Franconia Media

rexión administrativa do estado de Baviera, Alemaña

A Franconia Media (en alemán Mittelfranken) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o estado federado alemán de Baviera.[1]

Modelo:Xeografía políticaFranconia Media
Mittelfranken (de) Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 49°18′N 10°48′L / 49.3, 10.8Coordenadas: 49°18′N 10°48′L / 49.3, 10.8
EstadoAlemaña
Estado federadoBaviera Editar o valor em Wikidata
CapitalAnsbach Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.750.059 (2016) Editar o valor em Wikidata (241,53 hab./km²)
Xeografía
Superficie7.245,7 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude401 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoHesselberg bei Gerolfingen (689,4 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoThomas Bauer (en) Traducir (2008–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Código NUTSDE25 Editar o valor em Wikidata
Clave de rexión en Alemaña095 Editar o valor em Wikidata

Páxina webbezirk-mittelfranken.de Editar o valor em Wikidata
Facebook: BezirkMittelfranken Instagram: bezirk_mittelfranken Editar o valor em Wikidata

Está situada na parte noroeste de Baviera. Limita con Baden-Württemberg, Alta Baviera, Alta Franconia, Baixa Franconia, Suabia e o Alto Palatinado.

A súa capital administrativa é Ansbach, pero a cidade máis poboada é Núremberg.[2]

Escudo de armas editar

O escudo de armas da Franconia Media mostra:

División da Franconia bávara editar

O rei Lois I de Baviera dividiu a zona norte do deu reino, a Franconia bávara, en tres zonas: a Alta Franconia, a Franconia Media e a Baixa Franconia.[Cómpre referencia]

Divisións da Franconia Media editar

A Franconia Media subdivídese en cinco cidades-distrito (Kreisfreiestadt) e sete distritos (Landkreise):[6]

Cidades-distrito editar

  1. Ansbach
  2. Erlangen
  3. Fürth
  4. Núremberg
  5. Schwabach

Distritos editar

  1. Ansbach
  2. Erlangen-Höchstadt
  3. Fürth
  4. Neustadt an der Aisch-Bad Windsheim
  5. Nürnberger Land
  6. Roth
  7. Weißenburg-Gunzenhausen

Xeografía editar

Evolución da poboación editar

Ano Habitantes
1900 815 895
1910 930 868
1939 1 065 122
1950 1 273 030
1961 1 371 144
1970 1 486 389
1987 1 521 484
2002 1 703 869
2005 1 712 275
2006 1 712622
2008 1 714 453
2010 1 710876
2015 1 738 686
2019 1 775 169

Ríos editar

Lagos editar

Montañas editar

O Xura de Franconia (Fränkische Alb) é unha cordillera que se estende ao longo do oeste da Franconia Media. A montaña máis alta é o Hesselberg con 689 m no suroeste da cordilleira. Ademais o Moritzberg, cerca de Núremberg.

Historia editar

Despois da fundación do Reino de Baviera, o estado reorganizouse totalmente e, en 1808, dividiuse en 15 rexións gobernamentais administrativas (en alemán: Regierungsbezirke, singular Regierungsbezirk), en Baviera chamadas Kreise (singular: Kreis). Estas creáronse á maneira dos departamentos franceses, bastante uniformes en tamaño e poboación, e recibiron o nome dos seus principais ríos.

Nos anos seguientes, debido aos cambios territoriais (por exemplo, a perda do Tirol alemán e a adquisición do Palatinado renano), o número de Kreise reduciuse a 8. Un deles foi o Rezatkreis (distrito de Rezat). En 1837, o rei Lois I de Baviera cambiou o nome dos Kreise aos nomes territoriais históricos. Isto tamén implicou algúns cambios fronteirizos ou intercambios territoriais. Así, o nome do distrito de Rezatkreis cambiou a Franconia Media.

Economía editar

O oeste da Franconia Media é sobre todo rural. A industria concéntrase no leste da rexión e principalmente en Núremberg, Fürth, Erlangen e Schwabach. Segundo o PIB, a Franconia Media é unha das rexións máis ricas da Unión Europea, co índice de 137,2 (en 2004). (EU27: 100, Alemaña: 115,8).[7]

Principais industrias editar

  • Adidas
  • Apollo-Optik
  • Areva
  • AEG Hausgeräte
  • Bosch
  • Bruder Spielwaren
  • DATEV eG
  • Diehl Stiftung
  • dialo.de
  • Faber-Castell
  • Frankenpilger
  • Geobra Brandstätter GmbH & Co. KG (Playmobil)
  • GfK
  • HOB
  • Schaeffler Gruppe
  • KarstadtQuelle AG
  • KarstadtQuelle Versicherungen
  • Leoni AG
  • Loos International
  • MAN AG
  • Nestlé Schöller
  • Novartis
  • Nürnberger Versicherungsgruppe
  • Oechsler AG
  • Prinovis
  • PUMA
  • Schafft (Bifi)
  • Schanzenbräu
  • Schwan-Stabilo
  • Sielaff
  • Siemens AG
  • Simba-Dickie-BIG
  • Staedtler
  • Uvex
  • Wilisch & Sohn GmbH
  • Triumph-Adler

Transporte editar

Tráfico aéreo editar

Ferrocarril editar

Autoestradas editar

  • A3 (Fráncfort del Meno)–Wurzburgo–Núremberg−(Passau–Viena)
  • A6 (Heilbronn)–Ansbach–Núremberg–(Amberg–Waidhaus–Pilsen)
  • A7 (Hamburgo–Wurzburgo)–Rothenburg ob der Tauber–(Ulm–Füssen)
  • A9 (Berlín)–Núremberg–(Múnic)
  • A73 Núremberg–Fürth–Erlangen–(Bamberg–Coburg–Erfurt)

Vías fluviais editar

  • O canal Meno-Danubio atravesa Bamberg, Erlangen, Fürth, Núremberg até Kelheim e desemboca aí no Danubio. Forma parte da vía fluvial directa que vai desde o mar do Norte até o mar Negro.

Irmandamentos editar

A Franconia Media está hirmandada coa rexión francesa do Lemosín (departamentos de Alto Vienne, Corrèze e Creuse) e un cunha provincia (voivodato) polaca, Cuiavia-Pomerania (Województwo kujawsko-pomorskie).

Notas editar

  1. Berg-Schlosser, Dirk (1993). Political Culture in Germany. p. 102. ISBN 978-1-3492-2767-9. 
  2. "Allgerman.com - Middle Franconia (Mittelfranken)". allgerman.com. 2018-10-27. 
  3. Dinastía Hohenzollern
  4. Franconia
  5. File:Wappen Deutscher Bund.svg.
  6. Pressestelle, Regierung von Mittelfranken. "Regierung von Mittelfranken". www.regierung.mittelfranken.bayern.de (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2019. Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 
  7. "Regional GDP per capita ranged from 30% to 263% of the EU average in 2018" (PDF). Eurostat. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Georg Dehio (1999): Bayern I: Franken. 2. Aufl. Múnic: Deutscher Kunstverlag. ISBN 978-3-4220-3051-0.
  • Georg Stolz, Michael Jeiter1 (1989: Franken: Die Region 7. Múnic (= Ein DKV-Bildhandbuch). ISBN 3-4220-3012-3.
  • Ralf Nestmeyer ( 2007): Franken. Ein Reisehandbuch. Michael-Müller-Verlag, Erlangen, 4. Auflage, ISBN 978-3-8995-3278-4.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar