Frankenchrist é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de hardcore punk Dead Kennedys, publicado en outubro de 1985 a través do selo Alternative Tentacles.[1]

Frankenchrist
Álbum de Dead Kennedys
Publicadooutubro de 1985
Gravaciónmaio - xullo de 1985
Estudio(s)Hyde St. Studios
Duración45:12
Xénero(s)hardcore punk, post-punk
Selo(s)Alternative Tentacles
Producido porJello Biafra
Cronoloxía
Plastic Surgery Disasters
(1982)
Frankenchrist Bedtime for Democracy
(1986)

O álbum é un exemplo da cara psicodélica e progresiva da personalidade musical dos Dead Kennedys. Tamén poden observarse as influencias das bandas sonoras de películas de spaghetti western e o traballo atmosférico de guitarra de East Bay Ray. Frankenchrist destaca pola súa relativa falta de material hardcore "tradicional". A meirande parte das cancións do disco son máis lentas e longas que o resto dos temas do grupo. "M.T.V. - Get off the Air" destaca pola súa aguda crítica á industria da música e "Stars and Stripes of Corruption" pola súa exexese das filosofías políticas do vocalista Jello Biafra.

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Dead Kennedys, agás onde se indique. 

N.º Título Duración
1. "Soup Is Good Food"   4:18
2. "Hellnation" (D.H. Peligro) 2:22
3. "This Could Be Anywhere (This Could Be Everywhere)"   5:24
4. "A Growing Boy Needs His Lunch"   5:50
5. "Chicken Farm"   5:06
6. "Jock-O-Rama (Invasion of the Beef Patrol)" (Jello Biafra) 4:06
7. "Goons of Hazzard" (Jello Biafra, East Bay Ray) 4:25
8. "M.T.V. - Get off the Air" (Jello Biafra) 3:37
9. "At My Job" (East Bay Ray) 3:41
10. "Stars and Stripes of Corruption"   6:23
45:12

Notas editar

  1. "Dead Kennedys - Frankenchrist". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-12-10.