Francisco Otero González

pasteleiro anarquista galego

Francisco Otero González, nado en Lindín (Mondoñedo)[1] en 1860 e finado en Madrid o 14 de abril de 1880, foi un pasteleiro galego, autor dun atentado frustrado contra os reis Afonso XII e María Cristina de Habsburgo-Lorena[2].

Francisco Otero González
Nacemento1860
Lugar de nacementoLindín
Falecemento14 de abril de 1880
Lugar de falecementoMadrid
Causagarrote
SoterradoCementerio de San Martín, Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpasteleiro
editar datos en Wikidata ]

Atentado editar

Véxase tamén: Atentados contra Afonso XII.

O 30 de decembro de 1879 ás cinco da tarde, os reis cruzaban a praza de Oriente nun faetón guiado polo rei, precedidos polo correo e coa única compañía do cocheiro, sentado na parte traseira, e dun lacaio. No momento no que o coche entraba no Palacio Real pola porta do Príncipe, Otero, que estivera agardando a súa chegada xunto ás cabaleirizas, fixo dous disparos a curta distancia cunha pistola Lefaucheux de dous canóns cargada con balas de doce adarmes, errando os dous tiros.[3]

Detido inmediatamente, foi acusado de intento de rexicidio; o tribunal, desestimando a atenuante de alienación mental, condenouno a morte. O rei solicitou o seu indulto, mais o consello de ministros presidido por Antonio Cánovas del Castillo denegouno. En abril do seguinte ano Otero foi executado por garrote e os seus restos enterrados no cemiterio de San Martín.[4]

Notas editar

  1. AgroEnlace. Colección de fotos de Riotorto (Lugo) informa da confusión con Guntín.
  2. Manuel Rey (12 de abril de 2020). "O pasteleiro de Mondoñedo que intentou matar a Alfonso XII". GCiencia. 
  3. El Siglo Futuro, 31 de decembro de 1879, recolle as edicións dos principais xornais madrileños da época.
  4. La Correspondencia de España, 15 de abril de 1880, pág. 3.