Construcións Navais Paulino Freire (Freire Shipyard) é un estaleiro galego situado na parroquia de Bouzas (Vigo); a súa actividade é a construción, transformación e reparación de todo tipo de buques de casco de aceiro de até 155 metros de eslora.

Freire Shipyard
Instalacións do estaleiro en Bouzas
Tiponegocio e empresa
Data de fundación1895
SedeVigo
PaísGalicia
42°13′29″N 8°44′59″O / 42.224722222222, -8.7497222222222
Na rede
http://www.freireshipyard.com
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O estaleiro foi fundado no ano 1895 por Paulino Freire na parroquia de Bouzas (Vigo), a primeira actividade do estaleiro data de finais do século XIX e principios do século XX; nos seus primeiros anos de actividade o estaleiro dedícase á reparación dos buques da frota pesqueira viguesa (moitos destes buques pertencían ao fundador da empresa Paulino Freire).[1]

No ano 1910 o estaleiro comeza a fabricar máquinas de vapor baixo patente propia.

Durante os anos 20 o estaleiro especializouse na construción de buques pesqueiros de madeira para Portugal; estes buques ademais incluían equipos propulsores e auxiliares de vapor que fabricaba o propio estaleiro.

No ano 1945, ao pouco de rematar a segunda guerra mundial o estaleiro continua coa súa expansión comercial en portos de todo o mundo grazas á empresa de efectos navais Efectos Navales P. Freire.

A mediados do século XX o estaleiro comeza a construír buques en aceiro; sendo o primeiro destes buques Puente Castrelos, cuxa construción se iniciou no ano 1958 e rematou no 1961.

En 1974 debido á forte demanda de buques da época, Freire Shipyard amplía as súas instalacións coa compra da factoría de Coia. No ano 1986 a dirección da empresa decide apostar tamén pola enxeñaría naval e é por iso que o estaleiro incorpora a súa propia oficina técnica.

Durante os anos 80 e principios dos 90; a práctica totalidade das novas construcións do estaleiro foron buques arrastreiros conxeladores, principalmente para armadores de España e Marrocos.

No ano 1999 Freire Shipyard consegue uns dos maiores fitos da súa historia; xa que ese mesmo ano ten lugar a botadura do buque Willem van der Zwan, que cos seus 142 metros de eslora era o maior buque pesqueiro do mundo da época.[2]

A principios do século XXI o estaleiro especialízase na construción de buques patrulleiros (durante eses anos a empresa constrúe tres buques da Clase Chilreu para a Armada Española).

No ano 2011 prodúcese a botadura do iate de luxo Pegaso (posteriormente Naia), o cal é a embarcación de recreo máis grande construída en España.[3]

 
O buque clase HMAS Adelaide (LHD 01) soldado sobre a cuberta da plataforma semi-somerxible MV Blue Marlin (traballo realizado polo estaleiro en decembro de 2013).

En decembro do ano 2013, traballadores do estaleiro efectuaron na Ría de Vigo os traballos de soldadura para a ensamblaxe e apontoamento do casco do buque de clase Canberra HMAS Adelaide (LHD 01) da Real Armada de Australia (construído en Navantia Ferrol) á cuberta do buque plataforma semi-somerxible MV Blue Marlin, para poder realizar o seu traslado a Australia.[4][5][6]

A finais do ano 2014 parte da actividade de Freire Shipyard expándese ao estranxeiro, grazas ao contrato asinado coa Secretaría da Mariña de México, o estaleiro encargarase da construción na cidade de Guaymas Sonora (México) de tres buques abastecedores multipropósito. A tarefa de Freire Shipyard nestas tres construcións, é a da subministración do paquete completo de deseño, materiais e equipos.[7]

No ano 2015 o estaleiro consolídase como o principal construtor naval da Ría de Vigo; asinando diversos contratos para armadores privados e para administracións públicas dos seguintes países: Noruega, Kuwait, Perú, Indonesia e a India. Especializouse sobre todo no deseño e a construción de modernos buques oceanográficos.[8][9][10][11][12][13]

Instalacións editar

Freire Shipyard conta con dúas factorías separadas entre si medio quilómetro (unha en Bouzas e outra en Coia); na factoría que se atopa situada en Bouzas atópase a sede principal da empresa, a oficina técnica, o taller de prefabricado, o taller de tubaxe, o taller de elaboración, un guindastre pórtico e dúas bancadas destinadas ás novas construcións que realiza o estaleiro. E nas instalacións que o estaleiro posúe en Coia; atópanse o taller de aceiros, o taller mecánico, o almacén, dous peiraos de 120 metros de lonxitude e unha bancada varadoiro. Nestas instalacións é onde se realizan os traballos de armado e instalación de equipos nos buques de nova construción tras a súa botadura e tamén é onde se realizan os traballos de reparación e transformación naval en xeral. En total ambas factorías contan cun espazo de 42 000 m².[14]

Accionariado editar

Actualmente o 100 % do accionariado da empresa é de capital privado e segue pertencendo á familia Freire.[15]

Produtos editar

Construcións Navais Paulino Freire dedícase á fabricación de buques e estruturas flotantes de gran tonelaxe. Está especializada principalmente na construción dos seguintes tipos de buques: arrastreiros, atuneiros, buques escola, dragas, goletas, mercantes, oceanográficos, offshore, patrulleiras, portacontedores, remolcadores, sísmicos, iates de luxo, etc.

Outra das actividades importantes do estaleiro á parte das novas construcións, é a reparación e transformación de todo tipo de buques e embarcacións.

Certificacións de Calidade editar

O estaleiro actualmente está en posesión dos seguintes certificados de calidade: ISO 9001, ISO 14001 e a OHSAS 18001.[16]

Premios e recoñecementos editar

No ano 2014 o estaleiro imponse no concurso anual de Buques Destacados 2013 que organizan o Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e a Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de España, polo RRS Discovery; impóndose na final do concurso aos buques construídos polos estaleiros Gondán (Asturias) e Zamakona (País Vasco).[17]

Buques destacados editar

Ao longo de toda a súa historia Freire Shipyard construíu máis de 700 buques, entre os que se poden destacar os seguintes:

  • Arrastreiro Holmøe: encargado pola armadora Holmøe Maritime de Noruega; botado no ano 2015.[18]
  • Oceanográfico RRS Discovery: encargado polo Instituto Británico de Investigación Ambiental; botado no ano 2013 (buque amadrinado pola princesa Ana do Reino Unido).[19]
  • Iate de luxo Pegaso (posteriormente Naia): encargado por Alejandro Burillo Azcárraga de México; botado no ano 2011.[20][21][22]
  • Offshore Polar King: encargado pola armadora Rieber Shipping Bergen de Noruega; botado no ano 2011.[23]
  • Offshore Volstad Surveyor: encargado pola armadora Volstad Shipping AS de Noruega; botado no ano 2010.[24]
  • Oceanográfico Janan RV: encargado pola Universidade de Quatar; botado no ano 2010.[25]
  • Remolcador Svitzer Ramsey: encargado pola armadora Svitzer Marine do Reino Unido; botado no ano 2009.[23]
  • Remolcador Svitzer Caldey: encargado pola armadora Svitzer Marine do Reino Unido; botado no ano 2009.[26]
  • Remolcador Svitzer Lindsway: encargado pola armadora Svitzer Marine do Reino Unido; botado no ano 2008.[27]
  • Portacontedores Tina C: encargado pola armadora Carisbrooke Shipping do Reino Unido; botado no ano 2008.[28]
  • Remolcador Capitaine Albert Ruault: encargado pola armadora Svitzer Marine do Reino Unido; botado no ano 2007.[29]
  • Portacontedores Nicole C: encargado pola armadora Carisbrooke Shipping do Reino Unido; botado no ano 2007.[30]
  • Portacontedores Lauren C: encargado pola armadora Carisbrooke Shipping do Reino Unido; botado no ano 2007.[31]
  • Portacontedores Paula C: encargado pola armadora Carisbrooke Shipping do Reino Unido; botado no ano 2007.[32]
  • Portacontedores Eileen C: encargado pola armadora Carisbrooke Shipping do Reino Unido; botado no ano 2007.[33]
  • Offshore Geowave Commander: encargado pola armadora Wavefield Inseis de Noruega; botado no ano 2006.[34]
  • Oceanográfico Sarmiento de Gamboa: encargado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) de España; botado no ano 2006 (buque amadrinado pola raíña Sofía de Grecia).[35]
  • Atuneiro Draco: encargado pola armadora Albafrigo de España; botado no ano 2006.[36]
  • Patrulleiro Anna Kakurukaze Mungunda: encargado polo Ministerio de Pesca e Asuntos Mariños de Namibia; botado no ano 2004.[37]
  • Patrulleiro Tarifa (P-64): encargado pola Armada Española; botado no ano 2003.
  • Draga Acanto: encargado pola empresa Fomento de Construcciones y Contratas de España; botado no ano 2002.[38]
  • Arrastreiro Manuel Ángel Nores: encargado pola armadora Pesquerías Nores de España; botado no ano 2002.[39]
  • Arrastreiro Novo Alborada: encargado pola armadora Alborada Pesquerías de España; botado no ano 2001.[40]
  • Arrastreiro Akamalik: encargado pola armadora Royal Greenland, A.S. de Islandia; botado no ano 2001.[41]
  • Arrastreiro Willem van der Zwan: encargado pola armadora W. van der Zwan & Z.n.b.v. de Holanda; botado no ano 2000.[42]
  • Patrulleiro Arnomendi (P-63): encargado pola Armada Española; botado no ano 2000 (buque amadrinado pola exministra de Agricultura, Pesca e Alimentación Loyola de Palacio).
  • Remolcador RT Magic: encargado pola armadora Kotug Europe de Holanda; botado no ano 1999.[43]
  • Remolcador RT Spirit: encargado pola armadora Kotug Europe de Holanda; botado no ano 1999.[44]
  • Buque Mercante Conxelador Sierra Leyre: encargado pola armadora Seatrade Groningen de Holanda; botado no ano 1997.[45]
  • Buque Mercante Conxelador Sierra Loba: encargado pola armadora Marítima do Norte de España; botado no ano 1997.[46]
  • Buque Mercante Conxelador Sierra Lara: encargado pola armadora Marítima do Norte de España; botado no ano 1997.[47]
  • Patrulleiro Alborán (P-62): encargado pola Armada Española; botado no ano 1997.
  • Arrastreiro Playa de Barra: encargado pola armadora Grupeixe Empresas Pesqueras de España; botado no ano 1987.[48]
  • Arrastreiro Vieirasa Sete: encargado pola armadora Vieira S.A. de España; botado no ano 1985.[49]
  • Oceanográfico Cornide de Saavedra: encargado polo Instituto Español de Oceanografía (IEO); botado no ano 1982.[50]
  • Arrastreiro Playa de Galicia: encargado pola armadora Pesquerías Marinenses de España; botado no ano 1981.[51]
  • Arrastreiro Tasarte: encargado pola armadora Montelor Pesquera de España; botado no ano 1976.[52]
  • Pesqueiro Islamar III: encargado pola armadora Islamar de España; botado no ano 1971.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Los Freire de Bouzas". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2014. Consultado o 1 de setembro de 2014. 
  2. "1999 Freire entra en la historia de la industria pesquera: Se construye el maior buque pesquero del mundo, el "Willem van der Zwan".". Freire Shipyard. Consultado o 25 de agosto de 2015. 
  3. "El lujo llega en forma de yate". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2015. 
  4. "Soldadores de Freire anclarán el Adelaide para su transporte". Faro de Vigo. Consultado o 5 de xaneiro de 2014. 
  5. "Soldadores de Freire van a anclar el Adelaide para su transporte". Navalia. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 24 de febreiro de 2014. 
  6. "Freire arranca los trabajos de ajuste del «Adelaide»". Consultado o 17 de marzo de 2014. 
  7. "Freire coordinará la construcción de tres buques offshore en México para Pemex". Faro de Vigo. Consultado o 25 de outubro de 2014. 
  8. "Noticias". Freire Shipyard. Consultado o 25 de outubro de 2014. 
  9. "El astillero Freire construirá una goleta para Indonesia". El País. Consultado o 29 de setembro de 2013. 
  10. "El astillero vigués Freire construirá un oceanográfico para Kuwait". Consultado o 5 de xaneiro de 2014. 
  11. "Aclunaga muestra su "inmensa alegría" por el contrato de Freire con Kuwait para hacer un buque de 30 millones". Consultado o 8 de xaneiro de 2014. 
  12. "El retraso del velero indonesio deja a Freire sin carga de trabajo". La voz de Galicia. Consultado o 26 de marzo de 2014. 
  13. "La partida del ´Naia´ deja a Freire sin barcos". Faro de Vigo. Consultado o 3 de abril de 2014. 
  14. "FREIRE SHIPYARD UN ASTILLERO BIEN GESTIONADO QUE SUPO MANTENERSE EN LA CRISIS". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 25 de febreiro de 2014. 
  15. "CONSTRUCCIONES NAVALES P. FREIRE". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2014. Consultado o 25 de febreiro de 2014. 
  16. "FREIRE obtiene el certificado OSHAS 10081 que se suma a sus ya alcanzadas certificaciones ISO 9001 y 14001". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 10 de outubro de 2013. 
  17. "1º Clasificado 2013". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  18. "El "Holmøy" de Freire se hace a la mar". Faro de Vigo. setembro de 2015. Consultado o 1 de setembro de 2015. 
  19. "Botado en Vigo el más avanzado buque oceanográfico del mundo". abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 25 de setembro de 2013. 
  20. "El mexicano Alejandro Azcárraga pide 'mejoras' en su megayate 'Pegaso'". El mundo. 25 de outubro de 2011. Consultado o 25 de setembro de 2013. 
  21. "Película del Súper yate Pegaso construido en Vigo Galicia 2011". www.youtube.com. 30 de decembro de 2012. Consultado o 18 de marzo de 2014. 
  22. "El lujo llega en forma de yate". menorca.info. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 4 de xuño de 2014. 
  23. 23,0 23,1 "Svitzer Ramsey - IMO 9440899" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  24. "Polar King - IMO 9523366" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  25. "Freire Shipbuilding Hands Over RV Janan to Qatar University" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 25 de setembro de 2013. 
  26. "SVITZER CALDEY - IMO 9440887" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  27. "Svitzer Lindsway - IMO 9440758" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  28. "TINA C - IMO 9416331" (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2014. 
  29. "Capitaine Albert Ruault - IMO 9398814" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2015. 
  30. "NICOLE C - IMO 9373541" (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2014. 
  31. "LAUREN C - IMO 9373527" (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2014. 
  32. "Paula C - IMO 9373553" (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2014. 
  33. "EILEEN C - IMO 9373503" (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2014. 
  34. "Buque de Exploración Sismográfica de 98 m. Geowave Commander". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  35. "La Reina amadrina en el Puerto de Vigo la botadura del buque oceanográfico 'Sarmiento de Gamboa'". 31 de xaneiro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 25 de setembro de 2013. 
  36. "Draco - IMO 9335226" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  37. "Anna Kakurukaze Mungunda - IMO 9285603" (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2013. 
  38. "ACANTO - IMO 9281889" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  39. "MANUEL ANGEL NORES - IMO 9281865" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  40. "NOVO ALBORADA - IMO 9242027" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  41. "Akamalik - IMO 9228928" (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2014. 
  42. "WILLEM VAN DER ZWAN SCH302 - IMO 9187306" (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2013. 
  43. "RT MAGIC - IMO 9190066" (en inglés). Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  44. "RT SPIRIT - IMO 9190054" (en inglés). Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  45. "Sierra Leyre - IMO 9135822" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  46. "Sierra Loba - IMO 9120217" (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2013. 
  47. "Sierra Lara - IMO 9120205" (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2013. 
  48. "Playa de Barra - IMO 8701181" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  49. "Vieirasa Siete - IMO 7430591" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  50. "Freire se pone un sobresaliente". La voz de Galicia. 21 de xaneiro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 25 de setembro de 2013. 
  51. "Playa de Galicia - IMO 7813107" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  52. "TASARTE - IMO 7385356" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar