Franco Zeffirelli

Gianfranco Zeffirelli, nado en Florencia o 12 de febreiro de 1923 e finado en Roma o 15 de xuño de 2019,[1] foi un director e produtor de cinema e ópera italiano. Foi tamén senador (1994–2001) polo partido Forza Italia.

Franco Zeffirelli
Nome completoGianfranco Zeffirelli
Alcume/outrosFranco Zeffirelli
Nacemento12 de febreiro de 1923
LugarFlorencia, Italia
Falecemento15 de xuño de 2019 (96 anos)
LugarRoma, Italia
Causadoenza
SoterradoCimitero delle Porte Sante
NacionalidadeItalia Italia
RelixiónIgrexa católica
Educado enUniversidade de Florencia
ProfesiónDirector, político
Na rede
http://www.francozeffirelli.it
IMDB: nm0001874 Allocine: 799 Rottentomatoes: celebrity/franco_zeffirelli Allmovie: p117884 IBDB: 16572
Dialnet: 1636535 Musicbrainz: 3f66897d-f3e7-43d1-b48d-2e67f083ac43 Discogs: 883345 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Zeffirelli naceu nos arredores de Florencia, froito da relación entre a deseñadora de moda Alaide Garosi e o repartidor de la e seda Ottorino Corsi. Como ambos os dous estaban casados, Alaide non puido empregar nin o seu apelido nin o de Corsi para o seu fillo. Finalmente escolleu "Zeffiretti", que son as “pequenas brisas” mencionadas na ópera de Mozart Idomeneo, mais foi mal deletreado no rexistro e converteuse en Zeffirelli.[2] Cando tiña seis anos morreu a súa nai e foi criado por unha comunidade de ingleses expatriados e viuse envolto particularmente co grupo Scorpioni, que inspirou o filme semiautobiográfico Tea with Mussolini (1999).

Graduouse na Accademia di Belle Arti Firenze en 1941 e por consello do seu pai entrou na Universidade de Florencia para estudar arte e arquitectura.[3] Tralo inicio da segunda guerra mundial loitou como partisano antes de reunirse cos soldados británicos e converterse no seu intérprete. Trala guerra volveu á universidade para continuar os seus estudos, mais tras ver Henry V de Laurence Olivier en 1945 a súa atención pasou ao teatro.

Mentres traballaba como pintor de escena en Florencia, coñeceu e foi contratado por Luchino Visconti, que o converteu en axudante de director de La Terra trema, estreado en 1948. Os métodos de Visconti tiveron un fondo impacto no traballo posterior de Zeffirelli.[4] Traballou tamén con Vittorio De Sica e Roberto Rossellini. Na década de 1960 fíxose un nome deseñando e dirixindo as súas propias obras en Londres e Nova York e axiña traspasou as súas ideas ao cinema.

O seu primeiro filme foi A muller indomable (1967), orixinariamente pensado para Sophia Loren e Marcello Mastroianni mais finalmente protagonizado polas estrelas de Hollywood Elizabeth Taylor e Richard Burton, que axudaron á produción e recibiron unha porcentaxe dos beneficios en lugar do seu salario normal. Mentres montaba o filme, Florencia sufriu unha gravísima inundación. Un mes máis tarde Zeffirelli estreou a curtametraxe Florence: Days of Destruction, para acadar fondos para recuperarse do desastre.[5]

O grande éxito de Zeffirelli chegou o ano seguinte cando presentou dous adolescentes como protagonistas de Romeo and Juliet (1968). O filme volveuse moi popular e ningún traballo posterior tivo o mesmo impacto.

Tralas dúas adaptacións de Shakespeare pasou ao cinema de temas relixiosos con Brother Sun, Sister Moon (1972), sobre a vida de Francisco de Asís e a miniserie Jesus of Nazareth (1977), que supuxo un éxito e foi emitida frecuentemente na televisión nos anos posteriores.

Despois de dous filmes contemporáneos, na década de 1980 dirixiu adaptacións de óperas á pantalla, con estrelas como Plácido Domingo, Teresa Stratas, Juan Pons e Katia Ricciarelli. Volveu a Shakespeare con Hamlet (1990), co entón heroe de acción Mel Gibson como protagonista.

Desde a década de 1950 Zeffirelli dirixiu óperas en Europa e nos Estados Unidos.

En 1996 fixo pública a súa homosexualidade, mais preferiu ser discreto sobre a súa vida privada.[6]

Filmografía seleccionada editar

Notas editar

  1. Redazione (15 de xuño de 2019). "Lutto nel mondo del cinema: morto Franco Zeffirelli". Notizie Oggi 24 (en italiano). Consultado o 15 de xuño de 2019. 
  2. http://biography.yourdictionary.com/franco-zeffirelli
  3. Donadio, Rachel (18 de agosto de 2009). "Maestro Still Runs the Show, Grandly". The New York Times. Consultado o 18 de agosto de 2009. 
  4. "Franco Zeffirelli Biography". Yahoo! Movies. Consultado o 18 de agosto de 2009. 
  5. "Burton Hosts Flood Special on Channel 33". Gettysburg Times. 31 de decembro de 1966. Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  6. McMahon, Barbara (21 de novembro de 2006). "Zeffirelli tells all about priest's sexual assault". The Guardian. 
  7. 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 7,11 7,12 7,13 7,14 7,15 7,16 7,17 7,18 7,19 7,20 7,21 "Franco Zeffirelli Filmography". Allmovie. Consultado o 2009-08-18. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar