Francisco Jiménez Tejada

futbolista español

Francisco Jiménez Tejada, coñecido como Xisco, nado en Palma de Mallorca o 26 de xuño de 1986, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Alcorcón, da Segunda División.

Xisco
Xisco en 2017
Información persoal
Nome Francisco Jiménez Tejada
Nacemento 26 de xuño de 1986 (37 anos)
Lugar de nacemento Palma
Altura 1,88 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Alcorcón
Número 18
Carreira xuvenil
?–2003 Atlético Baleares
2003–2004 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2006 Fabril 53 (39)
2004–2008 Deportivo da Coruña 36 (10)
2006–2007Vecindario (cedido) 27 (13)
2008–2013 Newcastle United 9 (1)
2009–2010Racing de Santander (cedido) 23 (3)
2011Deportivo da Coruña (cedido) 9 (2)
2011–2012Deportivo da Coruña (cedido) 16 (3)
2013–2016 Córdoba 95 (30)
2015Mallorca (cedido) 16 (9)
2016–2017 Muangthong United 13 (9)
2017–2019 Osasuna 62 (13)
2019–2020 Peñarol 23 (6)
2021– Alcorcón 29 (8)
Selección nacional
2007–2009 España sub-21 11 (3)
Na rede
UEFA: 100031 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 8 de xaneiro de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formado nas categorías inferiores do CD Atlético Baleares e desde 2003 xogador do Deportivo B, debutou en Primeira División co primeiro equipo do Deportivo o 26 de abril de 2005, tras ser chamado desde o filial para disputar un partido de liga fronte á Real Sociedad. O seu primeiro e segundo gol chegaron nesa mesma campaña, o 15 de maio, tras anotar os dous goles d seu equipo fronte ao Real Madrid CF. Na tempada 2006–07, o xogador foi cedido a UD Vecindario, daquela en Segunda División. Anotou 13 tantos en 27 partidos e volve na tempada seguinte ao Dépor. Naquela campaña, Xisco converteuse no máximo goleador do equipo coruñés con 9 tantos. Porén isto non lle garantiza a continuidade para a tempada 2008–09 e o presidente Augusto César Lendoiro contrata dous dianteiros máis, Omar Bravo e Mista.

Sorprendentemente, o 1 de setembro de 2008 e a escasas horas para a finalización do peche do mercado de contratacións, o Newcastle United anuncia a contratación do xove dianteiro por algo máis de 8 millóns de euros e tres en función de variables.[1] O propio Xisco asegurou que Fabricio Coloccini, anteriormente contratado tamén polo Newcastle procedente do Deportivo, animoulle para pechar a contratación, onde tamén coincidiu con outro español, o cal é compañeiro seu na selección española, José Enrique.

O 31 de agosto de 2009 fíxose pública a cesión de Xisco ao Racing de Santander, co que debutou o 12 de setembro contra o Atlético de Madrid no estadio Vicente Calderón do cal só xogou 8 minutos, xa que tivo que ser substituído por unha lesión. Ao rematar a cesión retornou ao Newcastle United.

O 29 de xaneiro de 2011 anunciábase o seu retorno ao Deportivo da Coruña o que restaba de campaña.[2] O 11 de agosto anunciouse que o xogador seguiría un ano máis cedido na disciplina deportivista.[3] O 27 de maio de 2012, Xisco foi decisivo ao marcar, tres minutos despois do seu ingreso no terreo de xogo, o gol da vitoria fronte ao SD Huesca (2–1) que supuxo o retorno do Deportivo a Primeira División.[4]

O 31 de xaneiro de 2013 anunciouse que rescindiu o seu contrato co Newcastle United e que fichou até o final da tempada 2012–13 polo Córdoba CF.[5]

Palmarés editar

Deportivo

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar