Francisco de Orellana

explorador español

Francisco de Orellana,[1] nado en Trujillo, Estremadura en 1511, e finado no río Amazonas en novembro de 1546, foi un explorador, conquistador e adiantado español na época da colonización española de América. Participou na conquista do Imperio Inca e, no posterior, foi nomeado gobernador en diversas poboacións. Consideróuselle como un dos conquistadores máis ricos da súa época.

Infotaula de personaFrancisco de Orellana

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1511 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Trujillo (Coroa de Castela) Editar o valor em Wikidata
Morte1546 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Delta do Amazonas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoConquistadores casteláns e exploración Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Amazonas Editar o valor em Wikidata
OcupaciónConquistadores casteláns , militar , soldado Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCarlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata

WikiTree: De_Orellana-5

En 1535, participou na pacificación e fundación de Portoviejo onde desempeñou os cargos de rexedor, alcalde ordinario ademais de tenente de gobernador e un dos primeiros veciños. En 1537, fundou a cidade de Guayaquil, que fora destruída polos indíxenas nativos en varias ocasións e recolocada por diferentes colonizadores españois. O ano seguinte recibiu o título de tenente de gobernador de Guayaquil. Despois de rematar a reconstrución da cidade partiu cara a Quito e, xunto a Gonzalo Pizarro, organizou unha expedición que remataría co descubrimento do río Amazonas.

Tras sobrevivir á travesía da viaxe pola Amazonia, partiu de regreso a España onde foi acusado de traizón por cargos presentados por Pizarro. Tras ser absolto, organizou outra expedición, pero non contou co capital nin coa aprobación necesarias. Por esta razón, dedicouse á pirataría e dirixiuse novamente ó Amazonas, onde xunto á maior parte da súa tripulación faleceron sen localización específica ó longo do río.

Notas editar

  1. "Francisco de Orellana". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar