Francisco Javier Vázquez Varela

avogado e político galego

Francisco Javier Vázquez Varela, nado en Vigo o 8 de xuño de 1754 e finado en 1818, foi un avogado e político galego, alcalde de Vigo durante a Guerra da Independencia española.[1]

Infotaula de personaFrancisco Javier Vázquez Varela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xuño de 1754 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1818 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Alcalde de Vigo
Alcalde de Casa y Corte (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeManuela Fontenla

Traxectoria editar

Destituída a corporación anterior por sospeitarse do seu afrancesamento, foi elixido o 25 de xaneiro de 1809 por aclamación popular, pouco antes da chegada do exército napoleónico, a quen entregou a vila.

Durante os dous meses de ocupación fixo un traballo de desgaste contra o gobernador francés Jacques Antoine Chalot, mentres ía enviando apoios á resistencia do cerco de fora das murallas.[2]

Logo da reconquista deuse orde de arresto contra el por colaboracionista cos franceses, porén foi exonerado e seguiu a carreira de xurisprudencia como Oidor da Audiencia de Galicia (máximo tribunal rexio de Galicia con sede na Coruña), Alcalde da Casa e Corte de Madrid e Conselleiro do Real Supremo Tribunal de Facenda en 1816, chegando a amasar unha gran fortuna.

Recoñecementos editar

 
Placa da rúa adicada en Vigo.

O concello adicoulle o nome dunha rúa o 27 de marzo de 1909, a petición de Ricardo Senra Fernández.[3]

Notas editar

  1. "El alcalde de la ocupación francesa..." Faro de Vigo (en castelán).
  2. "ReconquistadeVigo.com". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 06 de marzo de 2016. 
  3. Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 169. ISBN 84-87379-47-8. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
José Antonio Alonso Cayro
  
Alcalde de Vigo
 
1809
Sucesor:
?