comezou a súa educación en ciencias. En 1810 en Königsberg, Friedrich Wilhelm Bessel convertérase no director do observatorio local e era profesor de astronomía na universidade. Argelander estaba moi entusiasmado pola astronomía grazas a Bessel, polo cal converteuse no seu estudante e en 1820 en asistente do observatorio de Königsberg.

Unha vez rematados os seus estudos en 1822, Bessel conseguiulle un traballo en 1823 como observador no observatorio da universidade de Turku (en sueco, Åbo), Finlandia, chamada por aquel entón Academia de Turku. Argelander converteuse no director do observatorio e en 1828 en mestre de astronomía da universidade. Ese mesmo ano a universidade trasladouse a Helsinqui debido a un incendio que destruíra a maior parte dos edificios da universidade de Turku. Antes do traslado estivera traballando no movemento das estrelas, e escribiu os resultados en 1837 no libro Sobre o movemento propio do Sistema Solar.

Entre 1836 e 1837 comezou cos primeiros plans dun observatorio en Bonn, o cal debería ser financiado por Federico Guillerme IV. Durante o período de construción en 1843, Argelander publicou un catálogo de estrelas fixas visibles a simple vista, onde creou un método único para estimar el brillo das estrelas en relación a outras. O catálogo chamouse Uranometria nova, quizais en memoria do atlas estelar Uranometria de Johannes Bayer escrito en 1603. Este método de cálculo tamén o usou para unha colección de 22 estrelas variables coñecidas, publicada en 1850.

Para a determinación do movemento propio do Sistema Solar relacionado ao universo que o rodea, Argelander chegou á conclusión de que non tiña datos suficientes para a resposta correcta de sobre que centro se movían o Sol e as estrelas, se é que había algún. Deste xeito dedicouse a estudar as posicións das estrelas no hemisferio norte dende 1852 en diante. En 11 anos mediu a posición e brillo de 324.198 estrelas entre +90° e –2° de declinación coa axuda do seu asistente Eduard Schönfeld e de Adalbert Krüger, e recolleu estas observacións nun índice numerado por declinación. Este catálogo publicado por vez primeira en 1863 fíxose coñecido como Bonner Durchmusterung (Medición de Bonn, abreviado BD). Foi o último mapa estelar publicado sen usar a fotografía.

No mesmo ano, Argelander fundou a Sociedade Astronómica xunto a Wilhelm Foerster entre outros. O obxectivo desta sociedade era o de realizar un mapa completo do ceo. A sociedade publicou de xeito independente un catálogo de estrelas entre os 80° e –23° de declinación en 1887, contendo preto de 200.000 estrelas, e foi coñecido como Astronomische Gesellschaft Katalog (AGK).

Morreu o dís 17 de febreiro de 1875, á idade de 75 anos. O cráter da Lúa Argelander (cráter)Argelander e o asteroide 1551 Argelander foron chamados así na súa honra.