Frieda B. Hennock

avogada estadounidense

Frieda Barkin Hennock, nada o 27 de decembro de 1904 en Kovel e finada o 20 de xuño de 1960 en Nova York, foi unha avogada estadounidense.

Infotaula de personaFrieda B. Hennock
Biografía
Nacemento27 de decembro de 1904 Editar o valor em Wikidata
Kovel, Ucraína (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xuño de 1960 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Imperio Ruso Editar o valor em Wikidata
EducaciónBrooklyn Law School (en) Traducir
Morris High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada , oficial Editar o valor em Wikidata
Membro de

Traxectoria editar

Hennock naceu na Ucraína tsarista nunha familia xudía que emigrou aos Estados Unidos en 1910. En Nova York estudou dereito na Brooklyn Law School e graduouse en 1924. Entre 1926 e 1948 traballou como avogada no Estado de Nova York especializándose en dereito corporativo. En 1948 Harry Truman nomeouna para servir na Comisión Federal de Comunicacións, foi a primeira muller en entrar nela[1], e tivo un papel decisivo na decisión da FCC de asignar canles ás televisións educativas [2], o que sería o xermolo da televisión pública nos Estados Unidos. En 1955 deixou a FCC volvendo ao exercicio da avogacía.

Notas editar