Fredrikstad é un concello e unha cidade de Østfold, Noruega. Cunha poboación de 71.976 habitantes (censo de 2008), Fredrikstad é a meirande cidade de Østfold e a sexta cidade norueguesa máis poboada. Forma unha conurbación coa veciña cidade de Sarpsborg, coñecida como Fredrikstad/Sarpsborg, que aglutinaba 101.698 habitantes en 2009, co que é a quinta maior área metropolitana de Noruega.

Modelo:Xeografía políticaFredrikstad
Imaxe

Nomeado en referencia aFrederico II da Dinamarca e Noruega (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 59°13′00″N 10°57′00″L / 59.21667, 10.95Coordenadas: 59°13′00″N 10°57′00″L / 59.21667, 10.95
EstadoNoruega
Condado da Noruega (pt) TraducirØstfold (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CapitalFredrikstad (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación84.444 (2023) Editar o valor em Wikidata (288,64 hab./km²)
Número de fogares36.335 (2018) Editar o valor em Wikidata
Lingua usadabokmål (målform (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie292,56 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoØstento (en) Traducir (118,9 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1567 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Evento clave
1 de xaneiro de 1867boundary change (en) Traducir
1951boundary change (en) Traducir
1 de xaneiro de 1964boundary change (en) Traducir
1 de xaneiro de 1968boundary change (en) Traducir
1 de xaneiro de 1994boundary change (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJon-Ivar Nygård (2011–2021)
Siri Martinsen (en) Traducir (2021–2023)
Arne Sekkelsten (en) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Zhuzhou (pt) Traducir
Húsavík (pt) Traducir
Karlskoga (municipio)
Kotka (1950–)
Aalborg (1951–)
Aalborg Municipality (en) Traducir (1951–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webfredrikstad.kommune.no Editar o valor em Wikidata
Twitter: Fredrikstadkomm Editar o valor em Wikidata
Catedral de Fredrikstad.

O seu centro histórico é unha das cidades fortificadas mellor conservadas de Norte de Europa. A cidade, fundada en 1567 por Frederico II, tivo nos seus inicios unha importancia defensiva para Noruega, e a comezos do século XX converteuse nun dos maiores centros industriais do país, sendo as súas principais actividades a madeira, a construción naval e a industria química.

Historia editar

Fredrikstad foi fundada en 1567 polo rei Frederico II como unha reconstrución da cidade de Sarpsborg que fora queimada polos suecos durante a Guerra Nórdica dos Sete Anos. A nova cidade localizábase a 15 quilómetros ó sur da orixinal, na desembocadura do río Glomma. A súa proximidade ó mar e ós terreos chans e abertos do seu redor facían máis efectiva a súa defensa. Nun principio foi chamada Sarpsborg, pero o seu nome mudouse polo de Fredrikstad en 1569.

Durante a Guerra de Torstensson (1644-1645) entre Suecia e o Reino de Dinamarca e Noruega, levantouse unha fortificación temporal na cidade. Na década de 1660 esa fortificación fíxose permanente, cando iniciou a construción da fortaleza de Fredrikstad por Willem Coucheron. Dese xeito, a cidade cobrou importancia estratéxica para defender Noruega polo sueste. Malia isto, a súa poboación mantívose escasa en número. En 1635, fundouse un suburbio na ribeira occidental do Glomma, Vestsiden, cuxa poboación medrou máis axiña que a parte vella e en pouco tempo converteuse no centro de gravidade demográfico. A maioría dos edificios da cidade vella foron destruídos por un incendio en 1764.

Durante a fase norueguesa da Gran Guerra do Norte, o almirante Peder Tordenskjold mantivo a súa frota en Fredrikstad para enfrontar ós suecos. Na Guerra Sueco-Noruega de 1814, a cidade foi atacada e a súa fortaleza capitulou o 4 de agosto dese mesmo ano.

En 1860 abolíronse os privilexios de serradoiro, unha medida instaurada no século XVII polo goberno absolutista que limitaba e controlaba estritamente a explotación de madeira. Coa abolición iniciouse un importante crecemento para Fredrikstad, que se especializou na industria da madeira, o que lle valeu o alcume de "a cidade das táboas". A comezos do século XX decaeu a exportación de madeira, e a economía da cidade diversificouse cara a outras industrias, como a de ladrillos, de materiais pétreos e a construción naval, grazas ó seu grande estaleiro. Nun tempo relativamente curto, Fredrikstad transformouse dunha pequena cidade comercial a un dos maiores centros industriais de Noruega.

Cidades irmandadas editar