Francisco Méndez Aspe

economista e político galego

Francisco Méndez Aspe, nado no Torrón (Pombeiro, Pantón) en 1892 e finado en Cidade de México en 1958, foi un economista e político galego, membro de Izquierda Republicana, ministro de Facenda e Economía da República Española durante o segundo goberno de Juan Negrín.

Infotaula de personaFrancisco Méndez Aspe
Biografía
Nacemento1892 Editar o valor em Wikidata
Pantón, España Editar o valor em Wikidata
Morte1958 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Minister of the Treasury of Spain (en) Traducir
1938 – 1945
Gabinete ministerial: Juan Negrín
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
México Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , político Editar o valor em Wikidata
Período de actividade - 1945 Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Inicios editar

Licenciado en Dereito. Ingresou como funcionario no Corpo Pericial do Estado e foi inspector do Timbre. Ocupou diversos postos na administración do Estado dentro do Ministerio de Facenda durante a Segunda República. En 1932 era xefe de administración do Corpo Pericial de Contabilidade do Estado, e foi nomeado ese ano delegado da Intervención Xeral da Administración do Estado no Consello para a explotación do patrimonio da República.[1] Militante de Izquierda Republicana, logo das eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado director xeral do Timbre, Mistos e Explosivos e representante do Estado na Compañía Arrendataria de Tabacos.[2] Coa chegada ao ministerio de Facenda de Enrique Ramos Ramos no primeiro goberno de Santiago Casares Quiroga, foi nomeado subsecretario de Facenda (19 de maio de 1936),[3] cargo que continuou ocupando no goberno José Giral con Ramos de ministro, xa comezada a Guerra Civil. O 16 de xuño foi nomeado tamén conselleiro da CAMPSA.[4] Coa chegada ao ministerio de Juan Negrín no primeiro goberno de Francisco Largo Caballero, foi nomeado director xeral do Tesouro e Seguros (16 de setembro de 1936),[5] para volver á subsecretaría do ministerio de Facenda en maio de 1937, logo da chegada de Negrín á presidencia do Consello de Ministros despois das xornadas de maio de 1937.

A Guerra Civil e o Ouro de Moscova editar

Véxase tamén: Ouro de Moscova.

Dende o comezo da Guerra Civil estivo involucrado nas operacións de venda das reservas de ouro do Banco de España (BdE) para mercar armas e municións para a defensa da República. En xullo de 1936 acompañou ao ministro de Facenda, Enrique Ramos, a París, para facer as xestións necesarias para a venda da primeira partida de ouro.[6] Logo da chegada de Negrín ao ministerio de Facenda, e xunto a Jerónimo Bugeda, subsecretario de Facenda, encargouse de redactar os decretos que Negrín presentou ao presidente da República, Manuel Azaña, permitindo ao goberno, en tempo de guerra, apropiarse de bens privados e controlar a banca privada.[7] Como director xeral do Tesouro, estableceu, xunto co propio Negrín e Amaro del Rosal, o plan para o traslado das reservas restantes desde a sede do Banco de España en Madrid a Cartagena en setembro de 1936 (o que sería coñecido como "Ouro de Moscú"),[8] dirixindo a operación de traslado e o seu embarque cara a Unión Soviética.[9]

Ademais, en aplicación dos decretos de 3 e 10 de outubro de 1936 (que esixían a entrega do ouro, divisas e valores estranxeiros "a toda persoa, individual ou colectiva", nun prazo de sete días),[10] encargouse da incautación dunha cantidade indeterminada de bens privados depositados en caixas de seguridade no BdE o 6 de novembro de 1936,[11] antes da fuxida do goberno de Madrid a Valencia, e do seu traslado a Valencia. O contido das caixas de seguridade quedou en mans da Caixa Xeral de Reparacións e non foi trasladado a Valencia até principios de decembro.[12]

Ministro de Facenda editar

Foi nomeado ministro de Facenda o 5 de abril de 1938,[13] cando a dimisión de Indalecio Prieto forzou unha crise de goberno, obrigando a Negrín a facerse cargo ademais da carteira de Defensa. Amigo e home da máxima confianza de Negrín, foi considerado como un verdadeiro home de palla, "ni más ni menos que un devoto secretario de despacho del doctor Negrín".[14] En efecto, aínda que ocupou a carteira de Facenda, foi Negrín quen realmente seguiu levando a dirección do departamento,[15]

