Franco francés †
Franc Français en francés
Código:FRF
Ámbito:Francia Francia
Mónaco
Andorra Andorra
Símbolo:₣, F e FF
Fracción:100 céntimos
Moedas:5, 10, 20 céntimos ½, 1, 2, 5, 10, 20 francos
Billetes:20, 50, 100, 200, 500 francos
Emisor:Banco de Francia
Taxa de troco:
fixa
1 EUR = 6,55957 FRF
Oficial até o 17-02-2002

O franco (representado polo símbolo ₣ ou máis común F) foi a antiga moeda da Francia. Entre 1369 e 1641, foi o nome que recibía unha livre tournois ou libra de Tours. Foi reintroducida (en formato decimal) en 1795 e foi a moeda nacional ata a introdución do euro en 1999, para propósitos estatísticos e en 2002, de maneira oficial.

Historia editar

Antes da Revolución Francesa editar

O franco foi introducido polo rei Xoán II de Francia no 1360. O seu nome vén da inscrición Johannes Dei Gratia Francorum Rex (Xoán pola graza de Deus Rei dos Francos) e o seu valor foi establecido como 1 libra de Tours. Os francos foron acuñados máis tarde baixo o reinado de Carlos V de Francia, Henrique III de Francia e Henrique IV de Francia.

Lois XIII de Francia deixou de producilos en 1641, substituíndoos polo escudo francés (écu) e mailo Louis d'or, malia con isto, o termo franco continuou en uso.

Revolución Francesa editar

O franco decimal foi establecido como moeda oficial pola Convención Revolucionaria Francesa no 1795 como a unidade decimal (1 franco = 10 décimos = 100 céntimos) ou 4.5g de prata fina. Isto foi lixeiramente inferior á libra francesa de 4.505g pero o franco quedou establecido en 1796 en 1.0125 libras.

 
Napoleón de 20 francos de 1803.

Imperio Francés e a Restauración editar

No 1803 o franc germinal (nomeado así polo mes Germinal do calendario republicano francés foi establecido, creando un franco de ouro que contiña 290.32 mg de ouro. Con isto a relación entre ouro e prata quedou establecida en 1:15. O sistema perdurou ata 1864, cando as moedas de prata excepto a de 5 francos pasaron de ter o 90% de prata ó 83% sen que cambiasen os pesos.

Unión Monetaria Latina editar

Francia foi un membro fundador da Unión Monetaria Latina (UML) no 1865. A moeda común foi baseada no franco xerminal, o nome de franco comezou a ser usado en Suíza e Bélxica, aínda que outros países mantiveron os seus propios nomes para a moeda. En 1873 a UML estableceu que 1 franco = 0,290322581 g de ouro.

Primeira guerra mundial editar

A primeira guerra mundial puxo en dúbida a forza do franco francés, debido aos gastos ocasionados pola propia guerra, a inflación e a reconstrución do país financiada en parte mediante a impresión dunha cantidade maior de diñeiro. Todo isto reduciu o poder de compra do franco nun 70% entre 1915 e 1920 e un 43% entre 1922 e 1926. Despois dunha breve volta ó estándar de ouro entre 1928 e 1936, a moeda seguiu perdendo valor, ata valer en 1959 menos dunha cuarta parte do que valía no 1936.

O novo franco editar

En xaneiro de 1960 o franco francés foi revaluado ós 100 francos xa existentes. As moedas dun e dous francos continuaron circulando coma céntimos, facendo 100 deles un nouveau franc (NF). A inflación continuou erosionando o valor da moeda respecto á doutros países. Cando o euro substituíu o franco no 1999, este tiña menos dun oitavo do valor orixinal de 1960. O seu uso finou en xaneiro de 2002 cando se introuciron as moedas e billetes de xeito oficial.

Circulación editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar