Frederico Guillerme IV de Prusia

político alemán

Frederico Guillerme IV de Prusia,[1] nado en Berlín o 15 de outubro de 1795 e finado en Potsdam o 2 de xaneiro de 1861, foi o fillo máis vello e sucesor de Frederico Guillerme III, rei de Prusia de 1840 a 1861.

Frederico Guillerme IV
Rei de Prusia

Reinado7 de xuño de 1840
a 2 de xaneiro de 1861
Nacemento15 de outubro de 1795
Kronprinzenpalais, Berlín, Prusia
Falecemento2 de xaneiro de 1861
Potsdam, Prusia
PredecesorFrederico Guillerme III
SucesorGuillerme I
ProxenitoresFrederico Guillerme III de Prusia
Luísa de Mecklemburgo-Strelitz

Na rede
Musicbrainz: 857ac057-0ff5-4123-bf76-9c1f33587026 IMSLP: Category:Friedrich_Wilhelm_IV WikiTree: Hohenzollern-63 Find a Grave: 21736 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Frederico Guillerme ascendeu ao trono de Prusia trala morte do seu pai en 1840. A través dunha unión persoal, tamén pasou a ser o príncipe soberano do Principado de Neuchâtel, hoxe parte de Suíza.[2] Continuou a política reaccionaria empezada polo seu pai. Durante as revolucións de 1848, e a pesar dunha serie de concesións que realizou nun primeiro momento ao movemento revolucionario, cando o parlamento de Frankfurt ofreceulle a coroa imperial de Alemaña, rexeitouna, desbaratando os proxectos liberais para unha monarquía federal e parlamentaria e abrindo paso á reacción conservadora, cuxo símbolo sería a política iniciada por Otto von Bismarck.

Últimos anos e morte editar

Tralas revolucións de 1848, o rei cada vez máis sombrío retirouse da vida pública, rodeándose así mesmo de conselleiros que predicaban a ortodoxia absoluta e o conservadorismo en materia relixiosa e política. Un infarto en 1857 deixou ao rei parcialmente paralizado e incapacitado mentalmente, deste xeito, o seu herdeiro e irmán Guillerme, asumiu o papel de rexente desde 1858 ata a morte de Frederico Guillerme en 1861, ascendendo nese momento ao trono como Guillerme I de Prusia.

Frederico Guillerme está enterrado coa súa dona na cripta da Igrexa da Paz en Potsdam.[2]

Devanceiros editar

Notas editar

  1. "Frederico na Guía de nomes da RAG". academia.gal. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Feldhahn, Ulrich (2011). Kunstverlag Josef Fink, Lindenberg, ed. Die preußischen Könige und Kaiser (German). pp. 21–23. ISBN 978-3-89870-615-5. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Michel Kerautret, Histoire de la Prusse, París, éditions du Seuil,‎ 2005 (ISBN 978-2-7578-1780-3) (en francés)
  • Christopher Clark, Iron kingdom, The rise and fall of Prussia, 1600-1947, Múnic, Pantheon,‎ 2008 (ISBN 978-3-570-55060-1) (en inglés)
  • Lothar Gall, 1848, Aufbruch zur Freiheit, Berlin, Nicolaische Verlag,‎ 1998 (ISBN 3-87584-677-X(en alemán)
  • Dieter Langewiesche, Die deutsche Révolution von 1848/1849, Darmstadt, Wissenschaftliche Buchgesellschaft, coll. « Wege der Forschung »,‎ 1983 (ISBN 3-534-08404-7) (en alemán)

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar