Francisco Rodrigues Lobo

escritor portugués

Francisco Rodrigues Lobo (Leiría, entre xullo e decembro de 1580Lisboa, 4 de novembro de 1622) foi un poeta portugués. Foi un Autor rexionalista como poucos, presentaba o cognome de "cantante do Lis", e foi considerado o iniciador do Barroco na literatura portuguesa.[1]

Infotaula de personaFrancisco Rodrigues Lobo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1581 Editar o valor em Wikidata
Leiria, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte4 de novembro de 1622 Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Afogamento Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Coímbra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBelas letras, poesía e Prosa Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Naceu en Leiría no seo dunha familia de cristiáns-novos, cidade onde a presenza xudaica remonta a inicios do século XIII.[2]

Estudou na Universidade de Coímbra, onde se formou en Canónino. Foi precisamente na cidade do Mondego onde iniciou a súa actividade literaria, compondo o Romanceiro, tiña pouco máis de 16 anos.

Afírmase que se trataba coa nobreza, entre os cales estaba Teodósio II, Duque de Bragança e Duarte de Bragança, señor de Vila do Conde, e que este último lle daba aloxamento. Descoñécese se tería exercido cargos públicos.

Na súa escrita enténdese unha correcta influencia da lírica de Luís de Camões, noprincipalmente nos temas do bucolismo e do desencanto.

Franscisco afogou no Río Texo durante unha viaxe entre Lisboa e Santarém e acabou morrendo en novembro de 1622.

Obra editar

 
"O Pastor Peregrino" (Pedro Anxos Teixeira, 1957). Instalada no Xardín Luís de Camões en Leiría en 1959, é unha alusión ao poeta Leiriense Rodrigues Lobo.

Viviu durante a Dinastía Filipina, o que explica as numerosas obras escritas en lingua castelá, escribindo raramente en lingua portuguesa. Foi autor, entre outras, das obras:

  • Primavera (1601), título xeral das tres novelas pastorís: Primavera, Pastor Pereyrino e Desenganado.
  • O Pastor Peregrino (1608).
  • Condestabre (1609).
  • A Corte na Aldeia (1619).

Desas, Corte na Aldea é considerada como o primeiro sinal literario do Barroco en Portugal e unha contribución importante no que se refire ao desenvolvemento do Barroco na Península Ibérica. A obra está dedicada ao descendente da Coroa Portuguesa, ou sexa D. Duarte, irmán do Duque de Bragança e marqués de Frechilha e de Malagam. Na dedicatória da obra, Rodrigues Lobo convida D. Duarte de Bragança a preservar e ter orgullo da "língua e da nação Portuguesa" que, no pasado, coñeceu momentos moi máis gloriosos. "Corte na Aldea" está composta por dezaseis diálogos didácticos que describen a vida cortesá da época, reflexionando a frustración da nobreza portuguesa pola desaparición da corte nacional, so a dominación filipina.[3]

Homenaxes editar

O seu nome foi atribuído á Escola Secundaria de Francisco Rodrigues Lobo, e á Praza Rodrigues Lobo, en Leiría. É tamén nome de rúa en Lisboa, freguesía de Campolide.

Notas editar

  1. "Roteiro dos Escritores recorda Francisco Rodrigues Lobo". www.cm-leiria.pt (en portugués). Consultado o 2020-03-21. 
  2. "Rede de Judarias de Portugal. Leiria" (en portugués). Consultado o 2020-03-21. 
  3. Real, Miguel. "A Corte na Aldeia" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • 1º Volume da obra "Côrte na aldea e noites de inverno ((eBook))

Bibliografía editar

  • "Corte na Aldeia. Consideraçoes sobre Frei Heitor Pinto e Francisco Rodrigues Lobo" (2000). En 1.er Encuentro Internacional de lusitanistas españoles: ISBN 84-7723-430-2. Vol 1, Páxs. 291-302.