Francisco Rodríguez Araya

futbolista suizo

Francisco José Rodríguez Araya, nado en Zürich o 8 de febreiro de 1995, é un futbolista suízo de orixes galega e chilena. Xoga de centrocampista no FC Schaffhausen.

Francisco Rodríguez
Información persoal
Nome Francisco José Rodríguez Araya
Nacemento 14 de setembro de 1995
Lugar de nacemento Zürich
Altura 1,76 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual FC Schaffhausen
Número 44
Carreira xuvenil
–2011 Schwamendingen
2011–2012 Winterthur
2012–2014 Zürich
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2014–2015 Zürich 28 (2)
2015–2017 VfL Wolfsburg II 11 (4)
2015–2017 VfL Wolfsburg 1 (0)
2016Arminia Bielefeld (cedido) 9 (0)
2016–2017FC Luzern (cedido) 25 (6)
2017–2019 FC Luzern 33 (5)
2019–2020 Lugano 10 (1)
2020– FC Schaffhausen 31 (4)
Selección nacional
2013–2014 Suíza sub-19 7 (0)
2014–2016 Suíza sub-20 3 (0)
2014–2016 Suíza sub-21 8 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 19 de maio de 2021.
editar datos en Wikidata ]

É o irmán máis novo do internacional Ricardo Rodríguez e do extremo Roberto Rodríguez.

Traxectoria editar

Orixes editar

Naceu en Zürich, sendo fillo de José Manuel Rodríguez, un emigrante galego de Crecente, e de Marcela, unha chilena de Viña del Mar.[1][2]

FC Zürich editar

Criouse futbolisticamente na canteira do FC Zürich, debutando co primeiro equipo na Superliga suíza o 20 de xullo de 2014 no derbi contra o Grasshopper, gañando por 1-0.[3] En agosto debutou en competición europea, xogando contra o Spartak Trnava na previa da Europa League 2014/15. Xa na fase de grupos xogou cinco dos seis encontros do seu equipo, contra Borussia Mönchengladbach, Villarreal e Apollon Limassol, sen poder clasificarse para a seguinte rolda.

VfL Wolfsburg editar

Despois dun ano no primeiro equipo do Zürich, mudouse a Alemaña no verán de 2015, para xogar xunto a seu irmán Ricardo no VfL Wolfsburg, onde asinou un contrato de tres anos. Alí xogou no equipo filial e debutou co primeiro equipo na Bundesliga na xornada 17 fronte ao VfB Stuttgart.[4] Foi ademais convocado para un encontro da Liga de Campións, pero non chegou a saír do banco.

En xaneiro saíu cedido ao Arminia Bielefeld e xogou na segunda división alemá ata o final de tempada.[5] Ao remate desta o Wolfsburg volveuno ceder, esta vez ao FC Luzern, da Super Liga suíza.[6]

FC Luzern editar

En xuño de 2017, despois dunha tempada cedido no Luzern, foi traspasado ao club branquiazul, xogando neste ata a tempada 2018/19.

FC Lugano editar

En xuño de 2019 fichou xunto a Olivier Custodio polo FC Lugano, tamén da Super Liga.[7] Con este club volveu disputar a Europa League, xogando contra Malmö na fase de grupos.

FC Schaffhausen editar

En maio de 2020 incorporouse ao FC Schaffhausen, da Challenge League (segunda división suíza), xunto ao seu irmán Roberto.[8][9]

Selección nacional editar

Foi internacional coa selección suíza sub-19 en 2013, e despois foino coas sub-20 e sub-21. En agosto de 2014, o adestrador Jorge Sampaoli convocouno para xogar coa selección chilena dous amigables contra México e Haití, pero rexeitou a invitación.[10] Volveu ser convocado en agosto de 2015 para un partido contra Paraguai, aceptando inicialmente,[11] pero retractándose uns días despois, para continuar na selección sub-21 de Suíza.[12]

Notas editar

  1. Gómez, Pablo (23 de novembro de 2009). "«Es un orgullo para Suiza que seamos hijos de emigrantes»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2021. 
  2. Bernardo, J. (8 de abril de 2016). "Sangre gallega para batir a Navas". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2021. 
  3. "Zürich vs. Grasshopper 1 - 0". soccerway.com (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2021. 
  4. "Stuttgart vs. Wolfsburg 3 - 1". soccerway.com (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2021. 
  5. "Arminia leiht Wolfsburgs Rodriguez aus" (en alemán). 22 de xaneiro de 2016. Consultado o 19 de maio de 2021. 
  6. "FCL: Jantscher geht in die Türkei, Rodriguez kommt leihweise". luzernerzeitung.ch (en alemán). 31 de agosto de 2016. Consultado o 19 de maio de 2021. 
  7. "Olivier Custodio und Francisco Rodriguez wechseln ins Tessin, Salah Aziz Binous in die Innerschweiz." (en alemán). 18 de xuño de 2019. Consultado o 19 de maio de 2021. 
  8. "Rodriguez-Brüder verstärken den FC Schaffhausen" (en alemán). 9 de setembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2021. Consultado o 18 de maio de 2021. 
  9. "FC Schaffhausen holt gleich zwei Rodriguez-Brüder" (en alemán). 9 de setembro de 2020. Consultado o 18 de maio de 2021. 
  10. "Francisco Rodríguez declina convocatoria de Chile y seguirá jugando con Suiza". Mundo Deportivo (en castelán). 21 de agosto de 2014. Consultado o 19 de maio de 2021. 
  11. "Francisco Rodriguez soll für Chile spielen" (en alemán). 16 de agosto de 2015. Consultado o 19 de maio de 2021. 
  12. "Francisco Rodriguez überraschend aufgeboten" (en alemán). 24 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2021. Consultado o 19 de maio de 2021. 

 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar