Frans Snyders, nado en Antuerpen, bautizado o 11 de novembro de 1579 e finado na mesma cidade o 19 de agosto de 1657, foi un pintor flamengo do período barroco, especializado en naturezas mortas e escenas de cacería.

Frans Snyders
Nacemento11 de novembro de 1579
Lugar de nacementoAntuerpen
Falecemento19 de agosto de 1657
Lugar de falecementoAntuerpen
NacionalidadePaíses Baixos españois
EtniaPobo flamengo
Ocupaciónpintor e architectural draftsperson
CónxuxeMargareta Snyders
Coñecido porStill Life with Huntsman, Still Life with a Dead Stag e Still life with small game and fruits
editar datos en Wikidata ]
Retrato de Frans Snyders e da súa dona Margaretha de Vos, por Anthonis van Dyck, Gemäldegalerie, Kassel

Vida e obra editar

 
A Despensa, ca. 1620

Primeiros anos editar

Snyders naceu e morreu na súa cidade natal, Antuerpen. En 1593 era aprendiz do pintor Pieter Brueghel o Novo, membro dunha familia de famosos pintores, mais moi de seguido pasou para o obradoiro do mestre Hendrick van Balen, que o foi tamén de Anthonis van Dyck. Snyders mantivo forte relación con van Dyck, quen o retratou máis dunha vez. En 1602 Snyders fíxose membro da confraría de pintores de Antuerpen, a de San Lucas, como mestre.

Viaxe a Italia editar

No ano 1608 marchou a Roma, para o acostumado viaxe de formación en Italia, etapa que se coidaba obrigada para os pintores de orixe fiamenga que tivesen aspiracións de progreso. No ano seguinte, 1609, domiciliouse en Milán, onde estivo ao servizo do cardeal Federico Borromeo.

Madurez editar

Logo de regresar de Italia, en 1610, casou no ano seguinte con Margaretha de Vos, irmá dos pintores Cornelis e Paul de Vos. Entre os seus discípulos de Antuerpen o máis importante foi Jan Fyt, que traballaba no seu obradoiro desde 1629.

Foi o pintor principal do arquiduque Alberte de Austria, gobernador dos Países Baixos, para quen realizou moitas das súas obras principais. Unha destas foi presentada ao rei de España Filipe III quen, xunto co seu sucesor Filipe IV, encargou a Snyders diversos lenzos, agora conservados en Madrid. Traballou tamén para o arquiduque Leopoldo Guillerme de Austria.

Carácter da súa obra editar

Inicialmente Snyders dedicouse á pintura de natureza morta, especialmente flores, plantas e froitas, peles de animais, peixes, mais moi logo pasou a representacións de animais vivos, sobre todo salvaxes, e escenas de caza. Foi un dos primeiros pintores que se especializou na representacións de animais en lenzos.

A súa composición é rica e variada, o seu pincel vigoroso, mesmo enérxico e extremadamente expresivo. Snyders foi un grande admirador da obra de Pieter Paul Rubens, que o contactou con frecuencia para executase nas súas teas flores, froitas e animais. Inversamente, as figuras humanas de cadros de Snyders poden estar realizadas por Rubens (nalgún caso por Van Dyck). Do mesmo xeito colaborou con outros moitos artistas flamengos como Jacob Jordaens e Thomas Willeboirts Bosschaert.

Galería editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar