Friedrich Engels
Friedrich Engels, nado en Barmen (Prusia) o 28 de novembro de 1820 e finado en Londres o 5 de agosto de 1895, foi un empresario, economista e pensador alemán, principal colaborador e coautor da maioría das obras de Karl Marx, xunto co que desenvolveu a teoría comunista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1820 Barmen (Reino de Prusia) |
Morte | 5 de agosto de 1895 (74 anos) Londres |
Causa da morte | Morte natural (Cancro ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Prusia |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade de Berlín |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Lugar de traballo | Estado de Bremen Manchester |
Ocupación | economista , revolucionario , sociólogo , activista polos dereitos das mulleres , escritor , teórico político , filósofo , científico social , xornalista |
Partido político | Liga dos Comunistas |
Membro de | |
Influencias | |
Lingua | Lingua alemá e lingua inglesa |
Compañeiro profesional | Karl Marx: Karl Marx and Friedrich Engels (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Parella | Mary Burns (pt) |
Pais | Friedrich Engels e Elisabeth Franziska Mauritia van Haar (en) |
Cronoloxía | |
marzo de 1933-outubro de 1933 | Queima de livros (pt) |
Traxectoria editar
Engels naceu no seo dunha familia adiñeirada. A pesar disto, debeu abandonar cedo os seus estudos para dedicarse a traballar de dependente. Porén, comezou a estudar de xeito autodidacta no tempo libre que lle concedían o seu traballo e a súa familia. Ao igual que sucede con Marx, a filosofía hegeliana exerce unha grande influencia sobre el. En 1842 coñece a Marx, feito que cambiaría radicalmente a súa concepción das teorías revolucionarias e socialistas existentes até o momento. Nestes anos, tamén, retoma aos seus estudos oficiais, en concreto de economía política. A liña ideolóxica do seu pensamento resúmese en A situación da clase obreira en Inglaterra, que publica en 1844. Neste mesmo ano trasládase a París, onde se entrevista con Marx. A posta en común das súas ideas, moi próximas, lévaos a colaborar definitivamente a partir desa data. Esta amizade perduraría até a morte de Marx en 1883.
Se Marx se ocupou dos aspectos políticos, Engels inclinouse polo estudo da economía política. En colaboración con este publicou A Sagrada Familia, A ideoloxía alemá e o Manifesto do Partido Comunista, obra de gran repercusión nos séculos XIX e XX.
Véxase tamén editar
A Galicitas posúe citas sobre: Friedrich Engels |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Friedrich Engels |