En maio de 1938, Méndez Aspe creou unha comisión especial de Facenda na embaixada de España en París, presidida polo embaixador, Marcelino Pascua. En febreiro de 1939, os recursos achegados pola comisión (empresas creadas para o subministración a República, bens incautados pola Caixa Xeral de Reparacións, partidas adquiridas anteriormente, recursos da Comisión de Compras de Armamento, e outros de diversa procedencia) comezaron a venderse e a transferirse a persoas de confianza de Negrín, ante o temor de que o recoñecemento do goberno franquista por parte de Francia permitise ao goberno de Burgos controlalos.[16][17]

O efectivo foi transferido a contas particulares a nome de homes de confianza de Negrín: 3.882 millóns de pesetas, incluíndo unha partida de 480 millóns para el mesmo.[18] A súa amante, Pilar Lubián, foi "administradora extraordinaria de grandes recursos de la República", segundo testemuña de Indalecio Prieto.[19] Segundo o propio Méndez Aspe, o seu propósito era constituír un fondo de reserva para "facer fronte ao porvir e gastos emigración".[20] Abdón Mateos reduce eses 3.900 millóns de pesetas a oito millóns de dólares da época.[21] Posto que o tipo de cambio en 1939 era de 9,4 pesetas por dólar, a equivalencia real sería de 412 millóns de dólares.

Os bens non realizables (taxados por Negrín nuns 40 millóns de dólares da época, pero que outros elevaban a 300 millóns) foron embarcados no Vita o mesmo día do recoñecemento de Franco por parte do Reino Unido e Francia. Foi de Méndez Aspe a idea de trasladalos a México. A súa venda durante a Guerra Mundial deu entre oito e dez millóns de dólares.[22] Negrín tivo menos de dez millóns de dólares para as necesidades dos refuxiados en Francia, enviar subministracións á zona Centro en febreiro e marzo e contratar buques para a evacuación. Segundo o propio Negrín, o seu propósito respecto ao Vita era reservalo para a restauración das futuras institucións republicanas ("desexamos que non se toquen e que queden reservados para cando volvamos a España").[23]

Méndez Aspe foi o responsable de convencer a Negrín de que seguise actuando como cabeza do goberno republicano, descoñecendo a resolución da Deputación Permanente das Cortes (6 de marzo), para desta forma, recuperar fondos para a axuda aos refuxiados e as futuras institucións españolas.[24]

O exilio editar

Despois da fin da Guerra, Negrín creou o Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles co fin de auxiliar aos refuxiados e fretar buques con rumbo a América. Méndez Aspe foi o home forte dentro do SERE, controlando por completo "as "finanzas" do exilio"[25] saltando a autoridade do seu presidente, Pablo de Azcárate -que xa presentara por primeira vez a súa dimisión ao constituírse a JARE-, e o seu director, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, que acabaron presentando a súa dimisión en outubro de 1939, tralo que o posto de presidente foi suprimido.[26] No caso de Osorio-Tafall a súa dimisión tivo tamén dimensión política polas diferenzas con Negrín, pois no volveu participar en actividades políticas.[27] Méndez Aspe encargouse da reorganización do servizo.[28]

Como parte das actividades emprendidas polo SERE, en maio de 1939, Méndez Aspe e Negrín estaban en México para recibir ao primeiro embarque colectivo financiado polo SERE e esclarecer o estado dos bens existentes naquel país.[29] Entre setembro e outubro, tanto Azcarate como Aspe foron confinados polas autoridades francesas (Aspe en Lot e Garona), proba da belixerancia do ministerio de Xustiza francés contra o SERE,[30] debido ás presións franquistas e ao afán anticomunista do goberno francés en guerra. Por iso, impúxose a opción de liquidación do SERE en Francia. A policía francesa interveu as oficinas do SERE e os domicilios particulares dos seus directivos. Méndez Aspe aínda foi citado pola policía francesa en maio.[31] Pilar Lubián, secretaria e amante de Méndez Aspe, seguiu, xunto con Mariano Ansó, as operacións do SERE en Marsella trala capitulación francesa en xuño de 1940.[32] A petición das autoridades españolas, sufriu persecución e estivo a piques de ser extraditada,[33] sendo finalmente detida en Marsella polos alemáns e deportada ao campo de concentración de Ravensbrück en 1944.[34][35]

Pouco antes do armisticio, o 8 de xuño, Aspe fuxiu de Francia ao Reino Unido, desde o porto de Bordeos, en compañía de Negrín e outros membros do seu círculo, así como doutros dirixentes republicanos axudados por Negrín, como Casares Quiroga.[36] No Reino Unido, Méndez Aspe participou nas actividades do Hogar Español, un centro de actividades do exilio español en Londres creado e financiado por Negrín,[37] en cuxo boletín, Españoles publicou algúns artigos.[38] Permaneceu vinculado ao Hogar Español até 1942, cando os negrinistas o abandonaron, ao caer baixo o control dos comunistas españois.[39] Foi tamén un dos promotores, xunto con Casares Quiroga, da Coalición Republicana Española,[40] unha organización do exilio creada no Reino Unido en 1942 que defendía a República Española e as súas institucións,[41] sen abandonar a súa colaboración con Negrín.[42]

Cesou como ministro de Facenda na reunión das Cortes republicanas en México nas que Negrín presentou a súa renuncia como presidente do Consello.[42] En novembro de 1945, o goberno Giral reclamou do SERE e da JARE a rendición de contas acerca da xestión e o financiamento do exilio logo da fin da guerra civil. Negrín negouse, aducindo que se trataba dun procedemento irregular (en todo caso tería que render contas ao Parlamento e non ao goberno) e de que no podería facelo até que se coñecesen con exactitude os fondos retraídos ao seu control pola Deputación Permanente e pola JARE.[43] Méndez Aspe tamén se negou a dar conta da súa xestión e informar ao novo goberno no exilio da localización e destino ds bens incautados sen permiso de Negrín.[44] O seu desempeño á fronte do ministerio de Facenda foi cualificado, como o de Negrín, como "opaco".[45]

Logo da súa estadía no Reino Unido pasou a Hispanoamérica.[42]

Vida persoal editar

Casou con Bernardina Domínguez Gómez e foi pai de Carlos Méndez Domínguez (nado en Madrid en 1926), un distinguido farmacólogo, que desenvolveu a súa carreira no exilio mexicano.[46]

Notas editar

  1. La Vanguardia, 1 de abril de 1932
  2. La Vanguardia, 28 de febrero de 1936
  3. La Vanguardia, 19 de maio de 1936
  4. La Vanguardia, 16 de xuño de 1936
  5. La Vanguardia, 16 de setembro de 1936
  6. Viñas 2006, pp. 116.
  7. Jackson 2008, pp. 69-70.
  8. Viñas 2006, pp. 242.
  9. Viñas 2006, pp. 244.
  10. Olaya Morales (2004a: 312-313)
  11. Olaya Morales (2004a: 289).
  12. Olaya Morales (2004a: 323)
  13. "Ayer quedó constituído un Gobierno de unidad nacional" (pdf). La Vanguardia. 6 de abril de 1938. p. 1. 
  14. Rojas (1977: 232).
  15. Graham 2002, pp. 338.
  16. Mateos 2009, pp. 44.
  17. (Monferrer 2007, pp. 260)
  18. Olaya Morales (2004a: 328-35; 2004b: 57-61).
  19. Olaya Morales (2004b: 219)
  20. Mateos 2009, pp. 49. Carta de Méndez Aspe a Negrín, 4 del 3 de 1939.
  21. Mateos 2009, pp. 49-50.
  22. Mateos 2009, pp. 51.
  23. (Mateos 2009, pp. 51) citando el acta de la comisión ejecutiva del PSOE, 19 de julio de 1939.
  24. Mateos 2009, pp. 130.
  25. Mateos 2009, pp. 68.
  26. Mateos 2009, pp. 68-69.
  27. Mateos 2009, pp. 69-70.
  28. Mateos 2009, pp. 80.
  29. Mateos 2009, pp. 77.
  30. Mateos 2009, pp. 82.
  31. Mateos 2009, pp. 85.
  32. Mateos 2009, pp. 104-105.
  33. Mateos 2009, pp. 173.
  34. Santana, Txema (15 de setembro de 2016). "Mapas de guerra sobre el río Ebro". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  35. Transport parti de Paris le 13 mai 1944 (I.212.). Foundation pour le memoire de la deportation.
  36. Monferrer 2007, pp. 61-62.
  37. Monferrer 2007, pp. 121, 198.
  38. Monferrer 2007, pp. 204.
  39. Alted 2005, pp. 262.
  40. Monferrer 2007, pp. 198, 204.
  41. Monferrer 2007, pp. 259.
  42. 42,0 42,1 42,2 (Monferrer 2007, pp. 204)
  43. Mateos 2009, pp. 269.
  44. Olaya Morales (2004b: 182-6)
  45. Mateos 2007, pp. 4.
  46. Giral 1994, pp. 236.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar