Fridtjof Nansen (F-300)

fragata

Fridtjof Nansen (F-300) é unha serie de cinco buques construídos por Izar (actual Navantia) en Ferrol para a Armada Real de Noruega con denominación F-300. Deseño baseado na Álvaro de Bazán (F-101) da Armada Española.

Fridtjof Nansen (F-300)

Fridtjof Nansen e Helge Ingstad berthed en Oslo, abril de 2010.
Historial
Estaleiro Izar, actual Navantia en Ferrol
Clase F-300
Tipo Fragata
Operador Real Armada de Noruega
Autorizado 23 de xuño de 2000
Posta en grella 2002
Botado 3 de xuño de 2004 (F 310)
Asignado 18 de xaneiro de 2011 (F 314)
Destino Noruega
Características xerais
Desprazamento 5 121 t
Eslora 132 m
Manga 16,8 m
Puntal 9,5 m
Calado 4,9 m
Cubertas 5
Sensores Lockheed Martin AN/SPY-1D 3-D
Blindaxe AH-36 e DH-36, aceiro NV550
Armamento 1 canón de 76 mm OTO Melara Super Rapad
4 metralladoras de 12,70 mm
2 lanzadores dobres de torpedos antisubmarinos Mk 46
1 sistema de lanzamento vertical Mk.41 con 32 celas
8 mísiles superficie-aire Standard SM-2MR Bloque IIIA
*32 mísiles superficie-aire RIM-162 Evolved Sea Sparrow
8 mísiles de cruceiro superficie-superficie RGM-109 Tomahawk
Guerra electrónica radar multifunción Lockheed Martin AN/SPY-1F 3-D
Reutech RSR 210N
Sagem Vigy 20
sonar de casco MRS 2000
Captas MK II V1 sonar activo/pasivo
2 radares de directores de tiro Mark 82
Propulsión Diésel e/ou turbina gas, 2 hélices de 4,2 metros de diámetro de paso variable con 5 palas e 1 motor eléctrico retráctil
Potencia 2 Bazán Bravo 12V 4.5 MW diésel para velocidade de cruceiro
1 turbina de gas GE LM2500 21,5 MW para alta velocidade
4 xeradores Diésel MTU 396 Serie 12 V 1250 kVA
Velocidade 27 nós
Autonomía 4.500 m.n. a 16 nós
Tripulación 120 persoas
Aeronaves 1 Helicóptero medio NH-90
Equipamento aeronaves Cuberta de voo a popa e hangar para un helicóptero.

Sociadade de clasificación: Det Norske Veritas

Proxecto editar

 
Maqueta F100 EXPONAV.

En 1999 o goberno de Noruega iniciou un programa para modernizar as forzas navais do país. Nun concurso internacional aberto presentáronse doce proxectos dos cales foron quedando tres: Alemaña, Países Baixos (Damen) e España (Izar). Estes tres países estaban a definir un proxecto común de fragata, un buque centrado na loita aérea. O proxecto europeo foi abandonado por España ao non estar operativo o sistema defensivo optando polo sistema Aegis norteamericano, xa operativo. O proxecto final presentado á Real Armada de Noruega incluía o sistema Aegis montado nun buque de menor desprazamento que as F-100 da Armada Española. O 29 de febreiro de 2000 foi asinado o contrato por 2375 millóns de euros. O acordo incluía a compra de material militar noruegués por 1325 millóns de euros.

O acordo tamén incluía a construción de dous dos buques en Noruega con asesoramento de Izar. O acordo previo con dous estaleiros noruegueses non chegaría a iniciarse. As peticións dun deles fixeron inviable a fabricación e a creba doutro fixo que todos os buques foran finalmente construídos en Ferrol simultaneando a súa construción coa serie F-100 da Armada Española.

En maio de 2005 morreron catro traballadores do estaleiro nun accidente na construción do Roald Amundsen.[1]

En 2006 a KNM Fridtjof Nansen chegou a Noruega con manchas de óxido no seu casco. Foi acusado o estaleiro de ter pintado de xeito deficiente o buque. Segundo Navantia o erro estaba na selección da pintura norueguesa ao non aceptar a empregada pola Armada Española.[2]

Buques da serie editar

Nome

Numeral

Estaleiro

Iniciado

Botado

Entregado

Indicativo de chamada

Imaxe

KNM Fridtjof Nansen (F310)

F 310 Izar Ferrol 9 de abril de 2003[3] 3 de xuño de 2004 5 de abril de 2006          

KNM Roald Amundsen (F311)

F 311 Izar Ferrol 3 de xuño de 2004 25 de maio de 2005[4] 21 de maio de 2007[5]          

KNM Otto Sverdrup (F312)

F 312 Navantia Ferrol 28 de marzo de 2005[6] 28 de abril de 2006 30 de abril de 2008[7]          

KNM Helge Ingstad (F313)

F 313 Navantia Ferrol 28 de abril de 2006 23 de novembro de 2007[8] 29 de setembro de 2009[9]          

KNM Thor Heyerdahl (F314)

F 314 Navantia Ferrol 10 de marzo de 2008 11 de febreiro de 2009[10][11] 18 de xaneiro de 2011[12]          

Notas editar

  1. "Mueren cuatro trabajadores por asfixia en una fragata que se construye en Ferrol", El País, 12 de maio de 2005 (en castelán).
  2. "El extraño caso de la fragata oxidada: Oslo acusa a Navantia de venderle un buque con manchas de óxido y el astillero culpa a la pintura elegida por los noruegos" Arquivado 16 de xuño de 2018 en Wayback Machine., Belt (en castelán).
  3. Puesta de Quilla de la fragata F-310 Fridtjof Nansen
  4. Botadura de la fragata F-311 «Roald Amundsen» para la Armada de Noruega
  5. Navantia entrega la fragata «Roald Amundsen» a la Armada de Noruega
  6. Puesta de quilla de la fragata F-312 «Otto Sverdrup» para Noruega
  7. Navantia entrega a la Armada noruega la fragata «Otto Sverdrup», tercera unidad de la serie F-310
  8. Botadura de la fragata KNM «Helge Ingstad» en el astillero de Ferrol
  9. "Navantia entrega la fragata F-313 Helge Ingstad a la Marina de Noruega". Infodefensa. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 15 de xuño de 2018. 
  10. "Navantia, obligada a aplazar la botadura de la 5ª fragata de la Armada noruega del próximo lunes por el temporal". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2009. Consultado o 15 de xuño de 2018. 
  11. "Navantia, bota la quinta fragata para Noruega". Navantia. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2016. Consultado o 15 de xuño de 2018. 
  12. "Navantia entrega hoy a la Marina Noruega la última de las cinco fragatas" Arquivado 16 de xuño de 2018 en Wayback Machine., ABC (en castelán).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar